jueves, 31 de mayo de 2007

¿Para cando en Galiza?

Podemos ver na edición dixital de hoxe de ABC, unha nova esperanzadora para o desenvolvemento do software libre no estado español. O caso é que a Junta de Castela e León estudia implantar software libre nos ordenadores da administración. O triste a estas alturas é que so a comunidade de Extremadura ten implantado este sistema nos seus 10.000 ordenadores. Imaxinarvos o que poden costar as licenzas de Windows, Office e demais paquetes para 10.000 ordenadores.
Sen ir mais lonxe na nosa comunidade o día 30 de Abril sae publicada no DOG unha resolución pola que se adxudican 1.452.500€ para a subministración de licenzas Microsoft, para os anos 2007, 2008 e 2009. Cartos que poñemos todos cos nosos impostos. ¿E non se podería aforrar todo ese diñeiro e invertilo no ben de todos e non no ben de Bill Gates? ¿E non lle dariamos pulo así ao software libre?
Ogallá non se quede so nun estudio e a Junta castelá leonesa implante o sistema. ¿Para cando a implantación no resto de comunidades autónomas?¿Para cando en Galiza?
Un saúdo a todos/as e disculpade a demora nas nosas publicacións pero xa sabedes, obradoiros, actividades, papeleos... Non vos preocupedes que non nos esquecemos de vos.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo