martes, 20 de abril de 2010

O tempo vai pasando

Estamos rematando o mes de abril, e, personalmente, con sensacións similares ás de hai varios meses.
Hai uns días a Xunta de Galicia anunciaba a posta en marcha da Rede CeMIT e presumindo das estatísticas, as nosas, que virán ao longo do ano. A primeira impresión, personal, foi boa como xa comentei. O novo goberno presume de posta en marcha dun proxecto no que nós participamos, é doado pensar que un proxecto tan recente perdurará no tempo máis aló de maio, e que xa que estamos dentro, digo eu, será difícil saír, o difícil, penso, era estar dentro do proxecto do novo goberno (obviamente falo de novo proxecto cando o estricto sería falar de novo nome).
Pero hai cousas que me preocupan; como comentades, nos concellos xa non saben sequera se seguimos, os convenios duran, presuntamente, ata maio e ninguén parece saber nada, xa que información non temos. As últimas novas falaban de que nos tiñan que contratar os concellos, e a experiencia nos di que iso non vai pasar, non pasou cando se adscribiron a un proxecto publicado no DOG e no que se esixía o mesmo que se está a pedir agora. Tendo en conta, ademais, que daquela aos concellos non os asfixiaba a crise mundial na que nos atopamos.
En comentarios anteriores non queda claro se na actualidade temos ou non convenio nos concellos. Eu puiden botarlle un ollo a algún convenio e dicía que duraría ata o 31 de marzo prorrogable, como máximo, ata maio. O que non puiden ler son as condicións desa prórroga, se era automática, se tiñan que xuntarse de novo... O que me quedou gravado é o de “como máximo”.
Por iso falo de sensacións similares a hai uns meses, aínda que penso que xusto é mencionar que algo variou neste tempo. Agora temos un órgano de representación, que fala na boca de tod@s e elixido por tod@s, o comité de empresa. Este factor debería xogar en gran medida a prol dos nosos dereitos e do noso futuro. Este comité ten unha grande e laboriosa responsabilidade, e é por iso que queremos amosarlle o noso apoio e agradecerlle o seu traballo en busca de solucións e respostas pretendidas por tod@s nós. Estamos nas vosas mans.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

Non creo que nos boten á rúa a todos de golpe, eu penso que vai continuar, o que non estou tan seguro é se vai ter continuidade en xuño ou teremos que esperar.
Polo pronto, coma sempre, a ter calma que por experiencia non saberemos nada ata días antes, ou se me apurades horas antes, que xa é tradición.

Anónimo dijo...

Os contratos ou continuan ou non continuan. Se temos un parón en xuño ,e isto continua , terase que facer unha nova convocatoria. Iso sería como empezar de novo outra vez.

Anónimo dijo...

Ola a tod@s, alguen sabe que son esas axudas do Fas, das que fala un correo do comité.

Anónimo dijo...

Fondo de acción social ? Será o que mandaron da fundación .

Anónimo dijo...

Ola a todos e todas: acabo de enterarme que Carmen púxose en contacto co meu concello para empezar os trámites de contratación. Dánlle 2 meses a maiores do 31 de maio. Según me comentou o concello o que non saben e se esos dous meses que ten para contratar (convocatoria e demais historias) seguiremos traballando ou se hai parón.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Boas a tod@s. Pois é certo. Onte o meu contacto no concello pasouse pola aula para comentarme que se puxeran en contacto con él para explicarlle un pouco como iba ser a cousa, O tema é que rematamos convenio en Maio e vanlles enviar unhas bases novas para realizar a nosa contratación. Neste concello non hai cartos para tal contratación pero virán suvencionados xa que todos os concellos que estén interesados seguirán no proxecto e a parte que deberían de abonar será suvencionada pola Fundación ou Fegamp ou sabe dios. O caso é que seguramente teñamos un parón (isto non está confirmado) no mes de Xuño (burocracia) e as bases serán sacadas para os nosos perfís. Con respecto ao contrato novo será de 4 anos renovable de ano en ano. Iso foi máis ou mensoo que lle comentaron por teléfono.

Anónimo dijo...

Esta mañá estiven coa persoa de contacto no concello e non me comentou nada. Supoño que aínda non contactarían con el porque eu xa non entendo nada. Entón, podemos contar con que en xuño paramos, non?
O sindicato terá máis información?
Se alguén sabe algo que o comente porque ao final esta vai ser a única canle que temos de enterarnos todos do que pasa

Anónimo dijo...

Eu chamei o responsable e confirmoume que se puxeran en contacto con él . Do que comentas solo salientar que as bases que lles van dar "Non son vinculantes", aínda que cadaquén sabe a situación que ten no concello e as posibilidades, aparte dos problemas económicos dos entes locais que aí non se pode facer nada .
Un saúdo compas.

Anónimo dijo...

Enton vai a haber "concursos" públicos? calquera pode presentarse as nosas prazas? e aínda que sexan para o noso perfil.. calquera podería presentarse no concello dun/ha compañeir@ , non é?

Hai o runrun de que os concellos pequenos só ofrecerán media xornadas, está confirmado?

Anónimo dijo...

Ola a tod@s, se non continuamos en xuño ou se hai algun cambio, creo que nos teñen que liquidar e dar os papeis para ir o paro, non?

Anónimo dijo...

Si, e finiquitarnos, pagarnos as vacacións... e non se prorogarían as condicións que temos, digo eu.

Anónimo dijo...

E medias xornadas para tódolos concellos de menos de 5000 habitante

Anónimo dijo...

piden locais de 80 metros cadrados, un pouco surrealista, non?

Anónimo dijo...

Todo o noso traballo pola alcantarilla. Estas bases de adhesión son demasiados xenéricas e nos desvinculan do proxecto. Alucino.

Anónimo dijo...

Ah, guay...
Non é necesario ter o título de Dinamizador da S.I.?
Pois a ver que pasa, porque os Concellos son capaces de meter a quen lles dea a gana.

Anónimo dijo...

Home, eu creo que si imos traballar baixo o mandato da Fundación, tendo un patrón de traballo similar ao que estamos levando non creo que lles compense meter a outra persoa que non ten nin papa de que vai o asunto. Ademáis tamén hai que ter certa experiencia non?. Non creo que estas bases sexan para desvincularnos nin para botarnos nin nada polo estilo. Este Venres hai que ir a Santiago e que o comité nos informe. A parte disto estaría ben unha xuntanza con Covadonga ou alguén que nos explique algo.....

Anónimo dijo...

A metade dos concellos quedarán "desertos"; confirmase que ten que haber "concurso público" en todos, e a ver quen vai ir ao medio do monte por media xornada. Os que teñan meritos en vez de oposición decidiranse (para variar) na fase de entrevista, decantándose para o lado que teña mais "voltios"...

De todos modos.. ¿acaso non foi sempre así? Porque transparencia o que se dí transparencia nunca a houbo, dende as listas de puntuaxe sen exame, ata as ubicación a dedo, sen criterios de proximidade nin de ningún tipo...

Sinceramente non comprendo como nos "desvinculan" a nos do proxecto antes que a algunha en Santiago

Anónimo dijo...

Falades antes de tempo

Anónimo dijo...

Creo que deberiamos ir a reunión de Santiago para informarnos e logo opinar.

Anónimo dijo...

A reunión do próximo venres é super importante. É Imprescindible que vaiamos todos e que sexamos unidos.

Anónimo dijo...

A convocatoria é bastante aberta, penso que presentarase bastante xente, e no pero dos casos a "prima" ou o "irmán" do alcalde, a ver como remata esto.

Anónimo dijo...

Tedes que ter en conta que as persoas que se presenten teñen que ter experiencia e creo que sendo unha figura nova non ha moita xente que a teña. Pensade taménque para a contratación as persoas que estaŕan nese xurado serán un traballador do Concello, unha persoa da Fundación e un funcionario da Xunta.

Anónimo dijo...

e os que agora non podemos presentarnos pq quitaron a titulación de grado medio, que antes si valia, e calquera titulación da xestión administrativa

Anónimo dijo...

Como sabedes quen vai estar de xurado?
Aquí a xente xoga con moita información que o resto descoñecemos. A non ser que ese comentario veña da Fundación ou coordinación, Carme ao mellor?

Anónimo dijo...

De todos modos segue sendo pouco xusto, a xente que teña que optar a unha nova entidade, tera o hándicap, no caso dun concurso de méritos, fronte @ dinamizador/ra que estive na praza, de non ser "coñecido". Partindo dunha situación de igualdade as diferencias nestes concursos as marca algo tan subxetivo como é unha fase de entrevista persoal, onde resultan beneficiados (na meirande parte dos casos) os que teñan algun tipo de "influencia" na entidade, ben por "voltios" como dician ahi atrás ou ben porque levas traballando ali tempo.

Canta xente ten que renunciar ó seu posto pola media xornada?

Anónimo dijo...

Eu pensei xusto o mesmo que o comentario anterior.
Dende coordinación nin se dignaron en informarnos de que xa comezaron os trámites cos concellos, se non chega a ser por algúns compañeiros non saberíamos absolutamente nada sobre o que está a pasar. Unha vez máis se confirma a des-coordinación que sempre existiu

Anónimo dijo...

Na reunión do venres temome que só irán os de sempre. Unha mágoa que en tempos díficiles a maioría mire cara o outro lado. E despois claro, veñen as lágrimas, as penas, os lamentos e os malos comentarios neste blog.

Anónimo dijo...

Calquera traballa vendo como está o panorama

Anónimo dijo...

Home, a esta xuntanza do venres iremos case todos, menos os que por forza maior non poidan, pero é unha xuntanza convocada polo Comité de empresa que son os que agora teñen que dar a cara por todos nós, máis que dar a cara, son os que nos teñen que informar en todo momento, e porque non, dar cara tamén claro. Eu espero que este venres salgamos ben informados porque si non para que carallo queremos o comité.... Son moitas as dúbidas e preguntas que temos e teñen que ter respostas, si non nunca conseguiremos a unión desexada. Vacacións, finikitos ou non, que si media xornada,.... tela

Anónimo dijo...

Alguén sabe cantos días de asuntos propios podemos pedir, 2 ou 3?

Anónimo dijo...

O último post deixa claro que moit@s de nós nin sequera sabe os dereitos que como traballador/a lle corresponde. Así nos vai, coa incertidumbre de que vai pasar. Unha cousiña, os que non van á reunión para evitar problemas có Concello que non veña logo queixandose do trato que lle dan. Tempo ao tempo.

Anónimo dijo...

Perdoa sabi@. Non é que non coñezamos os nosos dereitos, pero a día 4 de maio pódese presentar esa dúbida, quizais en vez de criticar poderías iluminar coa túa sabiduría e contestar a esa pregunta, ademais de sacar a túa bola máxica e ver o noso futuro

Anónimo dijo...

Pensar que a estas alturas aínda hai xente que non sabe o que por para quentar os ánimos dos demais é unha vergoña.
Que poñas que a xente que non vaia á reunión non veña a queixarse, ademais dunha ameaza, paréceme dun mal gusto impresionante.
Eu, persoalmente irei, porque me apetece e me interesa, pero non estou para cuestionar os motivos dos demais nin para recriminar si coñecen ou non os dereitos como traballadores.
Coido que nos corresponden dous días e medio por asuntos propios

Anónimo dijo...

(Que poñas que a xente que non vaia á reunión non veña a queixarse, ademais dunha ameaza, paréceme dun mal gusto impresionante.) Tes moita razón, quizáis non debería de habelo escrito desa maneira. Disculpas a quen se sentiu ofendido.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo