jueves, 2 de agosto de 2007

Mini Vacacions

Ainda que creo que pasou bastante desapercivido, hai un comentario dentro de unha entrada anterior do Blog, que me molou bastante. O comentario era este:

Xa que tod@s somos unha piña, propoñovos unha idea para as vacacións :
¿Por qué non imos tod@s algún lugar en común? Tipo acampada ou algo parecido. Sería unha boa idea para quedar tod@s xunt@s e seguir a coñecernos e comentar os pros e contras deste proxecto, como o pasamos canutas e de paso facemos festa para nos sos/soas.
¿Qué opinades? Algunha suxerencia?

Non sei que vos pode parecer o resto pero a min dende logo esta idea non me disgusta.
Se tendes algunha idea de a onde poder ir, podemos usar este Blog e o correo electronico para quedar.

Dende logo o de facer festa para nos solos e o que mais me agrada, ademais de poder coñecer a mais peña que estea metida en esto.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

alguen sabe o que vai pasar con nos en outubro???

Dinamizador X dijo...

Pois eso depende da tua entidade. Se che queren para un ano mais teras que esperar a que rematen o papeleo para collerte. E se non te queren pois a buscarse a vida toca.

Anónimo dijo...

Eu penso que nos colleran na maiorái dos sitios, sobre todo os que estan en Concellos, non teran moito problema!!
Sorte para todos/as
Saudos!!!

Anónimo dijo...

Pois eu son de un Concello e non me van coller. Á marxe queda o ben que o puideses facer, que se non hai cartos, olvídate.
No meu Concello, no poden adiantar os 4000 euros (ou eso din) así que adiós muy buenas.
Pregade para que as vosas entidades teñan algúns aforriños e estean de boas para gastalos con vos. Moita sorte a todos!!

Anónimo dijo...

Eu agardo que a miña "m***a" de entidade non me colla. Estou que trino con ela polo seu trato e as suas pegas e só agardo que chegue finais de setembro e deixar este pesadelo.

Sorte a tod@s!

Dinamizador X dijo...

Quedome co 4º comentario, tende en conta que se estades nun Concello e este non contou coa pasta para vos nos presupostos (que probablemente non o fixeran), non vos van a coller.

Anónimo dijo...

No convenio di que se as prácticas son satisfactorias teñen a obriga de collernos. Supoño que será moi relativo e que ao final contará se lle compensa ou non ao concello e se pode.

Anónimo dijo...

O que me parece un pouco absurdo é que a xunta gaste tempo e cartos en formar unha persoa para que, despois dos nove meses de prácticas (se non lle renovan), se desvincule totalmente deste proxecto, porque, certamente, eso parece ser o que vai pasar, xa que me parece que non van buscar outras entidades para a xente que queda fóra.
Pero bueno, que se podía esperar de semellante desaguisado. Aínda me lembro cando o mesmo día de comezar a formación teórica aínda non se sabía onde se ía a impartir, se en vigo ou pontevedra, se en santiago ou coruña.
O que non sei é como non acabamos todos tolos de vez!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo