martes, 19 de enero de 2010

O Show Duró

Aquel que pense que hai un castelanismo no título deste artigo é por que non asistiu ao curso organizado pola Fundación sobre motivación que se impartiu a finais da semana pasada.
O curso foi impartido por Emilio Duró que, con toda seguridade, non pasou desapercibido para ningún/ha d@s “mon@s” asistentes.
A súa practicidade, o seu histrionismo, o seu humor, a súa aceptación da realidade, os seus vídeos... fixeron deste curso un dos máis interesantes da nosa andaina dinamizadora, e, por moito, o máis divertido e ameno deles, a pesares das súas contradiccións, que tamén as houbo (chamar descoidadas a todas as mulleres da sala, ou feos aos homes, e defender as mentiras piadosas para non amargar a quen nos rodea é chocante, por poñer un exemplo).
O mellor, desde o meu punto de vista, e desde unha perspectiva formativa do show ofertado por Emilio, comeza ao rematar o espectáculo, xa que as súas vivencias, consellos e perspectiva vital perduran unhas horas máis aló do curso. O que creo que lle aledaría saber xa que comezou dicindo que se conformaba con que saíramos dalí dándolle voltas á cabeza, se realmente é así coido que cumpriu o seu obxectivo.
Así que o grao de satisfacción co obradoiro é... perdón co curso é bastante óptima, moi interesante e útil todo o aprendido, e por ser así teño que recoñecer que non me apaixoa o meu traballo e polo tanto é hora de deixalo e buscar algo que realmente me encha e vós deberiades facer o mesmo, porque so se vive unha vez, porque a vida é breve e non paga a pena perdela repetindo sempre o mesmo, porque quero ser feliz....

44 comentarios:

Anónimo dijo...

Non entendo, significa eso que deixas o traballo na REDE?

Anónimo dijo...

persoalmente o show duró pareceume unha recopilación de máximas trilladas, pouco inspirado, demagóxico, contradictorio e autocomplacente... saín de alí coa impresión de que me acababan de chamar parvo a cara e que tiña que sorrir ante o xenio que traballou para a Nasa, nathional geographic ou botín... o único salientable o bo café que tiñan no hotel

Anónimo dijo...

A miña opinión: pareceume unha experiencia moi boa, nunca asistira a este tipo de formación, curso ou como se lle queira chamar, supoño que motivación é o máis axeitado porque realidade non sei que dicir....
Casper non sei, quizás décheste conta de que este traballo non é o máis apropiado ou que é moito para ti, pero o resto polo momento cremos (a maioría estou seguro) de que é algo moi enriqueceder que imos aproveitar mentres dure, así que garda os teus grandes consellos para os teus colegas Dinamizador X and Cía que son os grandes perxudicados e puteados neste traballo e que deberían facer o mesmo ca ti.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo.. o tipo e un showman, iso non o imos negar, gran orador e comunicador, transmitia moita emoción a todo... el mismo dicía "o mundo e de formas e non de fondos" eu particularmente non estou dacordo con isto; pero dende logo o tipo foi consecuente na "praxis"; formas, poucos fondos, demasiadas contradiccións, demasiada inexactitude e baixo o meu punto de vista moitas saidas de tiesto e moitas incorreccións graves. De todos modos, parece que á maioría da xente se lles esquenceu o título da actividade (motivación e traballo en equipo?), e o marco da mesma (entorno laboral e/ou profesional), 5 minutos despois de escoitar a abraiante verborrea (con todo o cariño) se algún atopa unha; xa non direi estreita, senon lixeira relación entre os contidos teoricos e os que houbo entón vivo nunha realidade paralela....

Cal era a mensaxe nestes termos?que se non nos gusta o traballo dimitamos? que mandemos a fundación a tomar polo cú e "living la vida loca"?ou que coma as relidades son subxetivas, poñamos boa cara mentras nos cai a merda enriba porque asi cheirará millor?

Deixame quedarme co fondo, que de sofistas esta o mundo cheo.

Dinamizador X dijo...

Pois claro que si, ten razón o do terceiro comentario, non sei que facemos aquí os compañeiros que escribimos neste blog, nin nos nin os que veñen coma nos aquí a queixarse de que non lles gustan moitas cousas de ser Dinamizador.
Tes tooooda a razón este traballo e moito para nos, tería que comezar a plantexarme un novo traballo como por exemplo encantador de serpes, catador de residuos nucleares ou mergullador sen gaiola con quenllas.

Retranca amiguiños, parece que despois de case 3 anos vamos ter que ensinarvos o mellor da cultura Galega.

Anónimo dijo...

Aquí estamos moi mal... non nos sirveu de nada o chow do tipo este nin o novo modelo de trato cos dinamizadores que teñen na coordinación, de ser máis falsas ca nunca, pero agora querer ir de guais? Non sei qe mais queremos, a verdad! O estilo maría, que lle oín dicir a un compañeiro, e creo que con toda a razón. pero polo menos con ela, claro que tiña a ventaxa de que non a coñeciamos, parecía que o bo rollo era a súa forma de ser de verdade, non coma a doutra bíbora que vin por ahí o outro día votando miradas asesinas e sonrisas profidén. E si, vai por ti, daste por aludida porque é de ti de quen falo

dama do castro dijo...

Pois esta "mona desmotivadora" como nos chamaba o duró aos dinamizadores cando se dirixía a nós, "Os desmotivadores", saliu dalí contenta porque eso de botar case 5 horas rindo seguido, como que lle alegra a unha o día e parte do seguinte. E iso, que carallo, vale moito.

Anónimo dijo...

Non ves Dinamizador X que igual non vales pa outra cousa que encantar serpes. Dedícate a traballar máis porque seica che gusta este oficio de dinamizador, senón porque en vez de dinamizador X non es o Encantador X. Ou tal vez vaiche máis o de ir encabezando algunha manifa a prol "deste noso país". Está claro que hai dinamizadores/as que non lles interesa isto e está claro que tan só queren perxudicar. Tan só cumple obxectivos, que seica che costa de carallo e deixa os/as demáis en paz.

Anónimo dijo...

Joer , aqui os coitelos pasan voando.... vese que algún/ha tenche máis información... a ver carallo, dade nomes, non nos deixedes coas intrigas.. juajuajua

casper dijo...

Así que me aconsellas que garde os meus consellos, claro por ser ti un ente supremo imaxino, que o confirmas cando dis que este traballo é moito para min.
Se pensas que á maioría dos dinamizador@s lles apaixoa o seu traballo é que non coñeces nin a metade.
Teño unha mala nova para ti, eu non aconsellei a ninguén, o consello é de Emilio Duró, eu tirei de retranca, que me sorprende que ti como ente supremo nin te enteraras.
"Se non vos apaixoa o voso traballo deixádeo" é unha frase que dixo na motivación, como ti a queres chamar, o señor Duró, pero se o di el a experiencia é moi boa, se o di casper é unha merda.
Por certo o de que a experiencia foi moi boa o dixeches ti, avísote non vaia ser que agora o critiques, porque o di casper.
Algún día gustaríame saber porque algúns/has de vós nos ten tanta carraxe que nos critica o mesmo que lle defendedes a outros/as.

Dinamizador X dijo...

O 8º comentario recórdame a Ezequiel 25-17, coa diferencia de que neste blog non somos nin a inxustiza dos egoístas nin a tiranía dos homes malos así que por favor Yahvé que non caia a túa vinganza sobre nos.

E gracias polo de encantador todo un detalle pola túa parte.

Anónimo dijo...

Pataqueiro.

P.D.: na foto da miniweb sales máis guapo

Anónimo dijo...

Se as contas non me enganan, hoxe día 22 de xaneiro hai tres anos que comezamos nas entidades . Parese que fui onte ....

Anónimo dijo...

Pois a min fixoseme eterno...

Anónimo dijo...

Tres anos difíciles nos que os dinamizadores/as sempre tivemos que sacar forzas de flaqueza para sacar este proxecto adiante

Que nos vai contar Duró que nos non sepamos. Creo que xa pasamos por case todas as situación posibles e saímos a flote. Esó sí que é optimismo e ganas de facer o traballo ben.

Anónimo dijo...

Ola Compañeiras/os, ¿alguén ten no seu poder o calendario laboral deste ano? ¿Tedes algunha nova con respecto a contrato que temos?

Anónimo dijo...

O Contrato sigue o mesmo que tiñamos, por obra e servizo coas mesmas condicións.("A obra continúa".
Calendario laboral: http://www.lexnova.es/asp/calendario/calendario.asp?Localidad=A+Coruna&Autonomia=Galicia&Ano=2010

Un saúdo

Anónimo dijo...

Pero o tema de asuntos propios e iso como queda

Anónimo dijo...

Joder, parecemos parvos de todo...

Anónimo dijo...

*O Contrato sigue o mesmo que tiñamos, por obra e servizo coas mesmas condicións*

Moi sr/a noso/a:
Trala entrada da nova dirección na Fundación desenvolveuse , entre outras
cousas, unha análise da estrutura da plantilla da mesma a fin de coñecer o
estado e a situación profesional de quen a integran.
Temos observado que no seu caso a relación laboral que o vincula á
Fundación ampárase nun contrato de obra e servicio e, asimesmo, que ese
contrato finaliza o próximo 31 de decembro de 2009, feito que poñemos no
seu coñecemento dentro da política de transparencia que quere impoñer a
nova Dirección.
Sen outro particular, despídese, atentamente,

Segura?nuestros contratos por obra con fecha limite?

Anónimo dijo...

Creo que é a 3ª vez que poño isto, desde logo será a última, que google existe para todos/as.
Un contrato por obra NUNCA ten data de fin, de ser así falamos dun contrato de DURACIÓN DETERMINADA, e non de obra. E si, estou segura.
Ademais é unha discusión de estúpid@s, ¿alguén asinou algo?¿Por que pensas que é?¿Cres que nos terían currando sen contrato?

Anónimo dijo...

Si, dende logo un/ha estupid@ hay na conversa se só captas o sentido literal das palabras. Tampouco me sorprende.

Dinamizador X dijo...

Que vos parecen estas novas dos xornais.

A Xunta privatiza o labor de Mancomún

A Xunta privatiza as novas tecnoloxías

Anónimo dijo...

Pois si que está quentiña a cousa

Anónimo dijo...

"Que vos parecen estas novas dos xornais."

"a CIG convocou e gañou unhas elecións sindicais que, segundo as fontes consultadas, "estanlle complicando a Covadonga Toca, actual xerente, a operación de cargarse a Rede de Dinamización".

Home pois asi a priori, ¿pouco fiables? :D

Bromas aparte; cando o rio suena...

Anónimo dijo...

Está claro que son estúpid@ por empeñarme en explicar algo que sei e que preguntan compañeir@s (máis de un/ha) para, aínda por riba, recibir insultos.

Anónimo dijo...

Isto... sen sumarme a polémica; pero:

"O Contrato sigue o mesmo que tiñamos, por obra e servizo coas mesmas condicións"

"...servicio e, asimesmo, que ese
contrato finaliza o próximo 31 de decembro de 2009 "

"Creo que é a 3ª vez que poño isto, desde logo será a última, que google existe para todos/as.
Un contrato por obra NUNCA ten data de fin, de ser así falamos dun contrato de DURACIÓN DETERMINADA, e non de obra."

Dis que continua o contrato por obra, @ compañeir@ di, con certa ironia, que ten data limite (supoño que para facer ver que esta en fraude de ley e que non é un contrato por obra), e logo explicas (gracias) por última vez que non ten data de fin porque senón sería de duración determinada.

O tema é que si que ten data límite, ou ben o 31 ou ben o PEGSI, que esta enmarcado no plano temporal de forma fixa (2007-2010). Entendo que o si haber unha data, o noso contrato en realidade non é por obra,e que iso é o que nos quixeron facer ver. Digo eu eh?

Os feitos obxectivos son os que determinan os contratos e non "o que pon no epigrafe", feitos obxectivos son as datas límite ou os preavisos; ten máis sentido cuestionar a forma do contrato que algo que sabemos que esta ahí.

Anónimo dijo...

http://www.mtas.es/es/infpuntual/contratos/obraoserv.html

Anónimo dijo...

Ola Compañeiras/os, sabedes a que se debe a baixada de sueldo de 24 €? ou temos que preguntarllo ao presi do comité?. Manda carallo, explicádemo poruqe con esos 24€ fago un par de viaxes...

Anónimo dijo...

Pois eu penso que serán da diferencia entre a subida salarial acordada no convenio e os famosos 400 euros de Zapatero que este ano retirou = -24 .
Aínda non me chegou a nómina pero penso que ha de ser diso .

Anónimo dijo...

Seguramente.
Por certo alguén solicitou as axudas FAS?

Anónimo dijo...

Merda, non hai naide en descoordinación, ¿e agora que fago?....

Anónimo dijo...

Xa tedes a nómina? A min non me chegou nada aínda. E iso de que baixou o soldo é certo?
Xa é o que nos faltaba

Anónimo dijo...

Pois Sí a que nos faltaba. Parece que non pero 24 euros supón 24 cafeciños

Anónimo dijo...

Pero vamos a ver, se non dades entendido o do soldo, non podedes chamar a coordinación ou á fundación, directamente, e que volo expliquen, a ver se así?

Anónimo dijo...

http://imit.xunta.es/portal/novas/2010_01_27.html

Anónimo dijo...

A ver, que o soldo non baixou... http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/01/28/0003_8256818.htm

Anónimo dijo...

"Los salarios del año 2010 representan un incremento del I.P.C. real a 31.12.2009 más uno con veinticinco puntos. Este incremento será de aplicación transcurridos 15 días a partir de la publicación del I.P.C., y tendrá efectos de 1.1.2010."


Perdoade a miña supina ignorancia, pero, non se supón que isto significa que 0.8 + 1.25 = 2.05% de subida? penso que subiu 4 euros... :(

Anónimo dijo...

Eu penso que isto dos 24€ so vai ser no mes de xaneiro posto que temos unha retención do 13%, cando o ano pasado tiñamos do 10.95% , isto creo que é pola subida do IRPF debido aos 400€ de zapatero, si miras a voz de Galicia de hoxe sae unha noticia relacionada onde falado dos xubilados mais de 900.000 traballadores. Un saúdo

Anónimo dijo...

http://imit.xunta.es/portal/novas/2010_01_27.html?__locale=es

Anónimo dijo...

Outra máis... esta é boa!! Polo que se ve un expediente xudicial demostra que a Xunta minte sobre Mancomún. Supoño que a denuncia da que falan é a que puxeron os da CIG non? Desde logo... estos calquera día saen dicindo que tampouco existía a Rede...

Anónimo dijo...

Algunha vez Suso Baleato fixo algún comentario sobre a Rede?. Él Mentres lle xiraban euriños só via para o seu. Que queredes que vos diga Nunca foi santo da miña devoción.

Anónimo dijo...

ummmmmm, dinamizador X estás aí???? aparece ante nós¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Por otro lado, el Parlamento dio luz verde a una moción para darle continuidad y ampliar la red de dinamización de la sociedad de la información como herramienta de reducción de la brecha digital gallega, una iniciativa del BNG, posteriormente transaccionado, y que obtuvo un consenso generalizado ya desde el debate de la interpelación de la que se deriva.
http://www.europapress.es/galicia/a-coruna-00382/noticia-pp-rechaza-depurar-responsabilidades-politicas-filtracion-examenes-contra-oposicion-20100209191725.html

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo