martes, 27 de febrero de 2007

Xornadas Linux

Polo que nos veñen dicindo dende o comezo un dos nosos obxectivos é a promoción do software libre. Pois o vindeiro mes de marzo teñen lugar unhas xornadas para aqueles que queiran iniciarse en Linux organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.
A verdade é que teñen moi boa pinta, o malo é que será en horario laboral, co cal moitos non poderedes ir, aínda así aconsellamos ós dinamizadores que residan preto de Santiago que asistan ós obradoiros que lles sexa posible.
Se sabedes como podemos conseguir os temarios facédeo saber xa que son moi interesantes e poderiamos tomalos como actividades, do mesmo xeito se algún de vos acude a algún obradorio e saca ideas para levar a cabo que, por favor, nolas faga chegar.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo