viernes, 6 de noviembre de 2009

@s dinamizador@s unid@s endexamais serán vencid@s

Canta razón amosa a última tira, tan boa coma o resto pero non me deixa de ter un tinte dramático.
Que se laudos, que se sindicatos, que se eleccións ao comité de empresa, e o asunto é que xa so nos quedan menos de 2 meses e estamos igual que cando tiñamos 4 meses por diante.
Desde aquí pensamos que isto é unha tomadura de pelo, e que van seguir tomándonolo ata o 31 de decembro incluído.
Entre os correos que nos mandadades nesta época oscura, rerscatamos unha nova sobre o consorcio galego de igualdade e benestar. Eles non agardan nin por laudos nin por resolucións, nin por eleccións.
Poderiamos ir á sede da nosa rede e empapelala tamén, e a Fundación, gustariame ver certas caras se nos ven aparecer a unha tropa entrando pola porta con pancartas e berros reinvindicativos, en fin...que bonito é soñar.
O que non quita que non nos poidamos unir ao consorcio galego de igualdade e benestar, seriamos máis a montar follón, o único que nos queda por diante.
Se fosemos franceses xa teriamos a gasolina preparada... folgaaaaaaaa!!!!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Ánimo rapaces que mentres pensades nas vosas movidas, a vosa xefa volve estar de saraos, iso sen contar que vós facedes o traballo e ela levase as flores.
É curioso ver, como un proxecto que naceu co bipartito, agora pase a ser do novo goberno.... pero que ben llo montan algúns.

http://novas.xunta.es/node/17299

Anónimo dijo...

Claro, os mesmos (quen di os mesmos, di as mesmas, o mesmo ou a mesma) que se dedicaban a facer "bromas" de Aznar, Feijoó, Fraga e ridiculizar a esfera da dereita ou do PP (sen ocasión ou con ocasión e na miña opinión nunha mostra de total e absoluta falta de integridade e profesionalidade) son os mesmos (mesma/o/os/as) que agora, cambian os amiguiños no feisbuk (manía persecutoria), colgan o retrato de fraga no despacho, e poñen unhas gaivotas de fondo de pantalla onde antes fardaba máis unha estreliña....

Sen dar lugar a máis polémica da que a propia vehemencia das miñas verbas xerará (aínda que non quero ofender a ninguén), so quisera expresar que hai moito veleta, cambiachaquetas, "pegatinas", e chamalle x.. que sempre vai frota-lo cú ao fogar máis quentiño. Haiii que baratos están os "ideais" en tempos de crise, non é? o peor de todo e que este tipo de comportamento, e unha merda que nos salpica a todos, e agora pagamos a consecuencias, ter a letra escarlata do partidismo e non gozar de presunción de inocencia.

¿Qué foi dos patróns que afundían co barco?

Non me fajades caso, hoxe é un dia gris

Anónimo dijo...

Igual tiña que ir o dinamizador Z en lugar de Carmen para representar a Rede. Si é ela a coordinadora terá que ir ela a representar a Rede non? E que conste que non saio a defensiva de Carmen porque a mín Carmen cáeme como o cú pero éche o que hai.

Anónimo dijo...

por suposto que debe ir ela, claro.
Pero, que menos que unha mención aos dinamizador@s, porque lendo esa nova parece que as mulleres fixeron as montaxes inspiradas pola obra e gracia do espíritu santo... ou por isntruccións telepáticas de Carme.

Anónimo dijo...

acabo de quedar de pedra ao ver que nin se nos menta nesta nova http://novas.xunta.es/node/17299
de pedra.

vaia peito carme... si señora.

Anónimo dijo...

E loghjo que esperabas? igual lle dan a coordinación doutra panochada mentras lle dan a patada no cú aos dinamizadores.
Ela agora ten que facer méritos para poder seguir chupando, e sen non lle chegan os meritos exclusivos dela, pois se apropia os compartidos e os alleos se fai falla.

Cada cal mira polo seu e punto.

..Nada novo dende logo; a ver cando notachedes preocupación en coordinacion polas vosas miserias....

Se algunha vez a houbo fai ben tempo que non.

Anónimo dijo...

Non teño por costume falar do que non coñezo. Se carme foi presentar memoria de muller nunhas xornadas , pois estupendo. Na nova di que é un proxecto levado a cabo pola rede de dinamizacion.

Anónimo dijo...

"..Nada novo dende logo; a ver cando notachedes preocupación en coordinacion polas vosas miserias...." pois eu volvina notar un tempo atrás, desde había moito (ou nunca) que a notara, pero desgraciadamente, de parte de quen ben pouco pode facer, por estar aínda peor que nós. Évos o que hai, sálvese quién pueda!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo