jueves, 1 de octubre de 2009

A tres meses vista

Hoxe comezamos o horario de inverno, fin aos madrugóns e ás tardes libres, haberá quen prefira o vello horario e haberá quen non, para gustos cores.
A maioría das veces este sería o noso maior “problema”, pero dadas as circunstancias temos moitos máis, como pode ser o feito de que algúns d@s nos@s compañeir@s rematen o seu contrato a semana que ven e, aparentemente, non van continuar con nós.
Se a iso lle sumamos o famoso correo de Covadonga, a falta de convocatoria de xuntanzas desde o troco de goberno, as novas aparecidas recentemente na prensa… en resumo a desinformación na que nos atopamos, o normal é que elucubremos e ata nos voltemos paranoicos.
Alédame ver que a bitácora toma a función para a que foi creada, a pouca información que poidamos ter (pode ser que sesgada), e a capacidade para unirnos e facer algo en común, a día de hoxe, pasan por este espazo (falo d@s dinamizador@s, por suposto, que somos @s destinatari@s de todo o aquí publicado, que o blog lles moleste a aquel@s que nos queren manter desinformad@s é o normal).
Vou tamén dar a MIÑA opinión sobre todo o que está a acontecer. A carta a Covadonga da que se fala en comentarios de publicacións anteriores pode ser un bo intento, aínda que coido que a Fundación vai pasar de nós, a fin de contas nunca tivemos trato con eles, nós pertencemos á Rede de Dinamización e a Fundación nos paga (que non é pouco) pero penso que de esixirlle (ou pedirlle) algo a alguén debería ser á Rede (que podería seguir, por exemplo, sen a Fundación).
Por tentalo que non quede, pero penso que nos daría máis éxito facer algo como o do Consorcio, xa que en tempos de crise e de elevado paro, que boten máis xente á rúa pode dar mala imaxe, e máis ruido que cos medios de comunicación non creo que fagamos, ademais tamén se enterarían @s nos@s usuari@s. O que non sei é se para este tipo de cousas o ideal é sindicarnos, axudarianos bastante a opinión dos amig@s dos que se fala nos comentarios (avogados, traballadores da Xunta,…).
A cousa pinta mal aínda así non deixedes de comentar as vosas ideas, sexan cales sexan sobre o que podemos facer, calquer cousa pode axudar, e non pensedes que todos @s que comentamos somos dinamizador@s (e polo tanto temos os mesmos intereses), o blog está aberto a todo o mundo, é dicir non me sorprendería que as mellores ideas que poidades dar sexan tamén as máis criticadas.

95 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu,persoalmente, son máis da idea de reunirnos diante da xunta e facer unha cacerolada. Somos poucos, pero cada un de nos trae a outra persoa como mínimo, xa seremos case 100 e iso estaría ben.Tamén estaría ben que antes redactasemos unha carta aos xornais na cal informariamos da data da protesta e das nosas peticións. Eu o das firmas non o vexo tan claro.

Anónimo dijo...

Eu penso coma ti compañeir@, que é o que move a sociedade actual, a información non? de ahi que nacer ao termo sociedade da información sempre informad@s, penso que si se fai máis pública a nova e chega a máis xente que xe van despedir X traballadores en tempo de crise iso non sería un bo exemplo non? Eu animome a redactar unha nova e enviala aos medios da miña zona.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Non creo que se consega nada de ningún xeito pero polo menos facendo pública a nosa situación sentiremos que o noso esforzo non se pagou con silencio.
Xa que levamos tantas cousas aguantadas que menos que facelas públicas agora (a vinganza sérvese...)

Anónimo dijo...

no periodico de hoxe tamen temos unha noticia interesante

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/01/sociedad/despidos-da-xunta-d-poden-deixar-servizo-000-persoas/2009100123430587661.html

Anónimo dijo...

Non estou seguro, pero temos algunha maneira de saber se o resto dos despedidos da fundación van tomar algún tipo de medida, plantarse diante do Hórreo ou algo así, porque eu teño o tractor listo para armala cando faga falta.

Anónimo dijo...

Pareéceme incrible que ante esta situación en coordinación sigan calados.

Anónimo dijo...

Non son unha persoa experta en reivindicacións de tipo laboral, pero debedes entender que o que se está a xogar neste momento no é se o remate do voso contrato é lícito ou non. Revisade a que plan ou proxecto está ligado o voso contrato, cal é a fin de dita obra ou do proxecto. O que se debe reivindicar, penso, desde a miña humilde opinión externa é a valía deste tipo de proxecto. Deberíase deixar claro á opinión pública que debe existir un proxecto de e-inclusión neste país, facendo ver que estamos na cola das CCAA do estado a nivel de penetración SI, os proxectos similares noutros lugares etc., e por suposto facer valer a vosa formación e experiencia. Recordade que a vosa figura non existía en Galiza antes.

Anónimo dijo...

Estou dacordo co comentario anterior. Es estou perdidísimo nisto e, por deixadez, non me sindicalicei nunca (gran erro), pero se algún de vós ten contacto con algún sindicato ou avogado/a se pode que se informe sobre todo o que nos vai vir enriba e os dereitos que temos.
Saúdos a todos e, especialmente, a aqueles que xa abandoaron o barco

Anónimo dijo...

Sindicalizarse non sempre é o mellor. Eu xa estuven afiliado a un sindicato, en concreto CCOO e o único que gañei foron problemas, más dos que tiña. Os sindicatos buscan o mellor para os traballadores e o máis xusto pero as veces pásanse. Hai que ter coidado co que se fai.

Anónimo dijo...

Pois eu acabo de enterarme que os abogados da CIG están recollendo toda a documentación para presentar a demanda xudicial por que moitísima xente está igual ca nós de sociedade da información e tamén de I+D. Polo que me dixo si a rede de dinamización sigue funcionando non poden despedirnos por que a "obra" non acabaría e ademais din que sería unha "cesión ilegal" (algo así) co cal teríamos que ser laborais fixas da Fundación. Eu o luns vou chamalos e mandarlles o meu contrato e despois xa vos conto. Se alguén sabe algo máis que o diga para sabelo todas. Alguén sabe si hai que estar afiliado para que te defendan ou canto costa estar?

Anónimo dijo...

Comunicado de Covadonga, isto cada día está máis confuso

Anónimo dijo...

Pois eu agradécolle enormemente que nos contestara os correos. Polo menos alguen dí algo.
O da CIG non o veo nada claro.

Dinamizador X dijo...

Este comunicado non e mais que o típico engana bobos para que sigamos traballando coa vana promesa de que quizais se os planetas se alinean e a lua se tingue de vermello durante a ultima hora do ultimo dia do ano, pode que teñamos a posibilidade de seguir nos nosos postos de traballo.

E todo iso despois de mandar un correo avisando de que o noso contrato remata en Decembro, e despois de xa non renovar a compañeiras nosas que remataron tamén o seu contrato.

Seguro que moitos de vos ides a coller estas novas coas dúas mans e non as soltaredes, suxeitariades un cravo ardendo con tal de que vos desen unha leve esperanza, eu tamén o faría se os seus actos non contradicisen as súas palabras.

Xulgade por vos mesmos, usade o cerebro, confiade ou non pero poñédevos no peor así polo menos non vos decepcionaredes se pasa.

Anónimo dijo...

Estou totalmente dacordo co dinamizadorX. Todo apunta a que non lles interesa que nos desanimemos e, consecuentemente, os nosos números acompañen ao noso estado.
Cando chegue xaneiro estaremos na cola do inem e aínda sen coñecer cal é a cara de Covadonga, María, Lucía, Iria, etc

Déborah dijo...

Só comentar que o venres chamáronnos para decir que nos renovan até o 31 de decembro

Anónimo dijo...

"Polo que me dixo si a rede de dinamización sigue funcionando non poden despedirnos por que a "obra" non acabaría e ademais din que sería unha "cesión ilegal" (algo así) co cal teríamos que ser laborais fixas da Fundación"

E non lle comentache o pequeno detalle de que o teu contrato era por obra e ademáis por tempo e duración determinado? Que máis dá se a obra dura 15 anos? a ti te contratan por 1 só.

A que si e verdade e que outra renovación, para a misma xente e baixo a mesma obra, e , efectivamente, o contrato sería denunciable, para pasalo a indefinido.

Dinamizador X dijo...

Aledome por esa ampliacion de contrato ata Decembro, noraboa raparigas.

Anónimo dijo...

Hola! O prometido é debeda, hoxe contactei cos da CIG e aquí estou para contalo. Así que sin máis preámbulos: o primeiro antes de nada despois do que me dixeron está claro que o Dinamizador X ten razón no que dí, o comunicado de Covadonga só para "controlar a situación" desmovilizarnos e se non nos organizamos vannos ir botando pouco a pouco ata que xa non haxa nada que facer. E agora sí: a rapaza coa que falei chámase Cris e traballa na Xunta en San Caetano. Eu pensei que esto do sindicato sería en plan "radical" pero a verdade é que esta rapaza é supersimpática e por riba non tuven que contarlle nada por que resulta que xa estaba ao tanto e xa sabía todo. Resumindo: que os nosos contratos están "en fraude de lei", que non poden botarnos si a "obra" continúa aínda que lle cambien de nome por exemplo "Rede de Divertización" e aínda que no contrato poña unha fecha de finalización dá igual explicoume que esa fecha sería a fecha estimada de finalización da obra, pero si a obra continúa, entón non te poden despedir. Así que o que pasa é que nos están botando pouco a pouco aproveitándose de que non estamos informados. E o máis interesante de todo ¿sabedes qué é? Pois que na nosa mesma situación están máis de 100 contratos da Fundación uns do PEGSI (os nosos) e outros de INCITE (que é o rollo de I+D, investigación, productos e todo eso). Así que somos moitísima xente co cal se presentamos unha reclamación todos xuntos ganaríamos seguro, si nos botan terán que readmitirnos e despois pagarnos os "salarios de tramitación" que son os soldos que deixaríamos de cobrar mentres non resolven os xueces. Eso sí, só lle reconocerían eso aos que participen no proceso xudicial e por eso hai que darlles unha copia do contrato como fixen eu. Lóxicamente hai que estar afiliadas para que poidan actuar en nome noso; na CIG esixen estar polo menos seis meses afiliados, pero no noso caso, como somos tantas, díxome que poderían arreglalo cubrindo as cotas pendentes e que xa valería. Bueno non sei si me olvidei algo, pero aquí vos deixo o teléfono de Cris na Xunta para que preguntedes por ela 981 545 909 pola mañá e tamén teño o móvil por si fai falta. Buf! Qué rollo soltei! Bueno a ver si non se me olvidou nada! Eu xa lles din o meu contrato, total si nos van a despedir non perdemos nada sobre todo si nos fan laborais fixos!! Eu penso que compensa non?

Anónimo dijo...

"Tá" ben o conto. A min o que me chama moito a atención é o de : << so se lles recoñecería os que participen no proceso xudicial >> .. comprendo que fai máis presión que participemos todas, comprendo que ós da CIG lles interesa ter máis afiliad@s... pero imo a ver; se un xuiz da por fraude unha contratación, aínda que ti non te persoes no proceso, ¿acaso non podes reclamar utilizando a sentencia en firme tendo en conta que tes o mesmo contrato? :S

Aqui cada cal arrima a ascua a súa sardiña...

(a ver se me clarexas isto)

Anónimo dijo...

Pois o que dixeron as/os ultimos 2 dinamizadores/as, eu non o entendo moi ben se alguen pode ser mais explicito por favor agradeceriallo. E que polo que entendo se sigue a rede inda que sexa con outro nome, nos tamen seguimos? como laborais fixos? e se non lle damos o contrato aos da CIGa, non seguimos? e dicir hai que ir a xuizo? ou como e?

dama do castro dijo...

Grazas por esta información que está compartindo este compañeiro/a. A verdade e que mete un pouco de medo toda esta situación e eses termos tan chungos coma eso de "fraude de lei", pero a verdade é que sinto a mesma inquietude que o comentario que vai despois. Por non andarme con rodeos; iso da afiliación ¿canto leches custa?

Anónimo dijo...

Ollo, informádevos ben con alguén externo a CIG ou a outro sindicato.

O de fraude de lei que volo expliquen ben. Que algúen vos faga unha referencia aos fundamentos do dereito e obviamente ao feito exacto que se supón está en fraude.

Informádevos tamén de se o encadenamento de vinculacións do contrato (Rede de Dinamización, ano tal do PEGSI encomendado á Fundación) inflúe no caso de que siplemente o PEGSI remate, ou remate a encomenda sexa expresa ou tácita.

Se aparece unha nova "Rede" ligada outro plan ou programa considerase que a obra continúa?

Se hai base no dereito, e con xurisprudencia aqueles que reclamen despois deberían ter tamén a capacidade de reclamar como ben di outro comentario?

Moita sorte a todos e todas

Anónimo dijo...

Dúas cuestións:

1 - Primeiro, nestes momentos o noso contrato non é en fraude de lei, todo depende do que xurda a partires de cando remate, é dicir, se se nos quere facer un novo ou renovalo polas mesmas condicións penso que non poderían (un terceiro ano de contrato por obra e servizo non é viable), e de facelo, estarían incumprindo e penso que se podería denunciar. Terían que facernos fixos ou indefinidos.
2 - No proxecto non cambia soamente o nome. Se o que dixo a secretaria de modernización é certo e polo tanto se unirán ámbalas dúas redes existentes (CMG e a nósa rede), cambiará tamén a estrutura e posiblemente o obxecto.. de ser así, varíaría a nosa situación? eu penso que sí, pero non estou seguro.

Estou dacordo co que dí o anterior comentario, deberíase ter varias fontes para contrastar a información.

Anónimo dijo...

Bueno, eu dos funcionarios dos sindicatos non me fío un carallo. De todas todas o laboral non ten custes. Outra cousa se de verdade queredes facer iso, moita suerte e dádelle avante, pero dar pistas nun blog público non creo que vos favoreza (é a miña humilde opinión).
Un saúdo compañeir@s

Anónimo dijo...

Hola! A ver si me bades botar a bronca aínda por riba que veño aquí a decir o que eu sei! Pero bueno qué paranoya é esa? Digo eu que haberá outros sindicatos, que eu saiba os únicos que están a facer algo son os da CIG e se os outros están facendo pois xa está tardando o que o saiba en dicilo, pero non creo que a rapaza da CIG me mentira é tan fácil como chamala. Pois mira, como me dixo que puxera o teléfono móbil, vouno poñer hala, e se alguén ten dudas que a chame 605 378 517 Ademais o lóxico é que un xuez lle faga máis caso a unha demanda presentada por 100 personas que a outra presentada por 10 parece algo bastante sencillo de entender non? Dende logo non me parece a min que esos comentarios tan críticos sexan dun dinamizador, non haberá por aquí infiltrados da Fundación sementando dúbidas para desmobilizarnos? Buf vaia día! Qué ganas teño de coller a cama hoxe!

Anónimo dijo...

No se trata de comentarios moi criticos, se trata de comentarios escépticos. A min coma xa dixen o de "¡coidado que se non os afiliades a CIGa quedades sen emprego, e os que si se presenten na reclamación destes podedes ter praza indefinidamente"! soacheme pouco obxectivo, que todo é razoabel, dende logo, pero onde se di "se non te afilias e se non te presentas na reclamación.." algún escoita "se non das a cara" e outro escoita "buuhhhh coidado que se non me das un numero de afiliado te comen os raios".. este blog e aberto e penso que moitos dinamizadores o leen, de forma directa ou polo runxerunxe, non estaría nada mal que a representante do CIG deixara un comentario por aqui coa súa visión do tema, e especialmente que nos indicase por qué (diantres) deberíamos formar parte da súa organización, asi se disiparían moitas dudas... por pidir que non quede... :D

Anónimo dijo...

Ánimo para a rapaza que se foi informar, como mínimo xa fixo máis que a maioría de nós.
Dicirche que non te tomes como ataque os comentarios que cuestionan a situación, tal e como está a cousa é normal que xurdan dúbidas e que se plantexen. Tamén penso que deberiamos pensar dúas veces as cousas que pomos porque para que ningún dinamizador/a se sinta ofendido por compartir con nós o que sabe; ou nos estamos a deixar levar pola impulsividade, ou ben, como ti dis, está a escribir aquí xente que non é dinamizadora.
Supoño que hoxe é un día algo confuso para todos/as, polo menos a min deixoume algo descolgada o comunicado de Covadonga, aínda que penso que é para calarnos a boca e que deixemos que pase o tempo.

Anónimo dijo...

Uf, sí que é verdade que estamos todos bastantes feitas polvo, non quería acusar a ninguén pero é que me sentou bastante mal que me critiquen por decir o que sei pero vale, todos estamos un pouco tocados e a verdade é que estos escritos de covadonga son difíciles de dixerir, aínda que a min dame desconfianza. bueno, o teléfono da rapaza da CIG xa o deixei para quen a queira chamar e agora xa me vou durmir por que non podo máis. un abrazo para todas e todos, eu qué sei, polo menos intentei facelo ben e seguro que a mayor parte de vós tamén así que eu que sei, quérovos moito e ogallá que se arregle todo! desde logo qué pouco sensibles son estos da xunta nova!!!! e xa desconecto que me poño a chorar. hala bicos a todas.

Anónimo dijo...

A ver, imos por partes:

Non se trata de botar bronca nin moito menos, todo o contrario, é millor informarse que quedar cos brazos cruzados. Pero sempre é millor ter varias fontes de información polo simple feito de contrastar, e sobre todo nestes temas.Nada máis. Aquí poderíamos preguntarnos por qué os outros dous sindicatos non fan nada, inda que a resposta poida ser moi clara.

Por outro lado sinto dicirche que neste tipo de casos, depende + o xuiz, a normativa ou incluso a xurisprudencia que o número de persoas que reclamen os seus dereitos. E sí, da igual que sexamos 10, 100 ou 200. Outra cousa é que me digas que se queira facer unha manifestación, entón ahí sí que inflúe o número de xente, pero + pola repercusión mediática que pola "presión" que se poida facer aos entes xudiciais.

No tema da motivación, dudo moito que a propia xente da fundación esté por aquí metida para desmotivarnos (pero sí para falar coma ti ou coma min).... tendo en conta que xa o estamos :( e tamén porque algunha da xente da fundación tamén estará na corda frouxa coma nós (recorda os casos de Marta e Xulián). Non ten moito sentido.

E por último, as críticas poden ser boas ou malas, e hai que sabelas aceptar, sobre todo cando o que se dixo arriba non foi nin moito menos en plan ofensa. Foi en crítica constructiva, e repito non en plan ofensa.

Saúdos

Nota: e gracias pola información.

Anónimo dijo...

Algún apuntamento na liña do último comentario :
Os da cig verano moi fácil(é o seu traballo facernolo ver así), pero demostrar a relación laboral coa xunta ha ser jodido de carallo;aínda que se se demostra a cesión ilegal é un pastizal (diferencia salarial último ano, despido nulo ou improc....). Compensa intentalo .
Sobre que que haxa máis ou menos xente no pleito a min dame que solo inflúe a nivel prensa así que é mellor si .. po sindicato .

Eu persoalmente non me vou desmarcar e se é a cig e quen pelexa pois arrexuntome máis rápido ca deprisa . De perdidos a Río (de Janeiro).

chauuuuuuuuuu

Anónimo dijo...

Outra cousa: Non creo que faja flauta estar afiliado para que leven o caso . De feito os sindicatos teño entendido que cobran o pleito según antiguedade .
De todas formas chamo,pregunto e xa vos digo .

chauuuu

Anónimo dijo...

A CULPA DE TODO A TEN O DINAMIZADOR X POR TER ESTA MERDA DE BLOG. seguide traballando que sexa o que sexa xa teredes tempo a denunciar, a afliarse ou ao que queirades. A CIG o único que quere son novos afiliados, son políticos do carallo, non lles importa unha merda si botan a 50 ou a 150. En Decembro ides ter tempo de sobra cando vos comuniquen o despido ou a renovación pero deixade de falar que non sabedes nada.

Anónimo dijo...

Hai que ser bob@. Hai quen parece máis tonto que pouco. A que estamos xogando, a ver quen é máis neno??
Non se trata de culpar a nadie. O blog existe e quen queira colaborar que o faga e quen non, pois xa sabe.
O que está claro é que nn lle fai mal a nadie pois SUPONSE que todos e todas nos estamos suficiente formados para facer un simple proceso: RECIBIR información, CONTRASTAR A información e ANALIZALA.
Claro está que non todo o que está escrito no Blog é certo pero son colaboracións e opinións que hai e a quen lle interesa lee e quen non que nin escriba BURRADAS por favor.
Merda hai bastante, e merdentos polo qeu se ve tamén.
Por dios, a situación é delicada.
Podemos perder os postos de traballo que temos, algo hai que facer e o que dende logo está claro e que non hai que esperar a que pasen as cousas para actuar.
Hai que contemplar posibles saídas ou solucións, hai que previr e anticiparse a algunhas cousas para evitar que pasen ou que os males sexan maiores.
Para os infiltrados: idevos á merda, a chupar a outro lado que moita crise moita crise pero para meter no bolsillo sempre hai.
E con esto non digo máis.

Anónimo dijo...

Aguen falou con carme ou alejandra do tema?. A os correos xa sabemos q non contestan , pero alguen falou con algunha delas por teléfono ou persoalmente?

dama do castro dijo...

vaia vaia, temos un caciquilla fascistoide que gosta de lle dicir á xente o que ten que facer...
Amigo ou amiga debes ter os nervios de punta para poñerte nese plan. Ou iso ou é que eres un fachilla.

Anónimo dijo...

"eres un fachilla"

Non sexas ridícula Dama do Castro, que argumentación e isa?

Nota: non son a mesma persoa.

dama do castro dijo...

a argumentación é a que é. Quen a queira entender que a entenda e quen non, que pase ao seguinte comentario.

Anónimo dijo...

"a argumentación é a que é. Quen a queira entender que a entenda e quen non, que pase ao seguinte comentario."

Pois aplicate o conto que ti ben que non pasache do comentario d@ outr@ amig@

juejue

Anónimo dijo...

Ó marxe desta última discusión... se realmente queremos tomar a vía da "reclamación sindical", penso que sería boa idea poñernos de acordo e facelo a través do CIG ou que sexa, porque se ben a opinion do xuiz non debería variar por ser 1 ou 10 traballadores, o certo é, que independientemente do incremento da presión mediática, que e un feito, non se toma igual unha reclamación onde se xoga cun posto de traballo que noutra onde se xogan 50, e esto, por raro que resulte, tamén é un feito.

Se realmente temos unha base para reclamar, e se hai posibilidade de que chegue a algún lado, non perdemos nada por intentalo, e a mellor forma sería "todos a una como fuenteovejuna"

Unha opinión.

Saúdos.

dama do castro dijo...

Non paso dos comentarios de ninguén porque me gusta lelos todos. E cando considero, comento eu tamén, ao igual que calquera pode comentar o que lle pete.
Se alguén dí, aos que comparten informacións e inquedanzas neste blog que "deixemos de falar", me parece un comentario facha. Pero mira, sí que estou dacordo niso de que os sindicatos só queren novos afiliados e están politizados.
¿algunha aclaración máis?

Anónimo dijo...

Mellor non ter en conta os comentarios que o único que perseguen é a provocación e desviar a nosa preocupación cara outros derroteros

Anónimo dijo...

Polo que me informei non fai falta estar afiliado a ningún sindicato para que leven o teu caso e pódese acoller un a unha sentencia anterior aínda que sí hai un prazo válido (non sei exactamente de canto).
Outra cousa os avogados dos sindicatos cobrar un 40% dos beneficios, que non é moco de pavo pero se non se reclama te quedas a 0, tampouco se perde nada.

Anónimo dijo...

esto é a repera, eu si opino que aqui hai fachas polo medio.
Vese ben.

Anónimo dijo...

O de Carme é unha gracia, non sei que tipo de coordinadora é.
Preguntaslle algo e nin se digna a respostar.
Por deus, que tipo de rede é esta na que non existe comunicación bilateral?¿??¿¿?
CARME, contesta ás dúbidas dos teus subditos

Anónimo dijo...

Iso de que a culpa a teña o Dinamizador X paréceme unha tontería (e non quero ofender), pero si que creo que hai certas cousas que deberiamos falar por outros medios.
Por se non ledes a prensa, a Baleato botárono cando estaba preparando unha "revolución", falando cos sindicatos, etc. Este blog leno en moitos sitios, e se Antonio Pérez Casas é fan no Facebook, fijo que na Fundación o len e se cadra ata Mar Pereira. Seguide deixando por escrito e patentes as intencións (ademais de que se vexa que isto nin é Rede nin é nada, que ás veces temos estas pataletas...), que a ver onde acabamos (e cando; probablemente antes de que teñamos tempo a pensalo).
E que non vexa ninguén chamándome fachilla, porque eu non digo que as cousas non se falen, pero creo que flaco favor nos facedes deixándoas á vista de todo o mundo.

PERRO LADRADOR, POCO MORDEDOR, AMIGOS!!

MENOS FALAR E MÁIS ACTUAR!!

Anónimo dijo...

Como dinamizadora, mantivenme este tempo a marxe de comentar no blog, e de opinar, porque tamen sigo pouco as opinións que aqui se publican. A marxe de todo isto como se achega o final de contrato tamen me entrou incertidume e decidin mirar que se opinaba por aqui e vin de todo, cousas que entre nos non se deberían dicir que somos compañeir@s por favor unha cousa e opinar e outra ofender. Tamen estou de acordo co compañeir@ anterior en que certas cousas deberiamos falalas en privado polos nosos mails persoales ou reunindonos tod@s ou parte. Eu penso que especular publicamente co imos facer ou deixamos de facer non é unha boa imaxe para que este proxecto siga. Unha humilde opinión.
Un saúdo

Anónimo dijo...

NOn se pode por o blogue privado??

Anónimo dijo...

Gracias á dinamizadora que se estivo informando e o compartiu con nós, moi útil. Penso que debemos dar imaxe de unidade e tratar estes temas á cara, poderiamos facer unha xuntanza un fin de semana destes, así estariamos sen intrusos, incluso podemos mandar unha nota á prensa.
Creo tamén que poderiamos facer unha asociación, para ter unha entidade que de á cara. Con poucos obxectivos para estar máis dacordo como poden ser que queremos información do futuro da Rede, defenfer os nosos postos de traballo e a defensa da necesidade dun proxecto de alfabetización dixital na sociedade galega.
Digo por ir facendo algo para meter presión, xa que a maioría de ideas que estades a dar coido que serán para actuar cando nos comuniquen o despido.
A asociación representaría so aos seus membros, co que se podería facer aínda que non estivesemos todos.
O de facer o blogue privado sería o ideal, supoño que a dificultade sería filtrar os correos de so dinamizadores e ademais de todos.

Anónimo dijo...

de acordo coa reunión para facer unha sociación de dinamizdor@s, para a defensa en 1º lugar do proxecto Rede de Dinamización que é noso Pai e Nai da súa necesidade e que debe continuar.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Chamádeslle intruso a calquera que quere axudar e o troll a moitos que din verdades. Como vexades, pero se cadra as árbores non deixan ver o bosque. Pensádeo.

Dinamizador X dijo...

En resposta os últimos comentarios que falan de poñer o blog privado.

Este blog leva mais de dous anos permitindo o acceso a todo o mundo, dinamizadores, non dinamizadores, amigos e non amigos en xeral, e iso non vai a cambiar.

Se queredes que estas conversas se manteñan en privado o que se debería facer e crear un foro e dentro del unha sección privada na que so se poida entrar se o usuario esta rexistrado.

Isto ten a vantaxe (en teoría) de que todo o mundo tería que identificarse, a inda que so sexa con unha conta de correo e un nome, o que permitiría xestionar dunha maneira fácil os comentarios e poder expulsar as persoas que se vexa que so queren armar cristo.

Pero este mesmo método ten tamén unhas certas desvantaxes, ou mais ben responsabilidades.
Quen se ofrece voluntario para crear ese foro, o voluntario terá a responsabilidade de deixar entrar e de botar a calquera dos usuarios, el/ela será a única barreira de seguridade para manter ese foro en privado.
Porque non hai que ser inxenuo, por moi privado que sexa un foro, calquera pode rexistrase, e en principio se o meu correo e juanitogolosina@lalalala.com non podes saber se son dinamizador ou non a menos que fagas unha investigación previa. E aínda investigando seguiriamos na mesma, calquera persoa allea os dinamizadores podería conseguir entrar, ocórrenseme moitas formas, dende facéndose pasar por dinamizador ata falar con un dinamizador e que este lle de acceso.

E recordade neste blog todo o mundo e Anónimo a menos que queira identificarse, e aínda así nin sequera podes saber se a persoa e quen di ser.

Ser o Administrador dun foro dese tipo non e fácil, ocórrenseme uns cantos dinamizadores que o farían moi ben, pero e unha decisión que ten que saír de un mesmo.

Anónimo dijo...

Saúdos dinamizadores/as, ¿alguén vai facer o recoñecemento médico neste mes?

Anónimo dijo...

eu non sentín falar nada do recoñecemento médico .. vaia! nin este mes nin ningún !

Anónimo dijo...

A mi me chamaron onte para facelo en novembro.

Dinamizador X dijo...

Matematico, despois de un comentario do dinamizadorX no que se fala de algo serio o comentario que o segue sempre e cambiando de tema.

Anónimo dijo...

Non é por mal Dinamizador X pero si realmente chaman para facer o recoñecemento médico despois de dous anos e pico e a dous meses vistos para sentencia algo pasará ou? Ou non tes curiosidade?

Anónimo dijo...

Eu penso que o blog está ben así, non me gustaría que deixasen de ser públicas as opinións (estea máis ou menos a favor das mesmas).
Eu realizarei o recoñecemento médico este mes, un pouco sospeitoso que non fixesemos ningún ata agora e xusto case ao remate nos toque, verdade?? Soa a que queren deixar os deberes ben feitos

Anónimo dijo...

http://novas.xunta.es/node/16629

na inauguración da VIII Edición de GALICIATIC, Mar Pereirea dixo no seu discurso: “as iniciativas orientadas a facilitar a inclusión da cidadanía na sociedade da información terán unha especial relevancia, tendo en conta as necesidades dos diferentes colectivos sociais e sacando o máximo proveito da administración electrónica”

Anónimo dijo...

esas declaracións nin moito menos nos garantizan a nós o posto de traballo.

Anónimo dijo...

Boa tarde vou pedir un pouco de reflexión entre os/as meus miñas compañeiros dinamizadores.

1.Que nos interesa máis, unha continuidade deste proxecto, ou unha indemnización por despido?
Vou falar no meu nome: CONTINUIDADE DESTE PROXECTO, sexa co nome que sexa.

2.Que será mellor facer moito ruido e que nos colla manía, ou manternos asesorados e informados entre nós das opcións que temos e máis de como se está a levar o tema (Realmente)(Sen especulacións).

3. Podemos seguir traballando como o fixemos ate o de agora que os números ben falan de nós e se non mirade o que conseguimos en case 3 anos + de 26.000, e a meirande parte nos 2 últimos, traballemos como ata agora como se fora outro traballo calquera no que sabes que rematas en 1 mes pero que depende en gran parte que continúes o esforzo que adiques.

Unha opción sería xuntarnos por provincias para falar e calmar os animos e decidir como manteros unidos e asesorados.

un saúdo se alguen lle interesa toda esta parrafada aqui vos deixo un mail de contacto.

dinamizador13@gmail.com
un saúdo

Anónimo dijo...

A estas alturas eu xa non sei o que me interesa. Demasiados puteos e desilusións por parte dos "entes superiores", iso é o que sei

Anónimo dijo...

como en todolos traballos, e haichos ben peores digocho eu..

Anónimo dijo...

Ola¡¡¡ gustaríame saber si hai alguén por aquí que traballase antes nunha empresa privada, e si é así se a alguén lle dixeron 3 meses ou dous meses antes de chegar ao seu fin de contrato si estaba ou non renovado ou que sería do seu futuro. A obligación da empresa é informar ao traballador 15 días antes e queredes que vos informen un par de meses antes. Estades a sacar as cousas de quicio.
Realmente non creo que os dinamizadores da Rede de Dinamización estean a dar unha boa imaxe de cara á xente de fora que le este blog.
Dedicádevos a traballar como ata agora. non fastidiedes todo o que levades feito e tranquilos/as.

Anónimo dijo...

A imaxe que damos é reflexo do trato que recibimos. Se alguén entra neste blog posiblemente o que se leve é a impresión de que estamos a vivir un caos, e esa non é a nosa culpa.
Somos moitos e máis de un sabemos o que é traballar nunha empresa privada, persoalmente a min na privada sempre me trataron ben, non é posible xeneralizar cando se fala de traballo

Anónimo dijo...

Voltan as idioteces a flotar. A imaxe que damos pode ser diferente segundo de onde se mire. Os números falan e isa é a realidade.
Non vamos a facer nada en tres meses que non teñamos feito en tres anos.
A situación que reflexamos na actualidade non é outra ca a que vivimos: DESINFORMACIÓN por parte dos que son os nosos superiores directos (coordinación ben mal chamada, por certo nunha situación como a actual)
Quen queira que pense o que queira dos dinamizadores, a realidade está nos obrdoiros que impartiron, nas iniciativas que levaron a cabo a nas mil e unha historias nas que participaron.
Por favor coordinación, implícate.
Por favor novo goberno: non cometas o erro das escolas infantís, invirtamos no que non hai e deixemolo que funciona seguir adiante.
Hai que ser un pouco intelixentes.

Anónimo dijo...

Algúns estádesnos a cavar a nosa propia tumba, creo eu. A imaxe que damos é caos, capricho, infantilismo e pasividade, MOITA PASIVIDADE.
Se coordinación está mal chamada (que tamén se nos enche moito a boca dicindo que todo o facemos nós e eles son todos malos e vagos, vaia bobada, por certo), nós moito dinamismo tampouco creo que transmitamos, digo eu. Se cadra para levarnos a unha tertulia, porque moito darlle ó pico pero, como dicía un/ha compañeir@ nun comentario anterior, de moverse nada de nada.
Surxen de vez en cando propostas que todo o mundo ignora e, como di o dinamizador X, cando se fala de algo serio, ninguén comenta nada. Moito rir das tiras e despotricar ata uns dos outros, pero á hora da verdade, mucho ruído y pocas nueces.
É a última vez que escribo aquí, e vou preguntar: ímonos empezar a mover (ben e como dios manda) ou non? Se a resposta é si, non sei a qué esperamos!! Se é non, que dios reparta suerte o 31 de decembro e que vos vaia ben a tod@s, un pracer ter participado con vós neste proxecto (coordinadores, os que están e os que non, e dinamizadores, idem de idem).
Deica.

Anónimo dijo...

http://novas.xunta.es/node/16640

Anónimo dijo...

Deberiamos xuntarnos

Anónimo dijo...

Xa me chamaron para o recoñecemento médico, alguén sabe en que consiste?

Anónimo dijo...

Alguén recibiu máis cheques gourmet?

Anónimo dijo...

nop :(

Anónimo dijo...

Sí eu sí, o Venres chegáronme 42 Euros

Anónimo dijo...

A min tamen me chamaron para o recoñecemento médico este mes pero ainda non sei nada deses cheques.

Sau2

Anónimo dijo...

http://fundacioncalidade.org/galego/convenios/ver/&contreg=15 , non sei que vos parecera a vos pero a min que o fixeron publico sera por algo

Anónimo dijo...

Non queríades información sobre o noso futuro e o futuro da Rede... pois aí tedes

Anónimo dijo...

A revusión médica supoño que será bastante completa. Analítica de sangue, levar "o pis" da mañán, supoño que nos mandarán soprar para ver a capacidade pulmonar, igual fan un electrocardiograma. Creo que todo en xeral van a mirar. Eu aínda non a pasei aquí, pero noutra empresa foi así máis ou menos.Os que xa a pasaron poden comentar se queren.

Anónimo dijo...

Noticias? non entendo moi ben que significa eso ( o enlace ese da fudación que fala dos convenios)

Anónimo dijo...

Alguén sabe de que vai isto http://fundacioncalidade.org/galego/convenios/ver/&contreg=15

Anónimo dijo...

Pois que seguindo os protocolos de transparencia, poñen a disposición do cidadán a relación de convenios firmados (non so os nosos); que eu saiba estan ahi postos fai un mes ou así... xa os vira..

O problematico do asunto é que algúns convenios son con prorroga es os nosos son "con prorroga: non"

Podemos interpretar que se acabou ou os máis optimistas poden pensar que a Rede como tal non pode ir alén do 31-12-2009 e que despois seguiremos na "REDE de X" en vez da RDD

Pintar non pinta moi ben se non nos dan un si en firme a mediados de outubro, pero bueno....

Anónimo dijo...

En coordinación hai orde de non falar con vos !!!
Por iso están calados e a orde non ven de enriba

Anónimo dijo...

Pois de por aqui abaixo non creo q veña a orde de non falar con nos.

Supoño que será cousa da xefa de proxecto, pero era sabido

Anónimo dijo...

o que falabades dos Cheques gourmet, envianos á entidade ou a casa?

Anónimo dijo...

Hey, de que vai a carta esa que tanto se comenta?

Anónimo dijo...

os cheques os envian á casa

Anónimo dijo...

Ola¡¡¡ Dinamizador X saca unha tira, isto está moi pagado....

Anónimo dijo...

Carmen = Rajoy; caladiños, caladiños, a ver se pasa o temporal e nos deixa onde estamos. A xente que non se molla nin na ducha non queda ben diante de ninguén, se iso é o que se persegue

Anónimo dijo...

Boas teño unha pequena nova para as/os dinamozadores que non queria publicar no blog se alquen lle interesa volvo poñer o meu mail. Un saúdo dinamizador13@gmail.com

Anónimo dijo...

http://codigocero.com/O-BNG-denuncia-o-desmantelamento

Dinamizador X dijo...

Seccion de Novas Actualizada

Anónimo dijo...

Máis clariño imposible; non apostan polo software libre e non lles importa nadiña o traballo feito

Unknown dijo...

Aos que estaban interesados xa lles enviei o correo que me chegou a min. Espero que vos sexa útil e interesante.

Anónimo dijo...

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/14/sociedad/xunta-non-financiara-mancomun-porque-proxecto-do-bipartito/2009101423343193015.html

Anónimo dijo...

desaparece man comun

http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=16247&id_cat=5

Anónimo dijo...

XUNTÉMONOS XA, dinamizador13@gmail.com, é importante

Anónimo dijo...

DinamizadorX, por favor, abre un novo post para comentar os últimos acontecementos (sindicatos, eleccións, grupos...?)

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo