miércoles, 10 de marzo de 2010

Observacions sen vixiancia

Bos dias compañeir@s, que razón ten un dos comentarios do artigo anterior, para que queremos vixiantes, darnos curro bastante como para que non poidamos adicar nada de tempo a outra cousa e mais que suficiente para ternos entretidos e controlados.

Voume meter no tema, que me parece que temos unhas cantas cousiñas unhas malas e outras boas entre mans agora que faltan 22 dias para a finalización do convenio.

Cousas malas, como antes mencionei remataron as inspeccións agora sabémolo fixo, e iso non augura nada bo cara o noso futuro laboral.
Outra cousa mala, o convenio rematan este mes e aínda que todos sabemos que e prorrogable por dous meses mais, ninguén nos informou de que iso vaia levarse adiante, a excepción de un correo que menciona así coma quen non quere a cousa o mes de Abril. Espero enganarme pero e algo habitual en coordinación avisar de cousas importantes coma esta na ultima semana, espero que na próxima reunión do comité de empresa se fale de isto, considero que e importante.

E agora ben algo bo, no ultimo Boletín da Secretaria Xeral de Modernizacion o presi da xunta confirma o novo plan de modernizacion e o que mais nos interesa confirma a unión das dúas Redes a de Dinamización e a de Telecentros en unha soa, o que fará que se amplíe o numero de aulas ata 94, supoño que dentro do malo de que desapareza a Rede de Dinamización tal e como a coñecemos, que se monte unha nova rede mais grande fará que se teña que contratar mais xente. O tema importante e se o feito de termos traballado como Dinamizadores nos será de utilidade (ou de atranco) a hora de poder optar a traballar en esta nova Rede, porque para unha nova entidade hai que volver a facer unha nova convocatoria de xente, na que supoñendo que se teña que ter o titulo de Dinamizador da Sociedade da Información, tamén se poderán meter outros excompañeiros nosos, todos eses que se quedaron sen entidade por diversos motivos e que dende fai taaaanto tempo se lles ven prometendo un sitio na rede.
Por isto gustaríame pedir que, como non me fío de que isto se nos avise directamente, se algún de nos se entera de algo referente a esta convocatoria da que vos falo que non dubide en comentalo, seria de gran axuda para todos nos, dinamizadores e ex-dinamizadores.

Veña un saúdo a tod@s compañeiros.

44 comentarios:

Anónimo dijo...

Se o luns non temos noticias, suponse que nos ampliaran a prórroga como máximo ata finais de maio e, polo que parece, vai ser así porque polo menos no meu concello non voltaron a ter noticias sobre a "posible contratación"

Anónimo dijo...

Se tedes algunha dúbida preguntade o comite de empresa.Eles deixaron ben clariño o que habia.Non comecemos a liar as cousas outra vez

Anónimo dijo...

Pois que pòuco traballa a miña cabeciña que a min non me quedou nada claro; supoño que as palabras en maiúsculas teñen toda a culpa:

(...) pregunta cuál es la fecha real hasta la que se CONSIDERAN prorrogados los contratos de los dinamizadores. La Gerente explica que el CÁLCULO presupuestario está hecho para sostener este modelo de Red durante 5 meses (hasta finales de Mayo). En este punto también se pregunta sobre la posibilidad de que pudiera existir algún parón de la Rede de Dinamización mientras se negocia con los ayuntamientos. En respuesta a esta pregunta, la gerente indica que no CREE que eso pueda suceder.

Baseandonos en calculos, suposicions e creencias... que queres que che diga; moi moi firme non parece a cousa.

Anónimo dijo...

Máis cambios e máis lio. Así non se pode, agora que se ían acostumando o de Rede de Dinamización

Anónimo dijo...

O do cambio de nome é un lío ata para min, q non o dou aprendido, pero o das notas de prensa é unha boa noticia, menos rollo para nós

Anónimo dijo...

A verdade é que asusta un pouco ver a vosa situación; lavado de cerebro camuflado baixo charla de motivación, traballo baixo vixilancia, precariedade laboral absoluta con prórroga tras prórroga, información terxiversada, apoio ao sindicato "patronal"... asusta pero non sorprende, pois é normal que vos pase todo esto cando xa se vos avisou dende o principio, e a maior parte de vós optastes por "ver qué pasa".

Pois nada, seguide así. Non sei si estades a tempo de facer autocrítica, pero igual deberíades facela. Un bó exemplo é o da "creación" da "nova" rede. Un conto que basta leerse o documento publicado pola Xunta no Consello de Goberno correpondente para decatarse de que é mentira, que foron incapaces de xuntar as dúas redes e agora tratan de vender fume.

Pero nada, vos seguide así, que as viñetas son moi divertidas. Cando queirades reaccionar, a metade estaredes despedidos, uns por "malos", outros por parvos e así até que non quede ninguén.

Anónimo dijo...

Mala pécora, será envidioso/a.... co agustiño que estamos, porque un (Dinamizador X) se queixe pensas que estamos todos/as igual. Hai parviño/a segue a ler anda segue a ler, xa te avisaremos se hai unha nova convocatoria ...

Anónimo dijo...

Non, esta claro que todas non estamos igual, as hay que viven ben preto da casa e xornada continua e as hai a 80km da casa collendo 3 buses (e iso e dedicarlle de 8 a 22.30 ao teu traballo)

Anónimo dijo...

"hay" ou "hai"?

Dinamizador X dijo...

"Lavado de cerebro, traballo baixo vixilancia, precariedade laboral absoluta con prórroga tras prórroga, información terxiversada"

Todo isto xa o tiñamos co Bloque, so e mais do mesmo.

Anónimo dijo...

O Comité de empresa está para todas esas dúbidas

Anónimo dijo...

Unha cuestión
tal e como estan os tempos, os concellos facendo encaixes de bolillos para cadrar as contas e o persoal, pensades que van invertir un peso. Ademáis ata que se asine ese convenio vai dar o verán, e todos sabemos que de xuño a setembro non se fai nada salvo rexistrar papeis.

Por outro lado, os concello contratarán ao persoal que eles queiran, eso seguro.


Sorte a todos/as, pero creo que no fondo o problema non é si renovades ou non, o fondo é que estamos a xogar coa única posibilidade que teñen algúns concellos pequenos de incorporarse ás tic, de aproveitar os recursos (aulas. algunhas paradas), e en definitiva de progresar e mellorar a calidade dos seus habitantes.

Unha pena, que en vez de arranxar as cousas que puideran estar mal, á Xunta actual, o único que lle preocupa é desmontar as cousas do bipartito, esa non é a prioridade, solo copiamos o malo dos chinos, censurar.

Repito, sorte

Anónimo dijo...

Non habería tantas dúbidas, ou si, se o comité enviará as actas das reunións sen tanta demora.
A tardanza da lugar a especulacións e rompeduras de coco innecesarias

Anónimo dijo...

Estamos ben fodid@s

Anónimo dijo...

Que vai ser de nós. Todo é moi raro.

Anónimo dijo...

A alguén lle chegou a documentación que quedou de enviar Emilio Duró da charla de motivación?

Anónimo dijo...

Un saúdo e a noraboa a Marcos, ex de coordinación que hoxe saíu no programa da TVG Cifras e Letras e gañou. Un dos poucos que valía algo da descoordinada coordinación...

Anónimo dijo...

Que bos parecemos todos/as cando xa non estamos.
Por certo, cifras e letras non remata ás 16:00h? Que sorte tes por ter tele no traballo e así podes velo rematar.

casper dijo...

Pois parabéns a Marcos e esperamos que teña sorte nos vindeiros programas.
A min non me chegou nada do material que dicía Duró que nos ía facer chegar. Tampouco sei porque me sorprende.
¿E da nova que mandaron onte que pensades?
http://www.xunta.es/actualidade?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FNovas%2Fnova_estandar3329.html
Eu penso que está ben que a presenten ós medios xa que a nova de "A Rede CeMIT fracasa ós 2 meses" non creo que a vexamos. A ver se cando haxa algo de tempo lle podemos adicar un artigo que pensamos que o merece.

Anónimo dijo...

Non entendo moi ben a que ben esta presentación pública da rede CeMIT se nas aulas e na web seguimos tendo logotipos rede de dinamización. As cousas ou sen fan ben ou non se fan. Pero había moita presa por presentar o proyxecto en Abril. Por qué será

Anónimo dijo...

Encontro cunha concelleira:
- Aínda segues aquí?
- Si
- Ah, pensei que despois de marzo xa non virías.
- Era unha posibilidade pero como non me dixeron nada pois vin en abril.
- Bueno, ti aproveita. Eu pensei que non estabas como me comentaran que o concello tiña que facerse cargo dalgún custo e non pode, imaxinei que xa te foras.

Anónimo dijo...

Anónimo: "Que bos parecemos todos/as cando xa non estamos.
Por certo, cifras e letras non remata ás 16:00h? Que sorte tes por ter tele no traballo e así podes velo rematar." Non home/muller é que vivo encima da aula, aínda cando remata dame tempo a lavalos dentes... e botar unha mexada...

Anónimo dijo...

Nin que agora sexa un segredo que aqui cada unha ten "horarios diferentes"

Anónimo dijo...

A min pasoume algo parecido. No concello pensaban que isto remataba en Marzo. E que ninguén de Coordinación, da fundación ou da FEGAM informou as entidades?. E pretenden compartir costes cando o trato e a información deixa tanto que desexar.
E que así non se pode. Menuda chapuza

Anónimo dijo...

Para os que non podemos ver a tv, como quedou marcos hoxe?

Anónimo dijo...

Joder, se Marcos era bo... Máis vago que a chaqueta dun guardia e máis pasivo cando tiñas un problema ca unha almeja, pero bueno.

Anónimo dijo...

Mais vale un listo que sexa vago que un parvo con iniciativa, non é?

Anónimo dijo...

Noraboa a todos/as, temos outra vez a certificación AENOR, mantenimiento de elevadores. ¿Canto nos subirán o soldo?

Anónimo dijo...

pois se co Bloque estabades tan mal como agora entón non habería problema polo que queixarse.

tedes exactamente o que queredes.

Anónimo dijo...

carallo chejaron os corporativistas ... heil bloque! heil heil heil! , heil pp! heil heil heil!!
Se agora unhas siglas van facer todo ben e outras van facer todo mal xD

Anónimo dijo...

En xuño estamos todos na gran empresa pública do inem.

Anónimo dijo...

Explícate un pouquiño máis. Iso é certo?

Anónimo dijo...

Farán unha prórroga, da prórroga do convenio cos concellos?
Eu o vexo difícil, pero se alguén sabe algo máis que o conte porque agora mesmo voltamos a estar no aire da desinformación

Anónimo dijo...

Pero isto é increible. Se están enchendo a boca falando dos nosos bos resultados e da nova Rede CeMIT o estupenda que é , e agora van prescindir de nos. Non entendo nada

Anónimo dijo...

Reflexión que vos invito a facer: que implica a nosa contratación para os concellos?
O meu punto de vista: ademáis de algo máis 300 euros mensuais, o gasto de axuda de acción social (no caso que o solicitemos), así como o finiquito cando nos queira despedir (nesto non estou seguro pero se existe subrogación supoño que no finiquito que nos corresponde teñen que ir incluidos estes dous anos que nos tivo contratada a fundación).
Tede en conta que esto é so unha reflexión PERSOAL que pode ser erronea!

Anónimo dijo...

hola a todos y todas
soy una ex-dinamizadora que todavía sigo en contacto con gente del ayuntamiento en el que estuve destinada. Os puedo decir que el otro día me comentaron que les habían pasado información sobre el nuevo convenio para incorporar dinamizadores. O sea, que algo por ahi se está moviendo pero me temo que muchos ayuntamientos no van a aceptar por el gasto que supone la contratación de personal (aunque solo sea el 20%)y ademas de los derechos que adquiere ese personal con el paso del tiempo.

Anónimo dijo...

Estos días está a saír a empresa información que, directa ou indirectamente, nos afectará:
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/04/23/supresion-46-organismos-xunta-permitira-ahorrar-diez-millones-euros-ano/432091.html
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/04/22/00031271937340764457590.htm
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/04/22/xunta-eliminara-tercio-organismos-administracion-paralela/431642.html

Anónimo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/04/23/0003_8436560.htm

Anónimo dijo...

Sí xa a vin. Menuda desfeita

Anónimo dijo...

Ola a tod@s, alguen sabe se algun concello xa firmou o convenio?
Eu penso que ha de ser díficil con esas condicións

Anónimo dijo...

Nin idea. O que sei e que no meu concello dixéronme que dende marzo xa non temos ningun convenio con eles.

Anónimo dijo...

Polo menos no meu concello esta o convenio con límite máximo ata o 31 de maio... máis adiante non se sabe o que vai pasar, coma sempre...

Anónimo dijo...

Este ano hai concurso de iniciativas en maio?¿?¿

Anónimo dijo...

Que mais da iso.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo