lunes, 22 de febrero de 2010

Tres anos convosco

Así é,como o ledes, hoxe esta bitácora cumpre 3 anos de vida, quen podía imaxinalo daquela, xa non pola bitácora, senón tamén por que non agardabamos botar 3 anos dinamizando.
Como non podía ser doutro xeito gustariame felicitar públicamente ao Dinamizador X e a tod@s @s seus colaborador@s por levar 3 anos traballando nesta páxina, así como agradecerlles a oportunidade de colaborar con el@s.
E non podo, nin quero, esquecerme de vós, @s nos@s compañeir@s, que nos seguides e aproveitades para comentar as vosas inquedanzas e para aclararnos a tod@s aspectos fundamentais do noso traballo, agora temos un comité de empresa que nos representa, pero ata o nacemento do comité case se podería dicir que esta bitácora era a nosa referenza para informarnos, para comunicarnos e para debatir entre nós. O que, ao meu xuízo, di ben pouco da nosa coordinación, xa que opino que esa referenza debería de ser proporcionada pola propia Rede.
Así que graciñas a tod@s por levar 3 anos aí, por preguntar, por respostar, por dar a vosa opinión e por facernos pensar que este espazo é un pouco de cada un de nós.

1 comentario:

dama do castro dijo...

Con retraso, para variar, pero moi feliz cumpreanos a este blog. Prometo reaparecer dun momento a outro con algún artigo, pero como ben sabedes a vida dos dinamizadores/as non é de estar rañando a barrigola e non gozamos de moito tempo libre.
¡Viva os dinamizador@s!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo