lunes, 26 de noviembre de 2007

Xa era hora

Bueno amigas e amigos, xa era hora, sairon as tan esperadas listas da nota da entrevista.

Que conste que estou bastante satisfeito co visto, pero quedeime parvo con algun detalle.
A nadie se lle dou a maxima nota, vese que estaban esixentes. Hai moreas de 2,000. Pero o detalle que mais me sorprendeu, e como se lle pode poñer a alguen un 0.000, hai que ser moi ruin, dudo que nadie na entrevista que lle tocou o fixera tan mal como para non merecerse polo menos un 1,000. Dende logo se che interesa o mais minimo a moral dos teus traballadores eso non o fas, e se o rapaz ou a rapaza se puxo moi moi nervioso e non lle saiu a entrevista como lle gustaria ou como lles gustaria os xuizes (que mandavan cada pregunta que lle rouca o carallo, e en eso estamos todos de acordo) o que non podes facer e meterlle no corpo a presion de cargar con un 0,000 e ademais que todo o mundo o vexa nunha lista oficial.
Sei e seguro que todos sabemos o que se sinte cando estas nunha entrevista, todos te miran fixamente, escanean cada parte do teu corpo, analizan cada movemento, e todo esto mentres te preguntan cousas que para ti son absurdas pero para eles teñen un significado sempre oculto. Ti levas o teu guion na cabeza, sabes como responder a case todo o que te poidan decir, sabes como tes que sentarte, sabes como tes que moverte e sabes como tes que miralos cando falas. Pero a realidade, e que cando chegas ali, 20 minutos antes, tes o corazon na palma da man, entras cos brazos rixidos, tremes o falar e dache a impresion de que todo o que tiñas na cabeza foise de supeto a tomar o fresco a fora, que e onde a ti te gustaria estar nese momento. Eu unha vez nunha entrevista puxenme tan nervioso que cando me preguntaron o DNI eu deilles o numero de telefono.
Non sei porque pero dada a xuventude de alguns dinamizadores diria que esta foi a primeira entrevista de traballo para moitos.

Xa para rematar, decirvos que xa vai faltando menos para a volta o traballo, ainda que xa van a facer dous meses dende que rematamos a anterior fase. Espero que se dean conta dunha vez que teñen a unha morea de rapaces e rapazas dispostos a traballar que se estan desesperando por culpa da sua tardanza, e que a ilusion polo traballo hai que mantela dia a dia, que se estamos moito tempo sen facer nada acostumamonos e despois veñen as queixas porque non damos o callo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que queredes que vos diga?
Primeiro van os dos concellos, entidades ou asociacións que queren renovar @ dinamizador/a e logo van os que non temos esa sorte.

Menuda maneira máis "limpia" de puntuar!!!!, e para iso preparamonos para a entrevista? e nos ten a alma nun vilo esperando case dous meses?

Sinceramente, pasame tantas cousas pola cabeza que creo que é mellor acougar.

Anónimo dijo...

Unha lista un pouco rara, como todo este proceso... mellor vai ser non pensar nelo.
A incorporación para cando? antes ou despois do Nadal?

Anónimo dijo...

Unha lista un pouco rara, como todo este proceso... mellor vai ser non pensar nelo.
A incorporación para cando? antes ou despois do Nadal?

Anónimo dijo...

Eu penso que o cero ven porque algun que outro non se quedou coas ganas e lle espetou todo o que lle tiña que dicir a Rede.
Coñezo xente a que dubido moito que a súa puntuación sexa "acertada". Presupoño que todo isto terá que ver co feito de non calar as cousas.

Eu xa non sei tan sequera se quero voltar. O feito de estar a velas vir durante dous meses da miña vida con todo parado; o feito de que pasaran de nós, a falta de información e seriedade en todo, xa non estes dous últimos meses senón xa partindo do feito mesmo cando solicitamos a beca: atrasos, dimes e diretes, imos non imos, a formación cada cal o seu roio, as prácticas... Ben en fin, mellor é non recapitular demasiado porque nestes momentos da miña vida a esperanza de que as cousas poidan ir mellor xa non me serven para enmascarar os feitos vividos e xa non teño confianza na Xunta.

O proxecto é bonito, moi moi bonito, pero as formas non foron nin son as adecuadas. Somos rapaces e rapazas, non monicreques e temos todo o dereito a que se nos informe da cousas porque, polo menos a mín, gústame plantexarme a miña vida e saber cara onde teño posibilidades de tirar. Non é prato de gusto estar na icertidume coa muletilla na boca de: "a ver que pasa..."

O dito compañeiros e compañeiras, sinto a retaíla tan chea de pesimismo e mala leite gardada. Estou farta de non saber, farta de esperar e farta de controlar cada paso que dou no mundo laboral porque: "igual chamaba a xunta"... bufff... xa non sei nada da miña vida... xa non sei se quero voltar e pensar que este ano de contratación non será unha risa coma nas prácticas, se despedirme do proxecto...
Sintoo moito pero xa non sei nada de nada...

Sinto o testamento pesimista. Grazas por lerme, grazas Dinamizador X por crear este blog no que poder expresarnos, no que poder "denunciar".

dama do castro dijo...

Ánimo muller, aguanta un pouco máis, aínda que so sexa por curisidade morbosa.
Ánimo a todos e todas!

Anónimo dijo...

Estou da cordo co post número 4. Como imos ser positivistas se todo son baches?

Pero bueno, eu agardarei a saber os destinos. A propósito, creedes que @s nov@s dinamizador@s que se están a formare tendran máis preferencia que nós có motivo dos destinos. Comentoo porque na entrevista a máis de un/unha preguntoulle se estaba dispost@ a cambiar de destino (aínda que o lugar onde estaban querían renoval@).

Anónimo dijo...

As redes fixéronse para pescar peixes, non? Pois a este paso van quedar sen rede pra pescar.
Como empecen con caralladas van quedar sen dinamizadores e os trinta e pico que se están formando non lles van chegar nin pra un piscolabis.
Suscribo o comentario número 4, acabanlle coa moral a un santo!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo