Dende este blog queremos pedir desculpas pola nosa última tira cómica.
Sabiamos que tiñamos moita influenza nas tomas de decisións que se están a levar a cabo dende a rede, o que non sabiamos era que son tan susceptibles e rápidas a hora de tomar medidas.
O martes 17 publicamos a última tira cómica e un día despois, repito, un día despois asombrosamente aparece un correo da nosa ben querida compañeira Marga dándonos instrucións co obxectivo de acadar mellores números.
Parece que levamos dous anos facendo mal o noso traballo ou, o que é o mesmo, rañándoa, porque de repente temos que facer ao mes 3 obradoiros con temáticas distintas, 30 horas de formación con 15 usuarios mínimo, unha actividade de difusión e tres iniciativas ao ano.
En fin, que enganados nos tiveron este último mes. Pensabamos que a Rede ía ir ao cacho, pois non, a perda electoral lles serviu para coller folgos e esixirnos máis números para poder salvar dese xeito os seus valiosos cus.
Pregúntome eu, que pasaría se de repente durante un tempo, digamos un mes, ningún de nós fixera absolutamente nada. Sería ese o xeito de nos facer valorar? ... O que está claro é que as explicacións sobre eses números que nós non obteriamos teríanas que dar dende Coordinación e... a quen??? Neste momento de incerteza está claro que non somos nós os primeiros perxudicados. Teñen medo de non dar a talla e tentan demostrar a súa valía como equipo organizativo?.
O que está claro é que despois de dous anos seguen sen ter en conta as realidades sociodemográficas dos concellos onde nos atopamos os dinamizadores e as necesidades dos usuarios.
Dentro de pouco haberá cambios nos mandos, será entón o principio do fin?.