jueves, 8 de mayo de 2008

Opinion compartida sobre Ubuntu

Gracias a colaboracion anonima de algun dos nosos compañeiros dinamizadores, topeime en internet con un colectivo de persoas que o igual que alguns de nos non estan moi combencidas de Ubuntu, NoUbuntu.org non podo decir que comparta o 100% os seus ideais sobre o que teñen que ser Linux e os seus usuarios, pero dinme conta que non son o unico becho raro. Decir tamen que Ubuntu ten cousas que estan ben, asi que vou comezar por hai.

Que me gusta de Ubuntu, en principio e facil de instalar, os drivers van moi ben, e o software en xeral que tre temen esta moi ben. Actualizase cada pouco (arma de doble filo) e parece estar moi aceptado pola comunidade.

Que non me gusta, o primeiro a sua filosofia, porque o de "Linux para seres humanos" non mo creo. Porque Ubuntu e unha das distros Linux mais usadas? Simple e claramente pola pasta que esta detras, publicidade e mais publicidade, cousas que se escapa da filosofia xeral das outras distros de ser mellores non polo marketing senon polo seu contido.
Non me gusta a sua filosofia porque o que fai e utilizar sen ningun escrupulo a comunidade de Devian, baseando todos os seus avances en avances de Devian.
Utiliza tamen a filosofia de son mellor porque son mais bonito.
E unha pequena cousa que non me gusta, que se actualiza cada moi pouco, o que indica que as versions alfa definitivas que saca non estan moi ben testeadas.

Publicidade a esgalla, copia indiscriminada e bonito de mirar. Recordame demasiado a Windows. Todos sabemos que por esta filosofia conseguese o exito seguro, pero dame que Richar Stallman non querria que algo asi se asiciase o nome de GNU/Linux. Por certo mentres estou a escribir esto estou lendo artigos sobre Canonical a empresa que leva Ubuntu, recomendovos o da Wikipedia, mola saber onde ten a sede esta empresa.

Agora alguen pensara, "este individuo di non a Ubuntu por fastidiar, porque e o que usan os da Conselleria" pois non amigos meus, esto non e verdade porque ainda que sea o que se pon nos ordenadores dos centros con Wimax, na Cordinacion non usan Ubuntu.

Agora vou poñer unha listiña de distros que compiten con Ubuntu en sinxeleza e en calidade (e incluso o superan):

Linux Mint Precioso o seu eslogan.
Mandriva Cumple 10 anos.
Knoppix Version live CD
OpenSuse Encantame
Fedora Ten o nome mais desafortunado.

Quedome con estas porque penso que son das mais sinxelas, pero recordade que temos moitas mais, e que o verdadeiro poder do Sofware Libre e a sua variedade de opcions para elexir.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero imos ver ...

criticas a Ubuntu por ser "bonito" e por estar baseado en Debian e recomendas Linux Mint. Linux Mint, para comezar, está COMPLETAMENTE baseado en Ubuntu, e digamos que o seu "leitmotif" é facer unha distro máis elegante e agradábel visualmente, vamos, máis bonita. Entón ¿?

Non só iso, senón que Linux Mint trae por defecto instalados o que lle chaman "dirty codecs" ou "dirty software", é dicir, programas que non son estritamente software libre. A min non me importa, de feito teño instalados varios destes códecs, por exemplo para a tarxeta gráfica, pero a ti, que mentas a Richard Stallman, isto debería parecerche unha aberración.

Respecto ás outras distros que comentas ...

Probei Mandriva pero cando aínda se chamaba Mandrake, e o único que recordo dela é que foi a distro de Linux máis inestable que probei nunca, incluso se quedaba "colgada". Pero supoño que iso terá cambiado.

Fedora, tamén traballei con ela anos ha, cando era Fedora Core, non recordo nada salientábel.

(Open) Suse nunca a usei, pero todo o mundo fala ben dela. Pero vamos, que se te queixas da publicidade que ten Ubuntu ... Open Suse recibe tanta ou máis publicidade grazas á súa "irmá" Suse, que non só é súper coñecida e súper publicitada, senón que ademais é de pago (así que hai moitos máis intereses en xogo).

En todo caso, estas tres distros usan o modelo de paquetes RPM para as actualizacións e as instalacións de software, o cal en moitos casos obriga a compilar, configurar, ... Por non mencionar o problema das dependencias.

Desde que soupen o que era Debian e o seu "apt-get" nunca máis quixen volver a saber nada de RPMs. Pero cada un co seu.

E Knoppix, pois bueno, é unha LiveCD, así que non compite con Ubuntu, son cousas distintas.

Francamente, para o usuario normal, penso que Ubuntu é o máis sinxelo hoxe en día. Bueno, non só sinxelo, senón que ademáis funciona moi ben.

Se alguén busca unha distro "profesional", que se pase a Gentoo, e pase días e días compilando o núcleo, e todo o software que queira instalar. Din que é a distro que máis rendemento saca ao teu ordenador ... xa pode.

E bueno, dito isto, e sen ánimo de ofender, penso que esas recomendacións de distros foron un pouco ao chou, especialmente a de Linux Mint, que é todo o contrario do que predicas.

Ala, saúdos.

Anónimo dijo...

mi experiencia en estos temas que hablais es bien limitada... pero digo yo... ubuntu o noubuntu a máis dara??? lo importante es que los usuarios/as que no teniamos ni idea de lo que era el sw libre ahora si lo sabemos y lo usamos!!! y si para eso nos lo tienen que poner bonito pues que lo pongan... o acaso vosotros preferis una novia fea??

Dinamizador X dijo...

Estou contendo de ver que unha usuaria con experiencia en Linux visita este humilde Blog de vez en cando.

Comparto algunhas das tuas opinions con respecto o artigo. Co de Linux Mint foiseme a pinza e Mandriva segue sendo algo inestable.

Pero teño que discrepar en algo moi importante, en ningun momento critiquei a Ubuntu por estar baseado en Debian, todo o contrario, basearse nunha distro como e Debian e o que o salva.

Se non e moito preguntar, gustariame saber que sistema operativo tes instalado no teu ordenador.

Gracias pola tua opinion, espero que a compartas mais a miudo.

Anónimo dijo...

Eu creo que Ubuntu,kubuntu e demáis familia están moi ben no seu(achegar a usuarios inexpertos ao software libre) , eu instaleina por probar(kubuntu 8.04) e funciona moi ben ,iso sí boto de menos maior nivel de configuración na instalación (Nin sequera sistema de ficheiros puiden escoller)(ext3 x defecto). Ademais basease en debian , para min básico , como di o primeiro comentario o apt-get fai majas (actualizas , instalas , buscas ... con catro palabriñas) ademais que tamén usei distros baseadas en red hat e non me convenceron .

No que si que dan no clavo estes de Noubuntu e que parte da filosofía do software libre pérdese con este Sistema Operativo , pero é que ubuntu xurde como distro baseada en debian para achegar o SL a novatos e,antigos usuarios de windows , non lles podes pedir a estas novas comunidades de usuarios o mesmo nivel colaborativo nin de criterio que a outras porque a finalidade é ben distinta .
Ostiá , ata desenvolveron executables de 1MB que che fan a partición, instálancho co xestor de arranque(windows-ubuntu) e todo isto con un solo clic(wubi) .

Un saúdo compañeir@s .

Anónimo dijo...

Imos por partes, porque criticar por criticar é moi sinxelo, e ir contra o sistema por ir tamén, é a sensación que me da a min a túa entrada, Ubuntu usao cada vez máis xente e xa non mola, é mellor que so o usen/usemos catro frikis, porque así queda máis pro e somos máis da élite... Só por curiosidade, que sistema ou sistemas operativos tes instalados no teu ordenador? Se tes curiosidade, eu uso Ubuntu exclusivamente.

Por que non cres o de "Linux para seres humanos", non é certo? Pareceche difícil usar Ubuntu? É máis difícil que Windows? Eu penso que sí que é para seres humanos, e por iso se está a coverter na distribución máis usada, porque é usable ademais de estable, ademais de non perder a filosofía do software libre, porque que eu saiba é libre, non sí? Que ten pasta detrás, pois claro que sí, igual que a ten OpenSuse ou Red Hat, pero non por iso van a ser mellores ou peordes distribucións, serano porque funcionen ben ou mal, pero non porque alguén poña pasta... Dis que Ubuntu ten publicidade... en donde a viche? Hai algún banner en algunha web que eu non vira? AdWords? Eu non vin publicidade por ningún lado, quizáis Canonical regale CDs e merchandising, pero iso é publicidade? Outra cousa ben disitinta é que os bloggers e usuarios lle deamos publicidade, pero iso non creo que sexa publicidade, máis ben é comunidade. Alguén a probou, gustóulle e comunícallo ao resto de usuarios, ao igual que faríamos con unha peli que nos guste...

Dis: "Non me gusta a sua filosofia porque o que fai e utilizar sen ningun escrupulo a comunidade de Devian, baseando todos os seus avances en avances de Devian."
Coñéces as 4 liberdades do software libre? http://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%B3digo_libre#Libertades_del_software_libre Supoño que estarás a favor da libre difusión do coñecemento e compartir as melloras do software, entón, porque é malo que Ubuntu utilice o que funciona ben en Debian?

Dis tamén: "Utiliza tamen a filosofia de son mellor porque son mais bonito."
Non sei de onde sacas esa conclusión... pero a ti non che gustan os sistemas operativos de escritorio bonitos? No teu ordenador non tes instalado Compiz?

De un usuario de software libre e dinamizador (agora mesmo en San Sadurniño), que defende a libre difusión do coñecemento e a filosofía do software libre porque creo nela. Que uso Ubuntu porque é libre, pero sobre todo, porque cumpre todas as miñas necesidades, podo ler blogs coma o teu co Firefox, pero tamén podo usar a liña de comandos cando me da o punto friki ou simplemente por aprender ou simplemente porque o preciso. Uso Ubuntu porque é estable e tamén porque é bonito...

E xa paro... Un saúdo.

Dinamizador X dijo...

Supoño que habera moitos banners en webs que ti non viches para mostra un boton.
Unha web con un banner de Ubuntu:
www.barrapunto.com
Unha web de referencia no mundo da tecnoloxia.

Gracias polas vosas opinios, como me gusta que xente tan preparada nos visite de vez en cando.

Por certo que o Lado Escuro da Forza me leve e Cthulhu debore a miña alma se digo algun dia que Linux e solo para frikis.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo