Nestes últimos días teñen pasado bastantes cousas, das que, coma sempre, nos enteramos grazas a algún enlace que comparte a pouca información que ten, moitas veces, coa ilusión de que nós poidamos pagarlle coa mesma moeda... e que máis quixéramos.
En resumo, e ata onde nós sabemos, a Fundación mandou unha serie de documentación ás entidades para adherirse á rede CeMIT, onde introduce unha serie de requisitos e condicións a cumprir tanto pola entidade como polo axente TIC, que debemos ser nós.
Destacan feitos como que nos concellos de menos de 5000 habitantes, o axente TIC estará a media xornada, que as entidades terán que sacar unha convocatoria para collernos, con todos os problemas que de aí se derivan. @s dinamizador@s que están lonxe da casa, quererán presentarse, e con todo o dereito do mundo, en entidades que lle sexan máis próximas, por non falarmos de antig@s compañeir@s nos@s que poderían presentarse tamén. Tod@s sabemos como son estas convocatorias, así que o noso consello, por triste que pareza, é que vaiades facendo a rosca nas vosas entidades, o noso futuro está nas súas mans.
Compre destacar que nesa documentación, aquel que non a teña e queira recibila non ten máis que pedírnola por correo electrónico, atopamos unha ausencia xa que se nos prometera a subrogación do noso contrato, é dicir que se conserven todos os dereitos que fomos acumulando neste tempo. Desta promesa non atopamos nin media verba na documentación recibida polas entidades.
Estes son os motivos polos que o noso comité pretende xuntarnos e explicarnos como está a situación a día de hoxe, sobra dicir que esta xuntanza é do interese de tod@s nós.
E para isto quixera facer un chamamento á nosa unidade, a única arma que temos, obviamente podemos ter diversos puntos de vista, que haberá que pór enriba da mesa e debatir. Pero o importante, o que pode asustar, é que as decisións que tomemos sexan comúns a tod@s independentemente do esforzo que nos poida costar chegar a puntos de encontro, por que como reza o título do artigo a unión fai a forza.
E para iso non está de máis sinalar que, como xa se ten probado, algúns comentarios non buscan máis que o contrario, dividirnos, faltarnos ó respeto, e desviar a nosa atención do importante. Claramente non pertencen ó noso colectivo, non teñen as nosas inquedanzas e polo tanto non pintan nada, por desgracia nada se pode facer para controlar quenes son, agás o noso sentido crítico.
Ánimo para tod@s que nestes tempos que corren boa falta fan.
miércoles, 5 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
49 comentarios:
Totalmente de acordo. Agora é cando temos que estar máis unidos ca nunca. As bases recividas polas entidades son unha clara falta de respeto o traballo que fixemos durante estes tres anos e medio.
Pero ¿sábese se esa documentación de adhesión foi enviada só ás entidades da antiga Rede de Dinamización ou tamén se mandaría a outros concellos que puidesen estar interesados? Isto suporía máis opcións para tod@s. Para nós, e para xente nova que se puidese sumar.
Polo demáis vexo todo que todo é un batiburrillo e que se non é por este blog non me tería enterado de nada do que está acontecendo. Alucinante
¿e nas aulas que son propias da Fundación e non hai nin nunca houbo convenio co concello que pasará? ¿Contratarán o/a dinamizador/a pola Fundación? hai moitas cousas no aire, porque son algunhas as aulas
Novos contratos = novo concurso
Non se pode contratar "a dedo"
Compañeir@, non se "deve" contratar a dedo agora que non se poida e outra cousa moi distinta.
Poder se pode, igual que se pode denunciar
Está máis que claro que os concellos van meter o enchufadito ou enchufadita de turno.... tempo o tempo...
Pensemos un pouco. Levamos tres anos e medio traballando nos centros. Nos fumos os que fixemos durante todo este tempo que funcionaran a pesar das numerosas dificultades con que nos atopamos. O enchufismo existe,iso non o vou negar. Pero tamén hay que pensar que temos a formación e a experiencia adecuada para continuar no proxecto. " Os enchufaditos de turno" tamén a van ter que demostrar se non ten razón o compañeiro só cabe denunciar.
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/01/politica/cig-pide-dimision-javier-guerra/2010050118570000538.html
Ogallá nos vexamos tod@ esta tarde
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=374043
Unha tras outra
Se despiden a Javier Guerra será despido nulo? (Ironía).
Os dinamizadores temos qeu ser unidos. Os de coordinacion ja estan ben jodidos, e nos temos q mirar polos nosos postos de traballo,que eles non o van a faser. Xa sabemos o que temos que faser asi que todos xuntos loitaremos polo que e noso. non imos permitir que os que teñen voltios se queden cos nosos traballos
http://www.galizacig.com/avantar/novas/10-5-2010/novo-peche-na-fundacion-para-a-calidade-industrial-para-den
Coma se o "enchufismo" fose unha nova "variable" no escenario.. non nos lembramos de postos sen concurso, concursos sen concursantes, adxudicacións dudosas, execucións inexistentes, favores políticos e pagamentos do mesmo tipo, tanto arriba como abaixo, enchufismo xa o había, e só hai que ver como lles luce a uns e como lles luce a outros...
Quitar enchufados e meter outros, ainda que asi fose, mais se perdeu en Cuba.
Co de enchufismo e postos sen concurso falarás de ti, imaxino. Por que o resto imos a polo 3º concurso.
O resto? algúns/has dirás
E sí, falo por min e polos demáis, que transparencia o que se dí transparencia nunca a houbo. ¿Onde estiveche os ultimos anos?
Se o teu posto foi sen participar en ningún concurso hai pouco máis que engadir.
alguénn sabe como vai o dos concellos? e dicer avisarannos cunha listaxe dos concellos que entran na rede cemit, datas das probas dos concellos ou temos que estar pendentes nos?
Avisarannos conforme nos levan avisado ata agora de todos os pasos que van dando. Despois de tanto tempo xa deberiamos coñecer a súa forma de actuar
O único claro clariño é que os únicos que se estiveron movendo para defendernos dende o principio foi a CIG. A ver os demais, onde están as denuncias e demais? A CIG acaba de conseguir que tres despedidos foran readmitidos, recoñecendo que era cesión ilegal, e polo tanto agora son traballadores da Xunta oficialmente, ata que se convoquen as oposicións correspondentes. E aínda houbo quen acusou á CIG de moverse por intereses... e sí que era verdade, móvense polo interese dos traballadores e non como outros.
Que sindicato se move por interese dos traballadores? baixa da nube,fai moito tempo que ningún. E sobre o que dis penso que UGT tamen se personou no proceso.
Deixade de publicar comentarios neste foro, non nos beneficia
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/05/13/0003_8479810.htm
Alguén sabe se continuamos en xuño ou non?
Dame a min que ninguén sabe nada. Persoalmente penso que non estaremos, pero hoxe é día 20 e seguimos igual que fai un mes
Seguramente non estaremos. pero alguén ten máis información do das convocatorias das entidades?. Reciviron outro borrardor ou as cousas siguen igual
Ola a tod@s, alguen sabe se acabamos o 31 de maio ou seguimos.Penso que a estas alturas deberiamolo saber, por nós e tamen polos usuarios , non creedes. Se a alguen lle comentaron algo que o diga. O proximo martes temos que vir a traballar ou non. Esta incertudume é moi angustiosa polo menos para min. Un saúdo
cando nos teñen pensado avisar, porque nos avisaran verdade?
Mentres que non teñamos ningun aviso teremos que ir a traballar
O 1 de Xuño comezamos horario de verán. Disfrutádeo ao máximo porque seguramente tan só teñamos este mes. Ánimo compis
A min no concello dixéronme que o 31 remataba, pero da Rede seguimos sen saber nada.
Igual mandaron os avisos por palomas mensaxeiras...
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/04/29/0003_8450140.htm
Chegoulle a alguén a nómina?
A min non, pero aínda pode chegar mañá
A min ingresáronme o aguinaldo pero non me chegou a nómina
Dis que ingresaron a extra? Completa? Iso serían boas novas!!
Tí si que estás "extra"
Xa sei que é algo surrealista, pero alguén falou ou tivo novas de algunha de descoordinación? jajaja, estas son tremendas, como a rascan
A min dame que estes non teñen nin puta idea de que carallo facer . Non sei se será por problemas de recibir os cartos de europa, se ven indicios de ilegalidade cos despedimentos ou pola operatividade da rede. Pero se o tuveran claro, xa estaríamos no inem hai ben de meses .
E aínda por riba a capitán coviña non solta prenda ....
Un saudiño compis
Correo de Covadonga para animarnos o finde!!!!!!!!
É bastante lamentable que o único sindicato que esté movilizándose para defendernos sexa a CIG. ¿Qué pasa cos demais? Aínda que o lóxico é que pasen de todo co pasotismo que hai...
Non teño nin idea do que fixo a CIG por nós.
Alguén ten a mínima idea de canto tempo nos queda??
Como mínimo 15 días
Comeza a conta atrás
Como mínimo 15 días desde que nos avisen.
Polo menos que rematemos o mes pra ter un par de meses mais de subsidio
Cando rematará este pesadelo?. Non creo que haxa moitas empresas privades que xoguen tanto a desinformación como esta que é "pública"
ou polo menos enviache o despido oficial e listo, non anda as agochadas: agora si, agora non, a ver se adiviñas cal é a boa!
Publicar un comentario