miércoles, 10 de octubre de 2007

Comas sempre o de sempre

Vueno xente, como andamos, que tal esas vacacions obrigadas. Espero que ben.

Supoño que todos vos o saberedes, porque o que non o veu no correo chamariano. Lalalala temos que volver a mandar de novo a solicitude da nova fase a Fundación.
Coma sempre o de sempre, recordades cando eu era dos poucos que tiñan verdaderia fe en que esto non seria moi longo, de que se darian presa para que puideramos volver canto antes os nosos traballos, pois cada vez teño menos fe en eles e en toda a raza humana (a terceira raza mais intelixente do planeta, a segunda son os delfins).

Recordade que tendes que mardar todo ben cuberto, pero non tendes que entregar documentacion, que supostamente xa a teñen (se xa a teñen porque piden de novo esto), e outra foto, certamente creo que piden todo porque lles fan falta duas fotos e dalles vergoña pedilas.

Facendo un analisis asi a bote pronto:
A combocatoria saleu o dia 5 e remata o 15.
Sumamos 5 dias para reclamar, imos dar o 20 que cadra en sabado asi que poremos o 22.
Para que todo saia ben teran que facer toooooodo o papeleo e as entrevistas nesa samana e media.
Admitense apostas, comezaremos o dia 1, ou polo contrario comezaremos cando San Xoan baixe o dedo.

Polo que a min respecta, ferveme o cu, estou esperando coma o cego pola vista para poder volver a traballar de novo. Ainda que sone raro, prefiro aturar as preguntas pateticas dos alumnos a non facer nada, aburrome coma unha ostia.

Vueno volvo o de antes, que esto remate pronto para ben e que vos vaia bonito mentre esperades.

53 comentarios:

Anónimo dijo...

Perdoa pero equivocácheste xa que a convocatoria saeu o día 6 e comeza a contar dende o día seguinte ó da publicación, é dicir dende o día 7 así que teremos prazo ata o 17 e por certo antes das entrevistas teñen que facer e corrixir os exames de galego para os que non teñan o título de perfeccionamento. Polo tanto a esperar con paciencia que é o que nos queda.

dama do castro dijo...

Que puido pasar para que tivesen que publicar de novo a convocatoria? porque moi normal non é.
Dinamizador x, xa podes ir buscando algo para non aburrirte; puzles, calceta, excursións,cociña,limpar a casa,sair cos amig@s,alfarería, punto de cruz, facer o camiño de santiago....dende roncesvalles.
Ti mesmo, que hai onde escoller!!
E o dos exames de galego? ai mimadriña!

Dinamizador X dijo...

Flipante, si e o que digo sempre.
Un detalle, non habia que ter o titulo de perfecionamento para poder participar de esta beca, supostamente todos os dinamizadores o temos de antes de facer esto.
Para quen son esos exames, supostamente solo poden entrar dinamizadores e esta nova fase.
AIAIAIAIAI vaime dar a risa.

Anónimo dijo...

Non para entrar na bolsa con ter o de iniciación xa estaba mentras que agora esixen o de perfeccionamento polo que teñen que facer o exame os que non o teñen.

Anónimo dijo...

Ola, son unha persoa externa a este proxecto pero implicada por outros motivos e que coñezo algo os motivos polo que todo foi dando para vós, xiros estranos e retrasos inesperados.

Nesta primeira entrega so vos adiantarei que ainda que tendes razóns para estar molestos ca consellería por tardar e non dar explicacións máis claras, sei de primeira man que os problemas viñeron a raíz de outras partes implicadas no proceso de contratación e renovación dos vosos postos, os cales aclararei na segunda entrega.

Con esto vos digo que a primeira intención sempre da consellería era a que vos xa sabiades, primeiro beca e despois contratación concello+xunta, o primeiro paso funcionou, pero co segundo existiron problemas de tipo legal e impedimentos por parte de alguns... pero esto vai na segunda entrega.

Por todo isto paciencia e xa veredes como se resolve, a min personalmente este proxecto sempre me gustou, cambiaria cousas, pero me gustou.

Anónimo dijo...

Ei!, aquí hai outro misterioso. Mola.
Pero o certo é que nesta primeira entrega non nos contas moitas cousas. Na segunda entrega, poderíasnos dicir, se é que o sabes, ¿cando imos a comezar a traballar? ou cando cres ti?.
Todos xa sabemos que moitos Concellos puxeron pegas por causa de ter que adiantar cartos, iso non é ningún misterio. Se na Consellería non lles obrigaron a comprometerse a contratarnos unha vez rematadas as prácticas, eles (os concellos) aproveitan o que poden e logo si te he visto no me acuerdo. Eche o que hai.

Anónimo dijo...

Engadindo algo á primeira entrega ...
o problema non eran os cartos pois incluso se contrataban ao 100% finalmente o que é preocupante e o pouco interes amosados por alguns concellos, e o máis forte, é que alguns querian facer concurso para esa contratación e meter así a outra persoa de máis interese para o Concello ou quizas amigo/a, negandose ou poñendo trabas legais dende secretarios e responsables dos concellos... Ese era un dos problemas, e quizás o máis grave e que retrasou todo, entre outros... na 2ª entrega máis

dama do castro dijo...

Facer un concurso para esa contratación onde habería aspirantes que non pasaran nin a fase teórica nin a práctica. Un concurso feito a medida para colocar a quen eles quixeran.
Flipante.¿como é posible tanta cara dura?

Dinamizador X dijo...

Encántame ver como unha persoa externa o noso proxecto participa deste blog, moitas gracias pola información que nos facilitas, estou desexando ver a parte 2.

Que conste que o tema das trabas legais e lóxico, cando se crea unha combocatoria con buracos legais, hai que ter sempre en conta que alguén vai a tentar aproveitarse.

Se eu fose un desvergonzado funcionario de un concello tentaría por todos os medios posibles meter a currar a alguén que séa da miña confianza. Ademais, a ningún concello lle gusta que a Xunta ou calquera das súas consellerías se metan nos seus asuntos, ou lles obrigen a facer algo.

Coincido co noso informador en que hai que ter paciencia, pero sen que a nosa paciencia se converta na súa preguiza.

Anónimo dijo...

ya han sacado las listas provisionales. En total parece ser, que se han presentado 69 personas de las cuales 56 tienen toda la documentación correcta.
a ver que es lo que pasa ahora

Anónimo dijo...

POis moi fácil , hai aos 5 que lles falta o curso de dinamizadores , non hai máis . 69-5 = 64 .

casper dijo...

Eu tamén estou ansioso pola segunda entrega, aínda que creo que na primeira criminalízase aos concellos, insinuándose cousas como que querer sacar un concurso público é para meter á xente que mais lle interese ao concello. É curioso, pero eu sempre pensara que os concursos públicos eran precisamente para evitar iso. Como cidadán paréceme ben que o meu concello teña que sacar obrigatoriamente un concurso público para calquer posto de traballo que teña que cubrir. Iso si, nese caso, non deberían ter asinado o convenio onde se compromotían a contratarnos sen concurso. Pero como reflexou o dinamizadorx nunha das tiras cómicas, saíamoslles gratis e xa non leron mais.
Non dubidamos da intención da consellería, xa se ten dito que pensamos que o seu interese neste proxecto é grande, pero tampouco entendo que se poña en dúbida as intencións das entidades colaboradoras como xustificación a non sei que.
Por que esa é a sensación que teño nesta primeira entrega (mais o seu engadido), que se está tratando de xustificar algún comportamento por parte da consellería, botándolles as "culpas" a outros. Por iso de todo o que mais me preocupa é ¿qué se trata de xustificar?
O dito, estou deseoso de ler a segunda entrega a ver se me aclara algo mais que a primeira.

Dinamizador X dijo...

Estou con Casper, para cando a sengunda entrega que me tes en ascuas.

Anónimo dijo...

Supoño que ata novembro, ¡xa entrado novembro!, non comezaremos de novo. Porque sumando días para reclamar(5 cando saia a lista coas puntuacións do currículum, e logo as entrevistas, e logo outros 5 días máis para reclamar cando xa estea toda a puntuación sumada) iso contando con que saquen rapidamente unha lista tras doutra.
E por certo, ¿alguen sabe por casualidade se o noso "contrato" de beca que tivemos estes meses sería tido en conta como se fose un contrato laboral á hora de pedir a nova axuda para o alugueiro que entrará en vigor en xaneiro?. Eu escoitei por ahí que ía haber que ter seis meses traballados para poder solicitala. Pareceríame inxusto que os becarios non a puidesen solicitar.
Ai que vida esta!

Anónimo dijo...

Boas, eu non oín nada de ter 6 meses traballados, non sei pero de todas formas os becarios é un dos colectivos que poden beneficiarse da axuda ;)

Anónimo dijo...

ya salio la lista definitiva. Somos 69 aspirantes para 64 plazas. Animo que ya queda menos

Anónimo dijo...

Pois agardo que sí, que nos poidamos beneficiar da axuda do aluguer porque vai ti saber a onde imos parar! Odio esta incertidume de non saber onde vou quedar, se preto da miña casa ou na conchinchina.

Anónimo dijo...

Non só quedamos 64 persoas o que pasa e que está enumerado ata o 69 pero faltan polo medio os que están na lista de escluidos senón fixádevos en que tanto o 3 como o 68 non aparecen na lista de admitidos.

Anónimo dijo...

No listado aparecen 69 persoas, das cales 8 están excluídas.
É dicir que ADMITIDOS DEFINITIVOS somos 61, polo que "sobrarían" 3 prazas das 64 convocadas.
Agora a ver que pasa no listado de puntuacións e cando vai ser a entrevista de selección.

Anónimo dijo...

E xa estamos a 28 de Outubro...

Anónimo dijo...

Pois eu bótolle polo menos 20 día máis

Anónimo dijo...

Na miña casa dinme que vaia contando para o Aninovo... cun pouco de sorte claro!
Seica as cousas de palacio...

Anónimo dijo...

eu chamei á fundación e dixéronme que entre luns e martes publicarian as datas das entrevistas.

Anónimo dijo...

Pois xa estamos a martes.

Anónimo dijo...

luns e martes de que ano??

Anónimo dijo...

Xa sairon as listas de puntuacións. Agora temos 5 días para reclamacións. Para reclamar non sei o que pois non temos os baremos que seguiron para saber se se equivocaron ou non. E as entrevistas serán os días 7, 8 e 9 de novembro.

Anónimo dijo...

¿Pero alguén sabe se esas puntuacións server para algo???

Dinamizador X dijo...

Esa unha boa pregunta, para que carallo son as puntuacions se o final nos imos quedar todos onde estamos.

Anónimo dijo...

Supoño que as puntuacións sí que servirán. Se hai uns novos destinos, ou anque sexan os mesmos de antes, voltarán sair a concurso e cada un escollerá en función da puntuación.
Eu isto non o acabo de ver moi claro.Na reunión que tiveramos en santiago derasenos a entender que cada un ía quedar preto da casa, pero non sei eu.
e os criterios ou baremos para puntuar o currículum foron?? non sei non sei

casper dijo...

Para algo si que serven, para perder outra semaniña mais neste proceso, por se fosen poucas xa.
Os criterios suponse que serán os que dicía a convocatoria, aínda que... ao mellor colleron todos os curriculos tiráronnos enriba dunha mesa, e os que caen o chan levan un sete, os que quedan na mesa un 27, e os que caíron na silla ou outras partes puntuamos segundo a altura de caída. Nada nos sorprendería xa.

casper dijo...

Jojojo, non caira, 5 días naturais para reclamar, é dicir rematan o domingo cun sábado e un festivo no medio.
Ou sexa que a reclamar mércores ou venres e coidado!!, que ao mellor o venres fan ponte. JAJAJAJA.

Anónimo dijo...

Na convocatoria non se reflexa nada dos destinos, así que haberá que agardar ás entrevistas para ver como respiran. De todos xeitos, a min ninguén me dixo que ía ter que elexir de novo en función da miña puntuación, díxoseme que a Fundación me proporía un destino similar ou mellor ao que tiña. Supoño que a tod@s nos dirían o mesmo, ou non?

En canto aos baremos de puntuación: tod@s temos 7 puntos fixos polo apartado de formación. Onde realmente vexo inconvinte é a hora dos méritos pola experiencia profesional, quen me pode dicir como se valora iso? por postos de índole similar ao de Dinamizador?
Debería haber un criterio máis concreto para a valoración dos méritos.

Anónimo dijo...

Pois iso digo eu!! un criterio máis concreto. Porque as educadores sociais coma min seguramente non teñamos ningún mérito no ámbito da dinamización tecnolóxica!igual teño meses ou anos de experiencia pero como non a teño en relación con esto tan concreto pois non puntúo nada.
a aguantarse.

Anónimo dijo...

Eu estou que boto fume.

Anónimo dijo...

¿pero q é iso de que a fundacion propón un destino similar o que tivemos xa?
Non entendo nada.

Anónimo dijo...

Eu o que entendín, como supoño que moit@s d@s meus compañeir@s entenderían, na última reunión que tivemos en Santiago, foi que quedariamos PRETO da casa.Iso por unha parte
Por outra, esto das entrevistas non o vexo moi claro porque pode puntuar ata 3 puntos pero Por Deus! que só vai ser unha impresión duns minutos para os entrevistadores!

casper dijo...

Pois eu non entendín que quedariamos preto da casa, senón que conservariamos os destinos para aproveitar o traballo xa feito.

Dinamizador X dijo...

A conclusion que eu saco destas provas e que o final o unico que importa e a a experiencia laboral.

E se es alguen relativamente xoven olvidate de sacar mais de 7 puntos.

Sempre pensei que a experiencia e importante, pero tamen o e a preparacion, e considero que hai persoas nesta beca con unha moi importante formacion, que son discriminadas polo feito de que o 7 sexa a nota maxima para o tema de estudios.
Non quero con esto despreciar a experiencia laboral que poida ter alguen, pero seria algo bo que a formacion contase ainda que solo fora un 40% da nota.

E que e eso de que as entrevistas dan 3 puntos. Sempre pensei que o tema das entrevistas era unha patraña para poder manipular os resultados, e cada dia que pasa estou mais seguro. Tendo en conta que mais da metade de nos temos a mesma nota, un solo punto pode variar de maneira increible o resultado. Non e que fale de "amiguismo" ou de enchufe, non digo que eso vaia a pasar, o unico que digo e que se unha situacion dese estilo pode darse, as entrevistas son o crimen perfecto.

Anónimo dijo...

Os últimos tres días da semana próxima serán a clave, mentres tanto só podemos facer conxeturas, xa que a orde da Fundación non é nada explícita.
Non entendo para qué tanta fixación coas puntuacións, nin tanta historia, se nun principio nos habían dito que ía ser un proceso racional: que se non podíamos quedar no mesmo destino, procuaríase outro de similares características ou mellor.
Eu teñoo claro, se o que nos van propoñer non ten nada que ver co que nun principio se nos había dito... testigos somos moitos, así que a impugnar e vía.

Anónimo dijo...

Eu chamei o m�rcores e comentaronme que puntuaban a uns 27 e a outros 7 pola experiencia laboral. Eu case morro de risa.

Eu non terei experiencia laboral pero controlo internet e programas de software libre unha barbaridade.

Para min que hai enchufismo e quen diga o contrario ... mente.

Anónimo dijo...

Bueno supoño que non será calquer experiencia laboral, porque eu teño experiencia laboral de polo menos ano e medio e a min non me deron máis de 7 puntos. Así que supoño que será algún tipo de experiencia relacionada coas novas tecnoloxías.

Anónimo dijo...

Ola a tod@s! Estou tan desconcertada coma vós con respecto ás puntuacións. Son ed. Social e aínda que traballei preto de dous anos o meu traballo non estaba relacionado coas novas tecnoloxías. Nembargantes teño 27 puntos, non entendo nada, pero non pensedes que é enchufismo ou algo similar pq a miña sorpresa foi maiúscula. A verdade é q os baremos non son claros e q se alguén non está dacordo coa súa nota debería reclamar pq todo isto é un pitorreo padre. A ver que nos contan na entrevista pero persoalmente penso q pode pasar de todo (penso q é fácil que algúns destinos desaparezan e xurdan algúns novos. Non sei, é unha opinión). Saúdos e anímos a tod@s!!!

Anónimo dijo...

Eu non penso que haxa enchufismo( e que conste que a min déronme 7 puntos).
Pero cando leches van sair as datas das entrevistas para cada un? que estes tios pensan que temos que estar á súa disposión en todo momento ou que? Hai que foderse

Anónimo dijo...

comezaron a chamar para as entrevistas.
Animo que xa queda menos

Anónimo dijo...

Ke puntuación sacó Marga Mourelle?¿ A ver si hay o no enchufe...jajajaja. Enchufe lo hubo desde el primer día q empezamos esta trapallada y se notaba a leguas...

Anónimo dijo...

¿E ti sabes os criterios de puntuación e o curriculum de Marga Mourelle? Está claro que non parece que haxa moita xustiza, pero de iso a acusar a compañeiros de enchufismo... Eu saquei 27 e non entendo o por que de notas tan altas e tan baixas, o que si sei e que enchufe non teño, e mentres non se probe o contrario pensarei o mesmo de Marga.

Anónimo dijo...

Como cadaquen sabe o que ten... eche a palabra dun contra a de outro, pero a min gustaríame ver máis dun currículum e valorar, ibamos ver se había tanto 27.
Tendo en conta que a figura de dinamizador da SI non existía, de onde saca a xente a experiencia en funcións similares? Da manga?

dama do castro dijo...

As teorías conspiratorias teñen moito aquel e iso do enchufismo existe, claro que existe. Pero sinceramente, non creo que este sexa o caso. Non vos animo a que sigades por ese camiño de pensamento porque o único que vai pasar é que vos ides amargar mazo.
Chamádeme confiada e o que queirades pero non podo imaxinar que aquí haxa enchufismos.
A esta persoa que fala de Marga con tanta lixeireza, direille que non se entera de nada, xa que a mala organización do principio desta bolsa afectoulle a moita xente e Marga foi unha delas.
Estou segura de que non tes probas. Entón ¿Como se che ocorre facer este tipo de acusacións personalizadas??

Dinamizador X dijo...

A Dama ten toda a razon, non se pode acusar a alguen asi a lixeira e dar o seu nome, se aqui todo o dios opina como anonimo ninguen ten dereito a dar o nome de nadie.

Anónimo dijo...

Tanta trapallada de enchufes, tanta historia, se ningún de nós é electricista!. As únicas clavixas que ten que funcionar son as das aulas de dinamización!
O que importa aquí é que a tod@s se nos propoña un bo destino e que se nos deixe traballar.
A min non me preocupan os enchufes, preocupanme os destinos.

Anónimo dijo...

Yo creo q es mas de cobardes acusar de enchufismo y no dar nombres. Creo q quien da nombres no es cobarde, si no todo lo contrario...no darlos es tirar la piedra y esconder la mano.

Anónimo dijo...

Vaia chorrada que te acabas de inventar. Acusar a alguén de algo así é unha inxuria, e se non podes aportar probas, podes ter problemas coa Xustiza.

Ademáis tes as santas pelotas de dicir que dar nomes é todo o contrario de ser cobarde. Si, non hai valentía máis grande que escudarse no anonimato para lanzar merda contra unha persoa. Eu máis ben diría que é un acto cobarde e despreciable, pero cada un ...

Anónimo dijo...

Eu penso o mesmo. Acusar a persoas de enchufismo dando nomes e non dar a cara é de cobardes.
Penso que non hai enchufismos para ninguén. Eu coñezo a Marga e sei que estivo dando cursos de informática, traballou nunha empresa de informática e diseña webs. Eso supoño que lle puntuaría, pero ... ¿a min que me importa? Cada un que mire o seu. Penso que antes de falar e dar nomes hai que saber do que se fala e non acusar a ninguén.
Non olvidar que somos compañeiros e acusar a alguén de este tipo de cousas me parece unha falta de respeto moi grande.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo