viernes, 1 de febrero de 2008

Software libre en Rusia e Francia

A nova publicada onte polo diario elmundo.es chamounos a atención.
O caso é que Rusia vai migrar o software propietario dos colexios a software libre, e o fará, ou iso di o ministro de telecomunicacións de Rusia, entre este ano q o que ven.
Como comprenderedes a nova pensamos que é positiva, ogallá aquí se fixera o mesmo, pero coma sempre seremos os últimos.
O que nos chama a atención foi a orixe desta interesante iniciativa.
Un mestre dun afastado colexio ruso foi multado con 200 € por piratear o sistema operativo Windows. Foi o primeiro litixio deste tipo que teñen en Rusia, e polo que se ve vai ser o último, xa que o goberno rapidamente tomou a medida que coidamos mais sensata.
Esta mesma nova destaca que a Xendarmería francesa tamén vai migrar os seus sistemas informáticos a Ubuntu, aínda que mais a modiño que en Rusia, agardan finalizar a migración no 2014, o fan por tres poderosas razóns:

- diversifica-los seus proveedores ( non depender so dunha multinacional)
- te-lo control absoluto sobre a súa ferramenta informática
- o seu menor coste

Pouco a pouco os diferentes países van migrando os seus sistemas cara o software libre, por algo ha de ser...

1 comentario:

Dinamizador X dijo...

Software libre, rusos, xa sabia eu que estos rojos non tramaban nada bo. Se xa o decia Bill Gates.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo