miércoles, 30 de junio de 2010

E...

E que saiba todo o mundo que sen Rede de Dinamización antes, agora a Rede CeMIT non existiría, xa que é unha continuación da obra que hoxe "remata" total e absoluta, dígase o que se diga.
Que se saiba tamén que os e as dinamizadores da sociedade da información SOMOS OS QUE SOMOS, con experiencia, por anos demostrable, formación, ilusión e traballo ben feito, e se agora a nova Xunta decide botarnos á rúa con non sei cantas xustificacións falsas e absurdas peor para ela.... ai non, perdón, para ela non. Peor para toda a xentiña que comezou e se ilusionou con nós e gracias a nós, e o digo así de claro, polas novas tecnoloxías. Sí, “as novas tecnoloxías” esas verbas que enchen as bocas de moit@s políticos cando falan de avance, de benestar, de modernidade e bla bla bla pero, que se saiba tamén que, á hora da verdade, Galicia segue á coliña en igualdade de condicións no acceso á sociedade da información e o feito de que hoxe boten o peche moitos centros aos que ían moitas persoas a formarse, consultar e aprender, flaco favor vai facer a todo este asunto.
Vivimos nun pais contradictorio onde grandes proxectos coma o da Rede de Dinamización poden xurdir pero despois non hai o sentido común, a lóxica, de acollelos, mantelos, respetalos e mimalos, estivera a súa orixe nesta ou noutra ideoloxía.
A mala caste política nos leva por determinados camiños que temos que ir superando como poidamos. Xa veremos como superamos todo isto, pero que saiban @s que se cren que o saben todo e que cren que están por riba de todo, que saiban que, NIN saben tanto NIN están por riba de ninguén. E que saiban que imos loitar polo que consideremos xusto, porque neste pais de Castelao, xa son horas. E se afundimos, afundimos tocando, como xa fixeron outros.
Unha aperta!

viernes, 4 de junio de 2010

Cantigas dun/ha dinamiza.

Un día máis no fío da navalla
outra semana sen informaciòn
mentres, ti xa sabes, traballa
e que non falte a educación.

"Ti non te preocupes por nada
segue a traballar
pode ser a última xornada
non sexas lacazán".

Coordinación non sabe nada
e o reclama con devoción
mira que es despistada
que sabes da adhesión.

Non saber nada
e ter pouca información
de aquí a Granada
distintas cousas son.

Se pretenden motivar
non precisamos a Duró
que informen do que vai pasar,
o resultado será mellor.

Se non sabes nada do teu futuro
e o pouco que sabes non mola
terás que poñerte duro
ou usar a táctica "Si, Cova".

Proceso tras proceso
selección tras selección
búscase o dinamiza a dedo
vai collendo posición.

Se es dinamizador malo
poderás ser transparente
"eu gañei o meu traballo
¿faría o mesmo a xerente?"

Sobriños, amigos, curmás
ó final é o de sempre
uns matándose a traballar
e outras de xerente.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo