lunes, 25 de febrero de 2008

Microsoft achégase ao software libre

Pois que mellor que comezar a semana coa nova sorpresa que saltou o día do noso aniversario no mundo do software libre.
E é que podemos ler na rede, en diferentes medios, que Microsoft anunciou medidas dirixidas a achegarse ao código aberto. Falan incluso das Office.
Nós sempre pensamos que a Microsoft so lle moven os cartos, e seguimos pensando o mesmo, se realmente van a abrir código dos seus programas é por que xa non lles será rentable ante a competencia de software libre.
Cústanos moito crer que o gran defensor do software privativo se quera pasar agora ao software libre se non é por motivos económicos, que é o que sempre lle moveu.
Co cal nos vemos isto como un gran triunfo do software libre, que pasiño a pasiño, vai coméndolle o terreo ao software privativo, aínda queda moito, pero estes pequenos pasos indican que se vai no camiño correcto.
Así que con esta boa nova no mundo do software inauguramos esta primeira semana do noso segundo ano de vida.
Por certo, que saibades que xa nos chegou algún que outro logo, así que xa podedes ir afinando, que aínda que quede tempo, @s nos@s compañeiros vanse apurando. Sorte a tod@s e saúdos.

1 comentario:

Dinamizador X dijo...

Coñecendo a politica de traballo de Microsoft, seguro que liberan parte do seu codigo para que a comunidade do Software Libre o arranxe e faga algo bo del, e despois voltaran as suas actuacions habituais.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo