jueves, 29 de mayo de 2008

A teoria de "Te lo dije" Windows 7

Primeiro foi o Software para o Altair, logo o MS-DOS, mais tarde os Windows 3.0, 3.1 e 3.11 esta e a base.

Mais tarde Windows 95, 98, NT ,Millenium e 2000.

Ata aquí quería chegar eu. Cantos de vos amig@s meus vos acordades do WindowsNT? E do Millenium? Si home si, non recordades o Windows Millenium, un dos mais publicitados e peores fracasos de Microsoft. Eu tíñao no meu Acer ala polo ano 2000.

Que tempos, recordo as noticias de internet, periódicos e televisión. Dicían que Microsoft estaba acabada, que este sistema era o peor fiasco do mundo, que nos tomaban os usuarios por tontos. En xeral o de sempre, e o final coláronnola a todos. Aínda que pouca xente mercara este "famoso" sistema operativo, colábancho dentro dos PC's de serie, e o que facía todo o mundo e pasarse o Windows 98 Second Edition (porque a primeira edición foi tamén outra tomada de pelo) ou o Windows 2000 que por aquel entonces xa estaba bastante asentado na sociedade e no Hardware da época.

Ata que un 25 de Outubro de 2001 saeu o WindowsXP e todo o mundo flipou con el e segue flipando ata o dia de hoxe.

Agora pensade na actualidade, non vos soa esta historia? Un sistema operativo que e o peor do peor, que se publicita hasta o asco e que se vende de serie con todos os ordenadores, tanto portátiles como de mesa. Todo o mundo baticina o fin de Microsoft, todos piden a cabeza de neste caso Steve Ballmer (sucesor de Bill Gates), e cando pensamos que todo esta perdido, que o software privativo esta acabado, e o libre pode por fin voar, Microsoft sacase o seu As da manga, un as que tiña gardado dende fai moito, igual que fixo con XP despois de Millenium, igual que fixo con 2000 despois de NT, e igual que fixo con 98 segunda edición despois da primeira. Supoño que a ninguén pillara de sorpresa pero aquí esta Windows 7.


O espero digno sucesor de Vista, comezou a pensarse despois da creación do XP, pero coma sempre pasa con Microsoft non podían esperar oito anos para seguir colleitando millóns. Entre mentres este sistema non saia a luz, sacaron o Vista, e coma en todas as ocasións anteriores, foi un asco, o que non di que o Windows7 vaia a ser o puto mellor, pero a xente botarase a el coma abellas sobre a mel buscando unha saída o Vista, e Bum mais millóns o canto, todos os que pasaron o Vista a XP nos seus ordenadores pasarano a Windows7 e xa esta. Repetirase unha historia que dentro do mundo dos ordenadores leva ocorrendo toda a vida.


"Si es que te lo dije, que no compraras un ordenador ahora que es mala época, que es de tontos, espera un poco y lo compras con un Sistema Operativo decente, que te compras cualquier cosa con tal de que te regalen un uesebes que pareces tonto, que al final te mereces que te pasen estas cosas, te lo dije si es que te lo dije"

viernes, 23 de mayo de 2008

Cienciologia contra Pontevedres

La Iglesia de la Cienciología pide prisión para un joven de Mos por amenazas en Internet

Para flipar, eu non sei vos, pero cando estou nun obradoiro, séa cal séa e entramos en internet para algo, digo sempre, insisto moitísimo:

-"Cando se anda en internet, tendes que ser sempre respetuosos, nunca insultar, porque nunca sabedes a quen podedes ofender"

-"Cando mandedes un correo tende moito coidado, non facer coñas con cousas de Bin Laden e amenzas terroristas, non xoguedes con iso porque o dia menos pensado mandades un correo e aparécevos o FBI na porta da casa"

-"O anonimato que ofrece internet e solo suposto, porque se fas algo desde a túa casa, xa estas escarallado, porque teñen os datos da túa liña telefónica, se fas algo desde unha conta de correo aínda que estea rexistrada con un nome falso podente encontrar igual que os tipos non se chupan o dedo"

-"Non insultedes en foros ou Chats, que o dia menos pensado un medio Hacker vingase de vos e quedastedes sen ordenador"


Este tipo de frases repetídeas sempre que deades un obradoiro con algo de Internet, sobre todo ós peques, porque se pensan que todo e moi sinxelo e poden meterse en follons moi malos.
Para mostra o raparigo de Mos.

Bo fin de semana a todos.

jueves, 8 de mayo de 2008

Opinion compartida sobre Ubuntu

Gracias a colaboracion anonima de algun dos nosos compañeiros dinamizadores, topeime en internet con un colectivo de persoas que o igual que alguns de nos non estan moi combencidas de Ubuntu, NoUbuntu.org non podo decir que comparta o 100% os seus ideais sobre o que teñen que ser Linux e os seus usuarios, pero dinme conta que non son o unico becho raro. Decir tamen que Ubuntu ten cousas que estan ben, asi que vou comezar por hai.

Que me gusta de Ubuntu, en principio e facil de instalar, os drivers van moi ben, e o software en xeral que tre temen esta moi ben. Actualizase cada pouco (arma de doble filo) e parece estar moi aceptado pola comunidade.

Que non me gusta, o primeiro a sua filosofia, porque o de "Linux para seres humanos" non mo creo. Porque Ubuntu e unha das distros Linux mais usadas? Simple e claramente pola pasta que esta detras, publicidade e mais publicidade, cousas que se escapa da filosofia xeral das outras distros de ser mellores non polo marketing senon polo seu contido.
Non me gusta a sua filosofia porque o que fai e utilizar sen ningun escrupulo a comunidade de Devian, baseando todos os seus avances en avances de Devian.
Utiliza tamen a filosofia de son mellor porque son mais bonito.
E unha pequena cousa que non me gusta, que se actualiza cada moi pouco, o que indica que as versions alfa definitivas que saca non estan moi ben testeadas.

Publicidade a esgalla, copia indiscriminada e bonito de mirar. Recordame demasiado a Windows. Todos sabemos que por esta filosofia conseguese o exito seguro, pero dame que Richar Stallman non querria que algo asi se asiciase o nome de GNU/Linux. Por certo mentres estou a escribir esto estou lendo artigos sobre Canonical a empresa que leva Ubuntu, recomendovos o da Wikipedia, mola saber onde ten a sede esta empresa.

Agora alguen pensara, "este individuo di non a Ubuntu por fastidiar, porque e o que usan os da Conselleria" pois non amigos meus, esto non e verdade porque ainda que sea o que se pon nos ordenadores dos centros con Wimax, na Cordinacion non usan Ubuntu.

Agora vou poñer unha listiña de distros que compiten con Ubuntu en sinxeleza e en calidade (e incluso o superan):

Linux Mint Precioso o seu eslogan.
Mandriva Cumple 10 anos.
Knoppix Version live CD
OpenSuse Encantame
Fedora Ten o nome mais desafortunado.

Quedome con estas porque penso que son das mais sinxelas, pero recordade que temos moitas mais, e que o verdadeiro poder do Sofware Libre e a sua variedade de opcions para elexir.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo