martes, 20 de marzo de 2007

Se queres traballar no MAP, aprende Word 2000

O pasado 16 de marzo o Ministerio de Administracións Públicas publicou a convocatoria no BOE de 1447 prazas de auxiliar administrativo (entre outras). Na convocatoria podemos ler que se piden coñecementos de Word, Excel, Access e contorno Windows. A proba práctica será sobre Word 2000, un procesador de textos que non só é de pago, senón que ademais só se pode conseguir nun sitio (e non é nunha tenda). ¿Como espera o Estado que os cidadáns poidan acceder a ese software tan específico? ¿É aceptable que teñamos que pagar unha cantidade tan grande por prepararnos nunhas probas públicas? ¿Os auxiliares administrativos realizan tarefas tan específicas que requiran Microsoft Office fronte a Openoffice? ¿Por que estes 1447 auxiliares van traballar con 1447 novas licenzas de Microsoft Office? ¿Non se podería facer a proba práctica sobre Openoffice, sexa o que sexa que use logo a administración? ¿Algún día acabaremos con este círculo vicioso? ¿Este é o MAP do século XXI que queremos?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes moita razón, en realidade contradicense: por un lado queren moita dinamización da Sociedade de Información para Galiza sobre o uso do software libre e sen embargo obligan ós opositores a prepararse polo Windows (¿é posible que Windows lle de unha subvención por iso? Como é case seguro que non pois deberían predicar có exemplo.)
En fin, eu opto polo openoffice.org aínda que de vez en cando satureme o portátil e para pechar o write tardeme 2 minutos. Pero a cuestión é esa, utilizalos e sacar conclusións para optimizalo mellor.
Unha aperta

Dinamizador X dijo...

Gracias polo comentario e unha aperta para ti tamen.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo