viernes, 14 de marzo de 2008

Usos diarios Forever


Pois xa que estamos de tiras cómicas poño esta tan simpática que fixo un dos participantes dun concurso de ilustración e cómic que puxo en marcha o xornal "El Pais" e no cal se pode gañar unha viaxe a San Diego; (dinamizador x toma nota). Isto para alegrar a finde, pero teño que queixarme de certas cousas da Rede, por exemplo; ¿POR- QUE non nos deixan modificar os usos diarios?, non é tan difícil trabucarse; que se o uso era profesional e eu puxen ambos, que se introducín nunha data e o uso era doutro día... Iso sen contar que a páxina se volva tola e rexistre o que a ela lle da a gana. Cada vez que os teño que introducir, non é que me bote a temblar, pero sí que hai que revisalo todo ben antes de darlle a enviar, non vaia ser.
Que nos dean esa potestade modificadora! total, peor que o CESGA non o imos facer ;-).

Tamén me chama moito a atención o paradísimo que está o foro da páxina da Rede. É coma o foro invisible, o foro que existe pero non existe, O foro pantasma. Creo que a Rede lle vai a dar outro estilo para facelo máis atractivo, a ver se é certo e tod@s nos animamos a verter alí as nosas experiencias, que seguro que temos para encher uns cantos libros.
Bueno, só quería expoñer estas impresións e a seguir traballando, que non sei vos pero eu ando bastante a tope.
Unha aperta.



No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo