miércoles, 10 de junio de 2009

O DinamizadorX en Facebook

Boas compañeir@s Dinamizadores, teño unha nova para vos, sobre todo para os que sodes seguidores de Facebook.

Xa podedes facervos seareiros (eu teño o Facebook en Galego) do DinamizadorX.
O final caín coma todo o mundo na creación de un perfil en Facebook, bueno todo o que sirva para dinamizar as novas tecnoloxías e internet benvido sexa.

Se seguides este enlace, poderedes facervos seareiros ou amigos do DinamizadorX ou de Casper, o que mais rabia vos dea. Teredes un novo sitio, ademais do Blog onde poder comentar as cousas que vos gusten, ou as que non deste noso querido traballo de Dinamizadores.

E para os fans das tiras cómicas, subín unha recopilación de todas as tiras do DinamizadorX, dende a primeira de fai 2 anos ata a ultima da semana pasada.

Espero que vos guste e se non vos gusta sempre podedes crear un deses grupos de "Seguro que atopo 100000 persoas que odien o DinamizadorX"

2 comentarios:

Leticia dijo...

Xa tedes a unha admiradora. O facebook non é o meu forte, aínda non atopei o momento de investigalo a fondo, pero poder ver a recompilación das tiras cómicas tentoume no segundo 1!

Dinamizador X dijo...

Compañeiros, so un dia en Facebook e xa temos un man chea de seareiros. Animo rapaces sodes os mellores.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo