jueves, 19 de febrero de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 21 - 100% Open Source









Pulsa na Imaxe para agrandala

lunes, 29 de diciembre de 2008

5 de xaneiro,cambio de horario, escritos e presentacións

Ola compañeir@s :

Hai ben de meses que esta páxina está parada, e eu como novo colaborador respondo vogando nela co meu desvirgamento dixital neste gran blog que tan bos momentos me fixo pasar : Cas súas tiras cómicas, cos seus artigos de opinión, cas novas e cas vellas, cas novidades tecnolóxicas ... Ás veces tirando un sorriso, ás veces tirando unha pequena pedra e ás outras veces tirando un auténtico misil soviético tierra-aire sobre os momentos, as diferentes situacións e as máis variadas anécdotas acontecidas no marabilloso e excitante mundo laboral dinamizadoril .


Como en todo, hai motivacións que che levan a pensar, a opinar ou directamente a pór unha ciberpalestina na cachola, cibercóctel molotov na man e darlle avante cara conquerir o que é xusto, o que nos pertence .


Se a miña memoria non me engana a nós réxenos o convenio colectivo de traballadores de oficinas e despachos da Coruña (podedes descargar o ficheiro que corresponde ao periodo 2008-2011 en comfia.net) . Pois ben nunha incursión sindical na citada URL disque o 5 de xaneiro (xornada de tarde) non se choia (teñamos o horario que teñamos) .


Como é ben sabido a carga burocrática-administrativa-xustificativa que temos é moita, e tamén necesaria, pero será para todos igual . Ou vai ser que para mercar unha ducia de bolis teñamos que encher 218 solicitudes e formularios e os da coordinación non nos teñan que xustificar un cambio de horario con, polo menos, un argumento de tipo económico , produtivo ou mesmo organizativo, e non porque lle dea a arroutada á Coordinación (que é o que dá a impresión) . Alén de ter que asinar nós pola conformidade das novas condicións laborais para que se fagan efectivas .


Por último que xa esbardallo de máis , dar a noraboa a unha iniciativa que se fixo para enviaren algunhas queixas, propostas e suxestións á coordinación onde, aínda hoxe (polo que eu sei) non foi asinada nin pola metade d@s que estamos . Supoño que por diferentes casuísticas: Hai que se dar conta que tod@s estamos no mesmo barco e ser unha piña nestas cousas axuda moito e non andar a sacharlle as pernas @s que fan algo por tod@s, que ás veces parece por parte de algún que se o documento non está feito por si mesmo non vale .


Feliz saída i entrada de ano, e tede coidadiño co alcol que din por aí que emborracha .

miércoles, 30 de julio de 2008

A "Propaganda" ou perdon a carteleria

Cando pensabámos que as parídas que podían mandar dende cordinación remataban coas camisetas para azafatas dinamizadoras que mandaron a ultima vez, xa esta ben, tanto loitar polo feminismo e van e mandan unhas camisetas que non as poñeria ningunha de elas nin para ir a praia.

A ultima e a fantastica e nunca ben ponderada idea dos carteis. Os plastificados e os de PVC.

Tendo en conta que moitos de nos estamos en aulas dos Concellos, aulas da CMG e aulas das Deputacions non e un botarlle un pouco de morro, que os poñamos na porta, vale que si, na porta da aula vale pero na porta do edificion pareceme pasarse da raia, sobre todo se queres poñelo con velcro, porque ainda que o PVC sexa a reostia contra a choiva o velcro non e o mellor nin sequera o Superglú poderia soportar a intenperie. Asi que fago un chamamento para que nos manden taladros a todos para poder colgar os carteis, porque co pouco tempo que falta non vou poder pedir a colaboracion da miña entidade para tan dificil tarefa, e un taladro da casa non o vou traer.
No proximo pedido temos que solicitar catro toginos e catro parafusos que eso e material inprescindible.

E con esta pequena anotacion despidome que dentro de nada imonos de vacacions e non me quero raiar a ultima semana.

Ala amigos e amigas ata a proxima.

lunes, 14 de julio de 2008

Traballo a moreas

Hola amigos e amigas dinamizadores.

Perdoade a miña tardanza en publicar cousas novas pero estou ata arriba de traballo e no meu piso somos de ese nonseicanto% de Galicia que non dispon de internet.

Pois moi ben, despois de todo o visto que pasou co noso compañeiro, teriamos que estar todos contentos de saber que estamos "libres de todo mal" ata Xaneiro, porque a el non lle "renovaron" o contrato xusto os 6 meses, o que quere decir que nos estamos salvados.

Mandeille un correo fai uns dias para saber que tal se atopaba e contoume que non mal de todo, teño unhas ideas para unhas tiras comicas sobre esta situacion que publicarei dentro de pouco, teño o seu permiso asi que ninguen se altere se lle parecen ofensivas.
Porcerto destedesvos conta de que Tui xa ninsequera sae na web, vaia vaia, moi mal o devia de facer o dinamizador de ali se deixan colgado a un concello con un Telecentro da CMG proximo a inaugurarse http://www.galiciasuroeste.info/tui.htm.

Vueno e volvendo o tema de que estamos salvados, recordade non perdervos os vosos preciados 20 minutos do café, e algo escoitei sobre o combenio e os venres a tarde que teriamos que mirar.

Un consello agora que a corda que nos apertaba parece que esta perdendo algo de forza, coidado co PIDGIN compañeiros, creo que xa o comentei algunha vez, non estou seguro, e unha preciosa e fantastica maneira de ter controladas as combersas que mantedes ¿Ou alguen cree que non se poden monitorizar e gardar as combersas que todos nos mantemos polo PIDGIN todos os dias? Recordades o servidor o que vos conectades jabber.mancomun.org se nos microcursos (por chamarlles algo) que nos dan sobre Linux nos ensinaran algo de redes saberiades que e mais sinxelo que roubarlle unha piruleta a un neno cego. Asi que recordade NON FALEDES POLO PIDGIN DE COUSAS PERSOAIS.

E con esto e un biscoito ata logo e contade os dias para as vacacions.

martes, 24 de junio de 2008

Como deciamos onte

Como deciamos onte que contaba un famoso profesor de universidade.

Aqui tendes o novo Windows 7
A nova supermaravilla de Microsoft



Juas non sei a vos pero a min segue parecendo unha castaña, e recordame increiblemente a un iPhone.

Asi que para manter o equilibrio do Ying e o Yang.

OpenSuse 11.0 xa esta lista para descargar

A nova version do Sistema Operativo esta xa dispoñible para o seu uso e disfrute.
Espero poder provala dentro de moi pouco.

miércoles, 11 de junio de 2008

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 20 - Sistema de Traballo









Pulsa na Imaxe para agrandala

martes, 10 de junio de 2008

Unha boa nova dinamizadora

Hoxe é un deses días no que as novas tecnoloxías, e máis no rural galego, recibe unha boa nova. E é que Telefónica, esa empresa que conta cos maiores avances tecnolóxicos pero coas únicas máquinas do mercado que non devolven cambio, deixa de comercializar o ADSL rural.
¿E iso que quere dicir? Pois que a partires de agora aqueles que vivides no rural podedes disfrutar da mesma velocidade de conexión e mesmo precio que no resto de cidades (iso si con un límite de 3 MB).
Estou a falar daqueles que tiñades cobertura de ADSL rural, nos Ancares non creo que disfruten destas ofertas.
A min, o que máis me gusta, é que polo menos non penalizan a aqueles que viven no rural como se facía antes.
Porque ata día de onte, o ADSL rural era 10 euros máis caro que a conexión básica dun mega, tendo 512 KB de velocidade (máis caro e máis lento), e sen chamadas nacionais incluídas (máis caro aínda).
Así que se disfr... padecedes dunha ADSL rural xa estades chamando ao voso proveedor que ides aforrar cartos e ter máis velocidade.
Senón tedes internet, por que era un timo (de feito comparados con Europa o segue sendo), por que non é xusto que por vivir no rural se teña que pagar máis por peor servicio, pois xa sabedes, ademáis ás novas altas se lles está a ofertar 2 meses gratuítos.
Un menda, persoalmente, opina, que segundo a constitución ninguén pode ser discriminado polo seu lugar de residencia, que me expliquen que era entón o ADSL rural. Pois telefónica fixo o que lle deu a gana ata que lle deu a gana.
E aínda por riba temos que aledarnos, xa que poderiamos seguir discriminados durante anos.
Ao fin e ao cabo, unha boa nova para o noso traballo, xa que isto facilitará un maior número de usuarios de internet no rural, e polo tanto facilitará a nosa laboura. Iso si, máis o faría se contasemos con outros medios como a wifi, pero non se pode agardar todo o mesmo día.
A disfrutalo

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo