miércoles, 18 de marzo de 2009

E a tira cómica deixou de facer gracia

Dende este blog queremos pedir desculpas pola nosa última tira cómica.
Sabiamos que tiñamos moita influenza nas tomas de decisións que se están a levar a cabo dende a rede, o que non sabiamos era que son tan susceptibles e rápidas a hora de tomar medidas.
O martes 17 publicamos a última tira cómica e un día despois, repito, un día despois asombrosamente aparece un correo da nosa ben querida compañeira Marga dándonos instrucións co obxectivo de acadar mellores números.
Parece que levamos dous anos facendo mal o noso traballo ou, o que é o mesmo, rañándoa, porque de repente temos que facer ao mes 3 obradoiros con temáticas distintas, 30 horas de formación con 15 usuarios mínimo, unha actividade de difusión e tres iniciativas ao ano.
En fin, que enganados nos tiveron este último mes. Pensabamos que a Rede ía ir ao cacho, pois non, a perda electoral lles serviu para coller folgos e esixirnos máis números para poder salvar dese xeito os seus valiosos cus.
Pregúntome eu, que pasaría se de repente durante un tempo, digamos un mes, ningún de nós fixera absolutamente nada. Sería ese o xeito de nos facer valorar? ... O que está claro é que as explicacións sobre eses números que nós non obteriamos teríanas que dar dende Coordinación e... a quen??? Neste momento de incerteza está claro que non somos nós os primeiros perxudicados. Teñen medo de non dar a talla e tentan demostrar a súa valía como equipo organizativo?.
O que está claro é que despois de dous anos seguen sen ter en conta as realidades sociodemográficas dos concellos onde nos atopamos os dinamizadores e as necesidades dos usuarios.
Dentro de pouco haberá cambios nos mandos, será entón o principio do fin?.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno, amigos, se e certo que queren acadar a certificacion oficial, os que as dan non as regalan!!! e miraran os números de cada un de nos individualmente e de forma MOI DETALLADA, así que non creo que a eles lles afecte mais que a nos. Eles van render cuentas, pero cada un de nos tamen vai ter que render cuenntas dos seus obradoiros, usuarios, participantes..

Anónimo dijo...

dúas notas de prensa ao mes!
unha charla ou xornada ao mes!
e nos meses de verán que non hai nin dios?? e na xornada única de verán que sempre diminue a actividade porque polas mañás sempre hai menos xente??
a min esto non me sona a calidade, sóname máis a desesperación, a producir moito anque sexa mal, coma os chinos. Porque quen mellor que os dinamizadores/as sabe que hai uns meses con unha actividade máis frenética e outros que non sacas xentes nin debaixo das pedras

Anónimo dijo...

Bueno, eu dúas notas de prensa por mes xas mandaba, pero o da charla ou xornada... Buffff, iso da certificación de calidade dame moi mal rollo. Será unha excusa para dicir que non rendimos e botarnos a todos???? Non me estrañaría!!!! Que pensades vós???????

Anónimo dijo...

Ao primeiro comentario dicirlle que non estamos de vacacións, non imos facer en meses o que non se fixo en anos. Normal que se vexan os nosos números, e tampouco temos por que preocuparnos e o que ten por algo será.
Seguro que a algúns lles multiplican os números por 2 ou 3, pero xa se sabe a que están. Os non enchufados temos números por que traballamos e nos da igual que se vexan con lupa, é máis ogallá o fixeran.

Anónimo dijo...

Estou dacordo en que hai que ter en conta as condicións sociodemográficas da zona co cal non deberían esixir uns mínimos, hai diferencias brutais entre a poboación que abranguen uns/unhas e outros/as dinamizador@s.

Anónimo dijo...

Hai cousas que non se poden entender como, por exemplo, que a unha semana de entrar un novo gobernos lles dea polo tema da calidade.
A min non hai quen me saque da cabeza que lle están a ver os pes ao lobo e non saben o que facer para poderse librar de rematar nas colas do inem.
Posiblemente nós vaiamos detrás pero polo menos coa conciencia tranquila, polo menos eu, xa que fixen o meu traballo o mellor que puiden.

Dinamizador X dijo...

Na próxima tira o tema será unha suba de soldo, a ver se cola.

Isto plantéxame unhas cantas cuestións de índole metafísica e psicotropica:
-Eu en realidade son de Coordinación e levo 2 anos enganando a todo o mundo co meu macabro xogo de tiras cómicas e artigos.
-Teño unha toupa dentro da Coordinación que me informa de todo o que vai pasar para que me poida anticipar os seus movementos.
-Págolle a CIA unha fortuna polo satélite espía que teño apuntando a Area Central.

Ou a que me parece mais probable.

-Despois de tanto tempo creo que todos podemos intuír cada paso que vai dar a Coordinación antes de que o dea.

Canta razón ten casper neste artigo, sabiamos que a nosa opinión contaba, pero non ata este punto, xa vos digo para a próxima tira, subida de soldo ou viaxe a Cuba ou algo así.

Anónimo dijo...

Amijiños tede coidado,seica hai auditorías e eu pregúntome:Que ostias fixeron as supervisoras enchufadas sen ningún tipo de estudio,preparación ou experiencia no campo,e que como única responsabilidade tiñan a de controlar o papeleo? será que non ten validez legal ningunha? que tan só estiveron a chupar do bote por ser irmás ou amigas dalguén? E se pasa algo co papeleo de quen é a responsabilidade ?
Se o que queren é safalo cú a conta de perder a calidade que tanto certificar queren, poden facelo,pero os obxectivos mínimos ben saben que son os máximos:Iso e punto(que non é pouco).

Anónimo dijo...

Home, dicir que os mínimos son os máximos... Eu supoño que CASE todos facemos algo máis de tres obradoiros ó mes, non?? Outra cousa xa é o das temáticas ou o das charlas e xornadas, pero obradoiros, tres, tampouco son tantos, non?? E notas de prensa igual. Eu xa mandaba dúas ou así

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo