viernes, 22 de febrero de 2008

O Primeiro Aniversario

Quen o diría amigos e amigas dinamizadores, como di a Dama do Castro o tempo voa, e xa pasou un ano.

Non sei se recordaredes todos aquela mañá do 22 de Febreiro de 2007, cando vos chegou un estraño correo con uns logos aínda mais estraños.

Parece mentira, levo esperando este dia dende fai un mes, agora non sei que facer nin que escribir. Polo de pronto temos o concurso, iso si que e unha boa iniciativa, e a camiseta de premio e o mellor do mellor, non porque a deseñara eu. Xa veredes as fotos.

Durante a semana iremos poñendo artigos dos serios (dos de Casper e a Dama) paridas (das miñas) e todo o que vos esteades dispostos a mandarnos, artigos, imaxes.... o que vos dea a gana. Sabedes que a nos o que nos gusta e a liberdade de expresión.

Bueno rapaces, invítovos a todos a participar, tanto no concurso como en todas as cousas que poñamos esta semana. E agradecervos a todos os que pasades por este Blog, que o sigades visitando aínda que esta comprobado que de nos non se aprende nada, bueno dos demais aínda algo pero de min nadiña. E agradecerlle sobre todo a Casper (sen el este blog nunca existiría) e a Dama do Castro (a primeira fan oficial das tiras cómicas) a súa coparticipación, a Langhran o que lle digo e que cando curre e faga algo no blog farei unha personaxe súa para as tiras cómicas.

Sen mais gracias a todos.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo