miércoles, 25 de febrero de 2009

Porque Galinux non e o linux Galego

Agora e cando todos vos esperades que comeze a botar pestes de Galinux,ou pensaredes "xa esta este de novo coma sempre a rajar de todo o que se promove dende a rede", pois en parte tendes razón, pero so en parte.

Vou comezar explicando o que e Galinux.

Galinux para comezar non e unha distro (distribución) de Linux, do que se trata e dun metapaquete que funciona sobre un Ubuntu 8.04, dito metapaquete chamado AraOS o que fai basicamente e traducir todas as aplicacións o galego xa dende a súa instalación.
Ata o de aquí todo ben, temos AraOS, con un nome que non me parece axeitado, porque no mundo da informática as siglas "OS" sempre se referiron a Sistema Operativo (Operative Sistem) e paréceme confuso incluílo no nome dun metapaquete lingüístico. O citado Araos e realmente o logro do G11N (non so de mancomun) aínda que para o meu gusto quedase bastante corto, e non me parece que sexa algo como para tirar foguetes pero se serve para fomentar o uso do software libre benvido sexa.

Ata aquí, se eres de esas persoas que non saben aceptar a opinión dos demais non sigas lendo, polo da contra se te apetece informarte e tratar de entender algo que non tes claro continua.

Explicado quedou o que e Galinux non? E un paquete que o que fai e traducir un Ubuntu 8.04 o Galego, vale, e porque lle chaman o Linux Galego se non o é, e non o digo eu, dio o equipo da Web DistroWatch.com que se dedica a analizar e dar información de todas as distros de linux constituídas como tal, Españolas temos unhas cantas Guadalinex, gnuLinEx, MoLinux, MAX, Trisquel GNU/Linux (este si que e o verdadeiro Linux Galego pero creo que de iso falarei outro dia).
Ven se non e un Sistema Operativo porque nolo venden coma que si, amigos os políticos atacan de novo, en plena precampaña (que creo que foi cando se sacou isto) quedas de puta madre cos amigos e veciños cando fas este tipo de cousas, e se o regas todo con unha cantidade bestial de marketing e propaganda non che digo nada, asustariádesvos se superades canto valeu o anuncio da televisión de Galinux, e todos os Cedes e o paseo do Bus Dinamizador, que e desas cousas que che fan pensar en como se malgastan os cartos de todos. Porque a min no fondo iso e o que mais me mósquea, gustaríame saber de canto foi a partida orzamentaria que aprobou a consellería para pagar isto do Galinux, e iso tendo en conta que o AraOS esta feito por un equipo de voluntarios (ou iso me parece entender de todo o que lin).
Tendo en conta que a parte puramente software do tema saíu gratis ou case e que non hai ningún tipo de equipo que faga as veces soporte (porque a web e do mais deprimente que vin en moito tempo), eu son da opinión que e moi bonito que a comunidade de Ubuntu sexa os que che fagan as veces de soporte técnico, pero ti recibiches diñeiro para algo digo eu, monta un foro na túa web polo menos, ou tes medo de que poña opinións que non che gusten, segundo varias asociacións de Usuarios de linux de Galicia o tema de Galinux non esta demasiado ben visto, volvo a referirme a opinións de outros por exemplo GALPon que seguro que saben bastante mais do tema que unha persoa coma min.

Sacando polémicas, o do rexistro da marca e de puta risa, porque me lin os correos do GULs e non sei se rir ou chorar, menuda movida, sigo pensando que me aterra pensar o que farán cos cartos de todos que nos nin poidamos imaxinarnos, non digo que o propietario do rexistro sexa mala persoa nin que se vaia a facer nada, pero non me seduce a idea de que alguén sexa o propietario legal de algo que e de todos os galegos, acabo de acordarme do pazo de Meirás, pero iso e algo distinto.

Bueno en conclusión, que a min non me parece mal o tema de Galinux, o que realmente non podo aceptar e que se nos tome as persoas por parvos, e que nos vendan gato por lebre. Eu doume conta porque estou dentro deste mundo pero alguén que non o sepa pensa que o que ten diante do seu monitor e algo Made in Galicia cando en realidade ten un Ubuntu coma calquera, aínda que se acabará dando conta cando busque algo sobre Galinux en Internet e non atope nada de nada ou se atope con que a primeira Web que sae o buscar con Google e de Galinux-Slax que non e o mesmo que o Galinux do que aquí se fala, mais confusión o canto.

Pois espero que vos valera de algo isto que escribo, e recordade que é a miña opinión, contrastada coa de moitos profesionais pero e miña, así que recorda, se seguiches lendo cando eu che dixen que pararas sinto moito o que avisa non e traidor, pero te cortes en comentar a min si que me interesa a túa opinión.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu estou dacordo no que dis que o galinux é ubuntu 100%. Pero eu persoalmente quédome máis ca utilidade disto, é dicir ... un ubuntu (doado de manexar, intuitivo, plug and play, distro moi popular .... ) e en galego.
Despois como vendan os políticos un traballo colaborativo de moita xente é outra cousa .
Un saúdo e noraboa por retomares a páxina. Púñase de menos.

Anónimo dijo...

Jejeje, pódese dicir máis alto pero non mais claro.

Anónimo dijo...

Algunha idea de porqué non se promocionou/promociona Trisquel? Acaso non se levan ben as intitucións? (Xunta-Universidade)

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo