viernes, 29 de febrero de 2008

Predicador Anti-Nintendo

Hola amigos e amigas dinamizadores, sabedes que a nosa principal funcion neste traballo e levar a Sociedade da Informacion e as novas tecnoloxias as xentes de Galicia, educalos e levalos polo bo camiño, para que non se deixen enganar, para que sepan o que fan cando se conectan a Internet, para que perdan ese medo a utilizar un ordenador ou a propia Internet.

Pois mirade vos que xa facia tempo que buscaba este video, podedes flipar coa incultura, a falta de miras e a psico-manipulacion relixiosa que pode facer unha persoa.



Tendo en conta esto as persoas coma min deverian levar como minimo unha decada mortas, devo ter superpoderes ou algo asi.
Dentro de todo o se fala neste video, tendo en conta que chama "Nintendo" os videoxogos en xeral e que a noticia que saca sobre o tema de Poquemon pon claramente Carton TV (nada de videoxogo), nunha cousa si que lle dou a razon, os videoxogos son o Demo, estan feitos para o mal, e senon solo hai que mirar estos que salen ahora se ata hai un Sing Star con Bisball, eso si que e malvado, pero onde imos parar, se hai xogos de Bob Esponja, meu deus.

Ala amigos, vos veredes o que facedes, pero dende logo, caso e este espero que non.

miércoles, 27 de febrero de 2008

Premio do concurso. Camiseta

Aqui a tedes, a orixinal, unica e inimitable CAMISETA DO DINAMIZADORX. Non esta a venda en tendas (nin en tendas nin en ningures), garantia de autenticidade made in Galicia. Se ves a alguen por hai con ela posta non fai falta que preguntes, porque sera a persoa gañadora do noso concurso.




Pulsa nas imaxes para agrandalas.

O DinamizadorX non ser responsabiliza dos posibles ataques epilepticos provocados polos fondos psicodelicos das fotografias.

Nova Cabeceira do Blog

Aqui a tendes, a nova cabeceira, xa tardaba.
Espero que vos guste a todos.

lunes, 25 de febrero de 2008

Microsoft achégase ao software libre

Pois que mellor que comezar a semana coa nova sorpresa que saltou o día do noso aniversario no mundo do software libre.
E é que podemos ler na rede, en diferentes medios, que Microsoft anunciou medidas dirixidas a achegarse ao código aberto. Falan incluso das Office.
Nós sempre pensamos que a Microsoft so lle moven os cartos, e seguimos pensando o mesmo, se realmente van a abrir código dos seus programas é por que xa non lles será rentable ante a competencia de software libre.
Cústanos moito crer que o gran defensor do software privativo se quera pasar agora ao software libre se non é por motivos económicos, que é o que sempre lle moveu.
Co cal nos vemos isto como un gran triunfo do software libre, que pasiño a pasiño, vai coméndolle o terreo ao software privativo, aínda queda moito, pero estes pequenos pasos indican que se vai no camiño correcto.
Así que con esta boa nova no mundo do software inauguramos esta primeira semana do noso segundo ano de vida.
Por certo, que saibades que xa nos chegou algún que outro logo, así que xa podedes ir afinando, que aínda que quede tempo, @s nos@s compañeiros vanse apurando. Sorte a tod@s e saúdos.

viernes, 22 de febrero de 2008

¡¡ UN ANO !!

Pois como ben din, a dama e o dinamizador X hoxe estamos de aniversario, precisamente o 22 de febreiro do ano pasado inaugurouse oficialmente este blog, e iso que parece que foi onte.
E para celebralo e en xesto de agradecemento a tod@s vós, que nos ledes, que comentades, que nos mandades ideas, decidimos estirarnos e sortear unha camiseta do dinamizador X.

E como non podía ser doutro xeito o concurso tiña que ter algo que ver co noso marabilloso logo, non esquezades que precisamente os logos parecidos ao da Rede tiveron moito que ver no noso debut, case podiamos dicir que foron a primeira tira cómica.
E tras outras dezanove tiras e mais de oito mil visitas pasou un ano enteiro, onde intentamos ser un espazo plural onde puidérades expresarvos de xeito anónimo (ou non) con total liberdade, coma facemos nós.
Porque tanto a Rede como este blog non sería nada sen tod@s @s dinamizadores que estades día tras día alfabetizando a poboación quixeramos darvos as gracias por este ano de vida.
E eu personalmente, darlle as gracias ao dinamizador X por brindarme a oportunidade de colaborar neste creativo blog, e facerme pasar tan bos ratos, a dinamización non sería a mesma sen o teu humor.
Moitísimas felicidades... e que sexan moitos mais.

O Primeiro Aniversario

Quen o diría amigos e amigas dinamizadores, como di a Dama do Castro o tempo voa, e xa pasou un ano.

Non sei se recordaredes todos aquela mañá do 22 de Febreiro de 2007, cando vos chegou un estraño correo con uns logos aínda mais estraños.

Parece mentira, levo esperando este dia dende fai un mes, agora non sei que facer nin que escribir. Polo de pronto temos o concurso, iso si que e unha boa iniciativa, e a camiseta de premio e o mellor do mellor, non porque a deseñara eu. Xa veredes as fotos.

Durante a semana iremos poñendo artigos dos serios (dos de Casper e a Dama) paridas (das miñas) e todo o que vos esteades dispostos a mandarnos, artigos, imaxes.... o que vos dea a gana. Sabedes que a nos o que nos gusta e a liberdade de expresión.

Bueno rapaces, invítovos a todos a participar, tanto no concurso como en todas as cousas que poñamos esta semana. E agradecervos a todos os que pasades por este Blog, que o sigades visitando aínda que esta comprobado que de nos non se aprende nada, bueno dos demais aínda algo pero de min nadiña. E agradecerlle sobre todo a Casper (sen el este blog nunca existiría) e a Dama do Castro (a primeira fan oficial das tiras cómicas) a súa coparticipación, a Langhran o que lle digo e que cando curre e faga algo no blog farei unha personaxe súa para as tiras cómicas.

Sen mais gracias a todos.

jueves, 21 de febrero de 2008

O CONCURSO DO DINAMIZADORX

A éste blog, para ser a repera limonera, só lle faltaba un concurso, e aquí o temos.
O primeiro concurso do Dinamizador x, convocado co ilustre motivo de festexar os fastos do noso primeiro aniversario. Si amigas e amigos, o tempo voa, e cando nos pregunten, xa podemos levantar o dediño coma fan os pequerrechos. (o íiindice, malpensad@s!)
Se vos apetece e queredes gañar unha fantabulosa camiseta do dinamizador x, repito, unha fantabulosa , super- hiper- mega exclusiva camiseta que te cagas, non dubidedes en participar.
O que tendes que facer é moi sinxelo. Supoño que todas e todos coñeceredes o noso benquerido logo, ese símbolo que nos acompaña no noso quefacer diario e só nos falta levar estampado na fronte, ou tatuado nunha cacha, para sentirnos dinamizadoras e dinamizadores 100%.
Vamos, coma a tenreira galega, "dinamizadores de Galicia, dinamizadores de calidade; rexeite imitacións".
Ben, pois anque a nosa querida man abstracta, suxeitando un rato inexistente é única, dende o dinamizador x, pensamos que non é inimitable, e niso consiste o concurso. Queremos que nos enviedes outros logotipos o máis semellantes posible ao noso. Bueno a ver!, polo menos que teña unha man de protagonista, tampouco vos matedes.
O caso é que o logo que máis se asemelle ao noso será o que gañe ésta competición.
Buscade por ahí, por onde se vos ocorra, pero participade, mirade que a camiseta merece a pena, non é calquera cousa; digamos que formará parte dunha edición extralimitada, porque, sexamos sinceros, non é que no dinamizador X andemos moi bollantes.
Pois ala, mandade os vosos descubrimentos a: damadocastro@gmail.com, o prazo de admisión remata... de hoxe nun mes.
SORTE A TODAS E TODOS!!

martes, 19 de febrero de 2008

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 19 - As Visitas as Entidades.









Pulsa na imaxe para agrandala

jueves, 7 de febrero de 2008

Peche de enquisa.

Por votacion popular vou dar por finalizada a enquisa sobre que e o que opinas do Blog.

A mellor conclusion que saco eu desta enquisa non e que o 47.8 % das persoas que opinaron digan que lles "Mola a dolor", senon que a un aplastante 0% opina que "Deberia darche vergonza".














Gustame comprovar que a peña dentro do que cabe esta a fabor deste Blog.

E agora e o momento dunha nova enquisa.

E por votacion popular, e por varios Correos que me mandaron, o novo tema sera.

Os Horarios.

Son correctos, non o son, dache igual, ti pasas de horarios.
Tendo en conta que agora somos 100 conto cos novos para participar desta enquisa.

Falando dos novos, valgame o ceo, se nos queixamos nós que faran eles, que o seu horario tamen e para que a sua vida social se bote a chorar, de 12 a 14 e de 16 a 21. E todos os dias. Espero que lles guste comer de menú do dia porque é o que lles espera a moitos, ainda que se saen as 14 dalles tempo a mirar os Simpsons e eso e unha vantaxe.

Dito todo esto, espero que participedes, que esta enquisa pode dar moito de que falar.
Gracias a todos e a votar.

viernes, 1 de febrero de 2008

Software libre en Rusia e Francia

A nova publicada onte polo diario elmundo.es chamounos a atención.
O caso é que Rusia vai migrar o software propietario dos colexios a software libre, e o fará, ou iso di o ministro de telecomunicacións de Rusia, entre este ano q o que ven.
Como comprenderedes a nova pensamos que é positiva, ogallá aquí se fixera o mesmo, pero coma sempre seremos os últimos.
O que nos chama a atención foi a orixe desta interesante iniciativa.
Un mestre dun afastado colexio ruso foi multado con 200 € por piratear o sistema operativo Windows. Foi o primeiro litixio deste tipo que teñen en Rusia, e polo que se ve vai ser o último, xa que o goberno rapidamente tomou a medida que coidamos mais sensata.
Esta mesma nova destaca que a Xendarmería francesa tamén vai migrar os seus sistemas informáticos a Ubuntu, aínda que mais a modiño que en Rusia, agardan finalizar a migración no 2014, o fan por tres poderosas razóns:

- diversifica-los seus proveedores ( non depender so dunha multinacional)
- te-lo control absoluto sobre a súa ferramenta informática
- o seu menor coste

Pouco a pouco os diferentes países van migrando os seus sistemas cara o software libre, por algo ha de ser...

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo