viernes, 20 de julio de 2007

Ti es o DinamizadorX

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero quen caraio (ou ovarios) eres tí?

Eu antes pensaba que eras de Lugo, despois de Pontevedra e agora creo que ti eres (ou vos sodes)un grupo de xente.

Danos unha pista, ohhh!

Dinamizador X dijo...

Asi que despois de ver a imaxe segue habendo dudas sobre a miña identidade.

O unico que podo decir e que a imaxe conta moitas mais cousas que as que ten no texto.

Saudos a tod@s.

Anónimo dijo...

eu creo que eres alguén de coordinación, consell.., unha boa estratexia

Anónimo dijo...

como nos estan todos os dinamizadores reunidos nesa imaxe, a cal por certo, poderías pedir permiso para publicar as fotos dos presentes, mais que nada por educación xa que me parece que para manexar datos de persoas, que menos que pedir PERMISO!!!!
polo cal deduzco que o/a ou os/as dinamizador X non esta nesa foto!!!!!
A próxima vez que quieras facer algo parecido, e sobre todo con información e datos de outras persoas, recorda PIDE PERMISO, que non costa nada!!!!!

Anónimo dijo...

As fotos son públicas.

É dicir, ti colgaches esa foto na Web de Dinamización polo cal considerase que das permiso para que che vexan.

Non veñas con parvadas de pedir permiso e demais tonterías que tampouco foi para montar semellante cristo á idea do Dinamizador.
Por certo, a min gustame o collage.

dinamizadora dijo...

Pois a min gústame moito este cartel sí señor.
Pero pregúntolle ao dinamizador x se existe algún código cifrado á vista, así ao estilo do código da vinci, ou algo polo estilo¿?

Dinamizador X dijo...

Gracias o anonimo que puxo o de "As fotos son publicas" alegrome de que che guste o collage.

E por decilo de algun modo pode que estivese pensando no Codigo Da Vinci mentres o deseñaba.

Anónimo dijo...

Repito: pedir permiso non costa!!!!!!
E outra cousa que a web de dinamización empreguen a miña foto e unha cousa, a cal si sou o meu consetemento pero que alguen que non coñezo de NADA empreguen a miña foto para outro FIN totalmente distinto, NON o consinto; hai que ser un pouco mais respetuosos!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Outra cousa, parvadas as xustas cando se usa cousas de outras persoas VALE!!!!

Anónimo dijo...

Parvadas por poñer unha foto túa no collage?
A única parvada eres ti.

Andrea Pino dijo...

A min gustoume o collage.. unha idea moi creativa.
¿Por que tantas ganas de saber quen eres? Se souberamos quen eres, xa fai tempo que o mito desaparecería e a ilusión de le-lo blog para saber se das algunha pista estaría esfumada.
Non importa quen sexas, só eres unha persoa (ou varias ou todos, como pon a foto) que expresas a túa opinión como o resto, coa salvedade de que a fas pública nun blog e nós a facemos pública na nosa casa. Cada quen di as cousas onde mellor lle parecen.

En canto a pedir permiso polas fotos, bueno... eu mandei esa foto o meu espazo na rede de dinamización, tamén están alí a miña dirección e o meu tlf. E bueno, iso por non dicir que a protección dos nosos datos por parte da Xunta, é como as palabras que leva o vento (se non sabedes do que falo, poñede o vose nome en google entre comillas, a ver que pasa)
Así que, visto o visto o de coller a foto para o collage é o que menos me importa. Iso sí, agora como xa sabes que algún/ha lle molestou que non pediras permiso, para a próxima que queiras facer un collage, mandas un mail e xa está. Seguro que grazas o comentario de que eres o que non está na foto, máis dun dache o permiso para que non o sinalen coma o "Dinamizador X". (ou sí, quen sabe...)

Un saudo e que non chegue a sangue o río...

Anónimo dijo...

Xa que tod@s somos unha piña, propoñovos unha idea para as vacacións :
¿Por qué non imos tod@s algún lugar en común? Tipo acampada ou algo parecido. Sería unha boa idea para quedar tod@s xunt@s e seguir a coñecernos e comentar os pros e contras deste proxecto, como o pasamos canutas e de paso facemos festa para nos sos/soas.
¿Qué opinades? Algunha suxerencia?

Anónimo dijo...

Jajajaja, o collage é moi bo, moi creativo si señor. E o da foto é unha parvada, que eu saiba non pediron perniso para poñer a foto na web, pediron a foto.

Anónimo dijo...

Quedame claro o marxe de respeto pola opinión para con algúns que non forman parte da idoneidade do collage, aínda que so sexa eu, creo q teño tanto dereito a que se respete a miña opinión, sen ter que descalificala indirectamente ou directamente en base a parvadas, etc...
Sendo a miña intención nin que chegue a sangue ao río, nin montar ningun cristo, para nada, non sei a que ven iso, so por expresar que a próxima vez se pida permiso, me poñades tales comentarios, coma se estivese ofendendo ou sentenciando, pois sinceramente aluncino.
O caso e q a miña intención é reinvidicar dereitos nosos, polo meus, como o de elexir, conceder, onde quero EU que apareza a miñas fotos e os meus datos, so iso,agora ben os e as que se sentiron ofendidos ou ...., disculpade, pero non me cansarei de OPINAR SOBRE ALGO QUE SOBRE TODO APAREZAN OS MEUS DATOS!!!!! E ata aquí!!!!!!!

Anónimo dijo...

Sinto se te odendiches por dicir que é unha parvada o da foto, pero é que mo parece. Ti non lle deches permiso á Rede para poñer a túa foto, eles pedírona e aínda que ti non quixeras cha esixirían igual, non vexas o pesados que foron cos que tardamos en colgala. Pero se a ti faiche feliz pensar que lles deches o teu permiso alá ti. Se tanto problema te parece existe unha Lei de Protección de Datos so tes que denunciar esta páxina por incumprila e a ver se che dan a razón. En calquer caso as miñas desculpas se te sentiches ofendido, non era a miña intención. A miña intención era dar a miña opinión igual ca ti.

Anónimo dijo...

Menudo cristo montado por mor das fotos.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo