lunes, 14 de julio de 2008

Traballo a moreas

Hola amigos e amigas dinamizadores.

Perdoade a miña tardanza en publicar cousas novas pero estou ata arriba de traballo e no meu piso somos de ese nonseicanto% de Galicia que non dispon de internet.

Pois moi ben, despois de todo o visto que pasou co noso compañeiro, teriamos que estar todos contentos de saber que estamos "libres de todo mal" ata Xaneiro, porque a el non lle "renovaron" o contrato xusto os 6 meses, o que quere decir que nos estamos salvados.

Mandeille un correo fai uns dias para saber que tal se atopaba e contoume que non mal de todo, teño unhas ideas para unhas tiras comicas sobre esta situacion que publicarei dentro de pouco, teño o seu permiso asi que ninguen se altere se lle parecen ofensivas.
Porcerto destedesvos conta de que Tui xa ninsequera sae na web, vaia vaia, moi mal o devia de facer o dinamizador de ali se deixan colgado a un concello con un Telecentro da CMG proximo a inaugurarse http://www.galiciasuroeste.info/tui.htm.

Vueno e volvendo o tema de que estamos salvados, recordade non perdervos os vosos preciados 20 minutos do café, e algo escoitei sobre o combenio e os venres a tarde que teriamos que mirar.

Un consello agora que a corda que nos apertaba parece que esta perdendo algo de forza, coidado co PIDGIN compañeiros, creo que xa o comentei algunha vez, non estou seguro, e unha preciosa e fantastica maneira de ter controladas as combersas que mantedes ¿Ou alguen cree que non se poden monitorizar e gardar as combersas que todos nos mantemos polo PIDGIN todos os dias? Recordades o servidor o que vos conectades jabber.mancomun.org se nos microcursos (por chamarlles algo) que nos dan sobre Linux nos ensinaran algo de redes saberiades que e mais sinxelo que roubarlle unha piruleta a un neno cego. Asi que recordade NON FALEDES POLO PIDGIN DE COUSAS PERSOAIS.

E con esto e un biscoito ata logo e contade os dias para as vacacions.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

"b" e "v" non e o mesmo! ^^ galgo xa!

Anónimo dijo...

O do pidgin está máis que claro,que co control demencial que andan a meter non so o miran , senón que o remiran e o volven mirar a ver quen colle a tanxente do rego coordichiringuito dinamizador .
O do despido pois é o que é , seica foi polo período de proba,isto é algo que deberían explicar por parte da coordinación . Que carallo fixemos o ano pasado logo ? non quedou xente fora ? e se po ano nos meten noutro chiringuito de vacaciones en el mar ? tamén teremos outros seis meses de proba ? En finsa , querido dinamizador X a ver esas tiras .

Un saúdo compañeir@s

Anónimo dijo...

Non entendo unha cousa, como nun contrato de un ano 6 meses son de proba, iso creo que moi legal non é. Perdoade pero e que estou un pouco perdida porque xa no formo parte da rede.

Anónimo dijo...

Que eu saiba o contrato non é dun ano senón por obra que non é o mesmo. Se nos din que remata a obra nos poden botar antes do ano e por suposto tamén despois. O de estar a proba despois da bolsa si que é curioso.

Anónimo dijo...

Cando te contratan nunha "empresa" o "normal" é que teñas un período de proba. Ese período suele ser de un mes, pero como xa tedes comprobado nesta historia todo pode ocurrir.
Eu xa non sigo na rede, pero sigo vendo que as cousas de mal, sempre poden ir peor.A miña solicidaridade coa persoa á que despediron.
Saudos para tod@s!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo