lunes, 23 de febrero de 2009

E que sexan moitos máis...

Hei de recoñecer que se me pasaba a data, e iso que parece que foi onte cando me chegaron por correo electrónico aqueles logos alternativos da Rede de Dinamización, case podemos dicir que foron a primeira tira cómica.

Aínda lembrándome agora non podo parar de rir, moitas tiras pasaron xa, e artigos, de opinión, informativos, ou simplemente por que nos apetecía.

Felicidades a tod@s os que seguides esta bitácora, se é que aínda queda algún/ha despois do parón, e se queda ...moitas gracias, pensar que vos facemos un pouco máis levadeira a laboura dinamizadora é unha satisfación.

Pero sobre todo felicidades e graciñas ó autor desta bitácora, e autor das tiras cómicas, a alma desta publicación, felicidades polos 2 anos e graciñas polos bos momentos que nos fas pasar.

Confiemos en que o noso traballo nos deixe tempo suficiente para continuar alimentando esta páxina de liñas e non a descuidemos como ata o de agora que esbozar un sorriso de vez en cando, aínda que sexa no chollo, non pode ser malo.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo