jueves, 29 de mayo de 2008

A teoria de "Te lo dije" Windows 7

Primeiro foi o Software para o Altair, logo o MS-DOS, mais tarde os Windows 3.0, 3.1 e 3.11 esta e a base.

Mais tarde Windows 95, 98, NT ,Millenium e 2000.

Ata aquí quería chegar eu. Cantos de vos amig@s meus vos acordades do WindowsNT? E do Millenium? Si home si, non recordades o Windows Millenium, un dos mais publicitados e peores fracasos de Microsoft. Eu tíñao no meu Acer ala polo ano 2000.

Que tempos, recordo as noticias de internet, periódicos e televisión. Dicían que Microsoft estaba acabada, que este sistema era o peor fiasco do mundo, que nos tomaban os usuarios por tontos. En xeral o de sempre, e o final coláronnola a todos. Aínda que pouca xente mercara este "famoso" sistema operativo, colábancho dentro dos PC's de serie, e o que facía todo o mundo e pasarse o Windows 98 Second Edition (porque a primeira edición foi tamén outra tomada de pelo) ou o Windows 2000 que por aquel entonces xa estaba bastante asentado na sociedade e no Hardware da época.

Ata que un 25 de Outubro de 2001 saeu o WindowsXP e todo o mundo flipou con el e segue flipando ata o dia de hoxe.

Agora pensade na actualidade, non vos soa esta historia? Un sistema operativo que e o peor do peor, que se publicita hasta o asco e que se vende de serie con todos os ordenadores, tanto portátiles como de mesa. Todo o mundo baticina o fin de Microsoft, todos piden a cabeza de neste caso Steve Ballmer (sucesor de Bill Gates), e cando pensamos que todo esta perdido, que o software privativo esta acabado, e o libre pode por fin voar, Microsoft sacase o seu As da manga, un as que tiña gardado dende fai moito, igual que fixo con XP despois de Millenium, igual que fixo con 2000 despois de NT, e igual que fixo con 98 segunda edición despois da primeira. Supoño que a ninguén pillara de sorpresa pero aquí esta Windows 7.


O espero digno sucesor de Vista, comezou a pensarse despois da creación do XP, pero coma sempre pasa con Microsoft non podían esperar oito anos para seguir colleitando millóns. Entre mentres este sistema non saia a luz, sacaron o Vista, e coma en todas as ocasións anteriores, foi un asco, o que non di que o Windows7 vaia a ser o puto mellor, pero a xente botarase a el coma abellas sobre a mel buscando unha saída o Vista, e Bum mais millóns o canto, todos os que pasaron o Vista a XP nos seus ordenadores pasarano a Windows7 e xa esta. Repetirase unha historia que dentro do mundo dos ordenadores leva ocorrendo toda a vida.


"Si es que te lo dije, que no compraras un ordenador ahora que es mala época, que es de tontos, espera un poco y lo compras con un Sistema Operativo decente, que te compras cualquier cosa con tal de que te regalen un uesebes que pareces tonto, que al final te mereces que te pasen estas cosas, te lo dije si es que te lo dije"

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu recomendo cando merquen un ordenador que lle instalen o linux e se non esta acostumbrado/a que lle instalen o windos xp. Pero non me fan caso, e logo veñen as bágoas. E eu que non son piadosa lles reprendo dicindo: "Te lo dije"

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo