viernes, 25 de abril de 2008

Software Libre e Galicia


Tiña pensado poñer un longo artigo que me estiven currando sobre a actitude do goberno da Xunta en xeral, e da Consellería que a nós nos compete en particular, pero cando me decatei de que tiña cheas dúas follas e aínda non comezara o bo, plantexeime resumir o contido a uns cantos parágrafos.

Aínda que todos sabemos xa en que situación nos atopamos, vou describir a escena na que este drama se produce e os seus personaxes.

William Gates III, alias Bill Gates, domina o mundo do software co seu Sistema Operativo Windows e as suas aplicacións informáticas: Office, Internet Explorer e Hotmail entre outras. Parece que todo está perdido, calquera intento de acabar con este monopolio rematou sempre en desastre.

Agora vou presentar o outro protagonista desta historia, ten moitos nomes pero ímonos referir a el simplemente como Software Libre. O noso Valente guerreiro leva dende tempos inmemoriais loitando contra Bill Gates e o seu monopolio no Software.

O lugar onde se produce o enfrontamento entre estos dous personaxes é a nosa Galicia, onde a xente se caracteriza por desconfiar de todo o novo, e de todo o que promete moita calidade a moi baixo custo, porque como di a miña avoa, e supoño que as de todos, “nadie da pesos a catro pesetas”.

As xentes de Galicia, son totalmente sumisas ó reino de Gates, algúns dos máis vellos recordan quizais un tempo sen Windows, pero os máis novos medraron con el e non coñecen outra cousa, a maioría deles non saben nin queren saber da existencia de nada que non leve a firma de Bill Gates.

Como pode facer o Software Libre para ter un lugar nunha sociedade coma a da Galicia actual vendo o panorama? Eu non digo que teña que renderse, de ningunha forma, pero as asociacións e as empresas que traballan con Software Libre, se o que de verdade queren é gañar pasta, porque o Software Libre non é unha ONG, deberían falar coa Consellería e plantexarlle unha nova estratexia. A estratexia actual, esta de “Métovos Software Libre en todos lados gratis sin problema de ningún tipo, pero se falla algo, que non vai fallar porque o Software Libre é perfecto, pois chámasme que che fago o servicio técnico. Ei, pero non me pidas desconto de amigo que o porquiño polo que vale”. Agora vas ti e dislle esto a alguén, o mínimo que pode facer e rir durante unha semana de ti.

Vou continuar cos símiles bélicos que me molan moito:
Se tiverades que vencer a un inimigo, que vos supera en número, que faríades, atacar a saco nun campo de batalla ata que só un bando quede vivo, ou tomaríades a estratexia das guerrillas, pequenos ataques e incursións ata que logres acabar coa moral e coas filas do teu inimigo? Coa segunda gañáronse moitas guerras…

Quitar a Microsoft da vida dos Galegos non é nin de coña un obxetivo a curto prazo, e a consellería parece que é o que pretende, impoñer o Sofware Libre agora xa, que navegemos con Mozilla agora xa, todas as empresas a Linux agora xa, parece que non hai un mañá na súa forma de elaborar os proxectos.
Cando se trata de elaborar un plan que afecte a mentalidade das persoas hai que pensar sempre a longo prazo (ou moi longo), se queremos que usen Sofware Libre, non comecemos atacando o Castelo, primeiro hai que tomar posicions estratéxicas. Comecemos polos programas, Office, Messenger, Explorer, Outlook, programas de deseño gráfico, todas as aplicacións en xeral. Se nunha aula temos uns ordenadores con Windows, pero que todos os seus programas sexan libres, e conseguimos que a xente os utilice con toda normalidade, e incluso que os probe na súa casa, temos a guerra case gañada. Pero hai que ter en conta algo importante, todo isto leva o seu tempo, non se fai de un día para outro, nin dun ano para outro, pero con esforzo se conseguimos que a xente crea no Software Libre a base de usar os programas, e confíe nel, teremos o terreo listo para dar o gran paso e poder así levar os Sistemas Operativos libres a toda a sociedade Galega. Pero esto pasa sempre por un looooongo proceso de concienciación, como dixo un autor:

“Non se pode facer a xente libre por lei, se lle impós as persoas que sexan libres acaba converténdose nunha maldita xaula.”

4 comentarios:

casper dijo...

Canta razón tes dinamizadorX, as veces da a sensación de que non se quere facer nada e adoramos a Bill Gates, outras que hai que fundilo xa e non podemos nin mentalo nos obradoiros, cos manuais feitos pola rede onde aparece Windows unha e outra vez.
Como ti dis hoxe é inviable meterlle Linux a todo dios, gran paso sería que usasen software libre sobre Windows e logo xa veremos.
Un bo paso tamén é migrar os equipos da administración pública, pero é moito máis cómodo pedirlle aos dinamizadores que non digamos palabrotas ou ir de cena cos de Mancomún.

Anónimo dijo...

A ver,o que non se pode é dicir que SW si porque si e que SP non porque non. Hai programas de software privativo que por moito que nos queiran vender a moto,non existen alternativas en SW : Photoshop(o gimp é alternativa? juaaass ), dreamweaver(NVU?),autokad,bases de datos(mysql? cof cof ) ... Tamén pasa do revés , hai alternativas en S. Libre que son dificilmente superables pero todas(ou case) soportan windows.
Polo tanto haberá empresas, dependendo dos usos que lle fagan que lles interesará ter software apple(e hardware normalmente), windows, linux , solaris ....
Imos ca administración, a nivel xunta/deputacions/concellos hai programas que levan un lote de anos funcionando con moi bo rendemento .Vanse arriscar a meter un novo programa por filosofía do S.Libre ? O mesmo cos bancos e o Cobol .
Tamén hai que ter en conta que unha grande empresa(e non tan grande) quererá ter unhas garantías de que as súas ferramentas de traballo funcionen correctamente e , no caso de que non funcionen , que haxa unha empresa que xestione , consultoría ... que se faga responsable . Neste caso é igual que pagues unha empresa (non son ningunha ong)dando servizo sobre S. privativo ou dando servizo sobre S. libre(dubido moito que o seu proxecto acabe tendo licenza gpl) E aquí meus amigos hai que dar conta que cando pagas un Sistema Operativo , tamén pagas responsabilidade,garantías e soporte (Tamén co Windows).Neste ponto pérdese o principal factor da mitificación do Software Libre cara a empresa:A gratuidade .
Agora ben para un ordenador de uso personal:para fedellar en internet ,miralos emails e tal,imprimir ,grabar un par de cds ... sen dúbida usa Linux , hai varias distros que son moi faciliñas de usar.
A nivel Galicia e a administración , non sei se haberá algún estudio realizado ou planificado dunha migración total ou parcial.De momento nas opos,salvo raras excepcións seguen a exisilo mesmiño :Windows e MSOffice . O que sen dúbida non é bo pouso para unha migración .
Bo artículo Mr. Dinamizador X .

dama do castro dijo...

Estou de acordo, pero con respecto á primeira parte do teu artigo eu digo ¿que máis da que o gimp non sexa unha alternativa 100% ao photoshop? a maioría das persoas non pretenden ser unhas expertas en retoque que queiran exprimir ao máximo o programa. se a maioría da peña controlase todo o que ten o gimp, mi madriña!!xa estaría xenial.Lembremos os miles de euros que custa o photoshop fronte ás vantaxes da licenza do gimp. Para un paisaniño ou paisaniña que queira comezar a facer pinitos ou cousiñas máis básicas é un abuso facerlle pagar polo photoshop por exemplo. O SL non será a panacea pero miraaa... benvido sexa

Anónimo dijo...

Sí,tes razón dama_de_castro , cantas máis alternativas haxa millor,e desde logo o software libre polo xeral ten un bo rendemento.Eu queixábame da mitificación que ten todo o que engloba a este tipo de software.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo