martes, 29 de abril de 2008

O horario estival

Ola ola a todas e todos, menudo cambiazo de horario colegas. A iso chámolle eu darlle a volta á tortilla pero ben dada. Era algo que se vía vir, claro, despois de tantas protestas lóxicas; porque penso que a maioría coincidimos en que nos meses de verán, a esas horas ¿a quen iamos alfabetizar? ¿ás moscas?, ou máis ben aos amigos imaxinarios que acabaríamos inventando froito da soidade, a calor abafante e a desesperación de non ter a quen instruír tecnolóxicamente. Acabariamos todos tolos perdidos e Almodovar nos collería para protagonizar a segunda parte da súa exitosa película, pero desta vez o título variaría un pouco sendo: "dinamizadores ao borde dun ataque de nervios" .
Anque pode que certas horas da tarde fosen algo productivas, penso que o cambio será positivo. Seguramente o tempo que vai dende as 8:30 e as 10: 00 non será moi concorrido, nin o que vai das 14:00 ás 15:30 pero... estou segura de que en xeral haberá máis actividade.
Así que benvido o novo horario e os madrugóns.
Por outra banda, xa cambiando de tema, gustaríame que contasedes cales son as frases que máis repetides nos obradoiros, aos vosos usuarios. Eu, de todas, hai unha que xa lle estou collendo un pouco de manía de tanto dicila e non é outra que "para abrilo, dádeslle un dobre clic, ou un clic e despois abrir" Agghhh!!! se non a dixen mil veces, non sei cantas. Bueno, pode ser divertido que as plasmedes por ahí abaixo.
Unha aperta.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo dama do castro, esa frase eu tamén a teño gastadiña.

Anónimo dijo...

Eu aparte de esa tamén solto bastante o de : "Recordade que os enderezos de páxinas web e de correo electrónico non poden levar ñ nin tiles xk no alfabeto inglés non existen"

Anónimo dijo...

pois anda que esa de "non confundiiir, non buscadores non poñades direccióoonnss"

Dinamizador X dijo...

Pois o de poñer as direccios por exemplo, www.google.con

Anónimo dijo...

e lles dis que busquen tal cousa non google e poñen por exemplo "busco recetas de cociña"
ja ja ja

Anónimo dijo...

A miña frase favorita e:
Pechade esta ventá, NA CRUZ!! ARRIBA A DEREITA!!! ONDE O FACEDES DENDE FAI 3 MESES!!

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJAJA!
¿E as deles, dos alumnos?: "¿Co dereito, non?"; "!Borróuseme todo!"; "A min iso non me sae"; "Nooon, eu aí non lle din."

Menos mal que podemos botar unhas risas comentándoas entre nós, que un a veces non sabe que facer para que despois de dicirllo mil veces o fagan ben.

Anónimo dijo...

Para abrir unha carpeta dous clicks!!!!!!!!!

Recordade, que facedes antes de abrir unha porta? petar duas veces, non si? Pois aquí igual. Asi que petade na carpeta dúas veces.

O increíble é que recordan desta maneira esta parte.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo