lunes, 30 de marzo de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 28 - Vixiancia continua.



Pulsa na Imaxe para agrandala

49 comentarios:

Dinamizador X dijo...

Adicado a ti contudo o nosso cariño, esperamos que gostes da tira.

Obrigado de ante mão.

Anónimo dijo...

Juas juas!!

Anónimo dijo...

Pero... este aínda está na coordinación?? e logo que fai, se as notas as manda a outra???

Dinamizador X dijo...

NOTA DA COORDINACION DO BLOG:

Calquera parecido que poidades atopar coa realidade e so froito dunha grave paranoia.

Aconsellase consultar con un profesional.

Anónimo dijo...

Eu acho que estivo a organizar viagens pela Portugal para a terça idade jsjsjs

Anónimo dijo...

Moi boa a tira.

Unha pregunta,algun ten o enlace a páxina na que sale o convenio noso?? O un parecido...

Anónimo dijo...

http://www.comfia.net/galicia/pagweb/1367.html

Oficinas e despachos da Coruña .

Anónimo dijo...

Un profesional... da ortografía, queres dicir?

Anónimo dijo...

Graciñas!

Anónimor dijo...

Non vos parece que Super Coco ten un aire a Leonidas o da peli de 300.

xose dijo...

Esta gustoume menos porque non a entendo...

Contestando ao 2º anónimo, sigo coa investigación no meu posgrao, ás aulas na USC, á produción de carne vacún e á hostalaría(por se pode inspirar outras tiras). É dicir, como hai uns meses pero sen Rede.

Até outra!

Anónimo dijo...

A xente está moi pasada. Botámoste de menos, Xosé. Ti a nós tamén?

Anónimo dijo...

E el a nós tamén, ou se non por que iba seguir entrando no blog, cando agora a que cobra por facelo é outra? Agora que xa non estás aí tes que virte un día de festa con nós, home! Diche? E, veña el ou non, cundía unha cenita, non credes?

Anónimo dijo...

Home, estaría ben unha de todos. Quedar nun sitio neutral e que estea un pouco polo medio desta nosa GaliZA e que foramos tod@s! Imos cear a Área Central?? xD

Anónimo dijo...

Xose, ti non nos facias escreber tantas novas e notas de prensa! botamosche de menos, oh

Dinamizador X dijo...

Eu e que me parto, unha cena de Anónimos, porque non, podemos ir tod@s con unha bolsa na cabeza ou algo asi.

Anónimo dijo...

Unha cea en área central ? jsjsjs si ho e invitamos aos de coordinación se che parece jsjsjsjs .. bueno José tampouco era malo de todo,un tío polifacético versado no sector da carne de vacún e grande coñecedor do mundo hosteleiro,así coma estudante aplicado e abnegado voceiro político (gracias dinamizadorx por sacar este tipo de cousas á luz, son ben interesantes) .Por certo que estudiaches ? É por simple curiosidade,como aquí da a impresión que os únicos que temos que ter certos estudos que avalen un traballo competente somos nós pois pregunto, non sexa que meta a zoca ata a cota .

Anónimo dijo...

HO 85% do persoal da coordinación hé lizenziado, ai varios másters, posgraos e doutorados...:D

A ver henumeremos os hestudios superiores dos dinamizadores/as para que non pensen que nós somos menos...:X

Anónimo dijo...

Eu tamén vou probar o xenial mundo da demagoxia.Seguro que hai dinamizadores diplomados en relacións laborais ou maxisterio, licenciados en dereito,pedagoxía ou psicoloxía e,incluso penso de un que ten un ciclo de frío-calor: Estudos de gran validez neste campo.Non sei se colles a retranca.Non preguntei se tiña estudios senón que estudios tiña que é ben distinto.
De todos os xeitos grazas por dar datos estatísticos do nivel académico-cultural de Coordinación. Papá e mamá estarán moi orgullosos.
Na última frase pensaba na experiencia e nos estudos dos superiores directos chamados supervisores,que con boa preparación e/ou experiencia podían ser unha grande axuda e non unha carga a maiores ás veces,aclároo por se alguén se sentiu agraviado pola miña opinión.

Dinamizador X dijo...

Eu son Doutor Onoriscausa pola universidade de Canbrich

Anónimo dijo...

A ver, lojo: que estudos ten cada un da coordinación, se estás tan enterad@??

Veña, a lista, d@ primeir@ @ últim@, que o saibamos todos!!

Anónimo dijo...

home, é que pa coordinar fan falta moitos estudios, xa o sabemos todos. pois algún/a parece que non pasou a EJB

Anónimo dijo...

Pero que máis dá que estudos tivera Xose se facía ben o seu traballo?? E que estudos tes ti, que tanto preguntas?? El é licenciado

Anónimo dijo...

juasjuasjuas mimá que mexo coa risa,un día destes seguro que fan o coordinación X. e póñennos a parir a todos .

Anónimo dijo...

Ai! eu estudos non lle teño,pero teño un carnet do pepéeeee que fai majas . jsjsjsjsjs

Anónimo dijo...

Estáselle a dar un protagonismo a Xosé no blog que non acabo de entender, que interese hai en defendelo tanto?
Eu nin o acuso nin o defendo a nivel persoal, simplemente penso que alguén está interesado en desviar as nosas atencións cara un personaxe que entrou coma un enchufado do BNG, lle pese a quen lle pese, e así evita que nos obcequemos no verdadeiramente interesante que son as nosas condicións laborais (só fai falla que nos mexen enriba e digamos que chove).

xose dijo...

Son un simple licenciado en Comunicación Audiovisual e posgraduado en Servizos Culturais.

Todo o enchufe que necesitei para entrar como bolseiro Feuga na Fundación obtíveno por rematar a carreira e carecer de experiencia laboral.

No tocante ao botarvos ou non de menos, só podo dicir que nunca queixa tiven no plano persoal con ninguén de vós, como penso que o mesmo podedes dicir de min. Do mesmo xeito, gardo bo recordo da xente que me axudou co seu traballo e que non vou enumerar, pero que quen foi sábeo de sobra.

Un saúdo a tod@s e até sempre.

Dinamizador X dijo...

Saúdos a ti home, sinto que non te fixera gracia a tira, para nos tratábase dunha homenaxe por ser o primeiro de coordinación (aínda que actualmente non exerzas) que usou o seu nome, e non un anónimo para postear neste Blog.

Que vaia ben o novo traballo.

Anónimo dijo...

Non dubido da formación nin da calidade humana deste rapaz (José Ángel Salgado Agrelo), que é de decembro do 1985, e en maio do 2007 xa aparece nas listas do Bloque como licenciado, aínda que as datas seguen sen me cadrar.
Simplemente pregúntome ao igual que algúns dos meus compañeiros, que pesa máis á hora de traballar na Rede a titulacións ou os amigos que un ten no partido?
Deixo un dos moitos enlaces coa información para incrédulos http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/01/5766532.shtml

Anónimo dijo...

E como non se publicou na web da Fundación a convocatoria da FEUGA para que outros licenciados sen experiencia laboral puidesen tamén obtar a ela?

xose dijo...

Hai casos de escolarización especial onde o alumn@ pode facer máis dun curso por ano ou dun nivel superior ao que lle correspondería por ano de nacemento.
Ademais, os estudos da licenciatura en Comunicación Audiovisual están estruturados na USC en 4 anos, como agora os novos grados.

Non sei se con isto cadra algunha conta.

Anónimo dijo...

Xose, non tes porqué xustificarte! Non lles entres ó trapo

victor.sada dijo...

A verdade é que este blog cada día que pasa asústame máis. Non só polos seus administradores, os comentaristas non se quedan atrás.

Parece que na Rede todo o mundo é culpable ata que demostre o contrario, excepto vós, claro, privilexiados elitistas que vedes o que os demáis non vemos. Dicídeme unha cousa, considerades que alguén na Rede fai ben o seu traballo ou merece estar en onde está? E non me refiro só a coordinación. Vós merecedes o voso posto? Por que ou por que non? E con argumentos, por favor, non demagoxia.

Non entendo a que ven tanta crítica excesivamente ácida que roza o insulto. Claro está que todo baixo o anonimato e esa liberdade de expresión que parece que todo o permite...

Si, seguireivos visitando, non sei porque pero interésame ver ata onde chegades.

Saúdos!!

Dinamizador X dijo...

Sei que non debería entrar en isto pero que mais da, imos demostrar o evidente, o totalmente palpable.

Os dinamizadores non e que merezamos o noso posto, traballamos para ganárnolo, temos unha formación acreditada por uns certificados de estudios, pasamos varias probas de selección, dende un psicotécnico a un curso pasando por unha entrevista (e algúns un exame de Galego).

En palabras do Che Guevara "Pena me da este mundo no que sempre hai que estar explicando o evidente"

Recoméndoche que leas o ultimo artigo subido por Casper, explica moitas cousas, por exemplo que esta e unha web de humor e opinión, mais ou menos critica pero opinión o fin e cabo.

Por certo, un abandeirado da web 2.0 coma ti debería apreciar mais a liberdade de expresión, e dese tipo de cousas que non botas de menos ata que te faltan.

E Señor Victor.Sada, non nos chames privilexiados, non somos mais que ninguén, nin o queremos ser. Sabes tan ben coma nos que en esta rede hai príncipes e mendigos, e todos sabemos ben o papel no que estamos.

victor.sada dijo...

Antes de nada quería baixar o tono do meu comentario anterior, hoxe ao relelo paréceme agresivo e non é o que pretendía.

Tamén matizar que non pretendo ser o defensor de coordinación nin de ninguén. Ademáis, esta é unha das partes que me gustan deste blog, que é crítico.

Pero...

A verdade é que eu non sei cal foi o proceso de selección da xente de coordinación, e a verdade é que tampouco me importa demasiado, pero supoño que pasarían por un proceso similar ao que pasamos nós ou algo así, supoño que non se pode contratar a quen queiras e xa está. Pero creo que o tema non é ese, están no seu posto de traballo e o que importa é se o fan ben ou non, ao igual ca nós, superar ese proceso de selección non quere dicir que vaiamos facer ben o noso traballo. E creo que neste blog, demasiadas veces critícase quen é máis que o que fai ou fixo, e demasiadas veces os erros que todos cometemos nos nosos traballos convértense en lápidas para esas persoas. E non me refiro só ao que vós publicades, tamén a algúns comentarios.

E claro que estou a favor da liberdade de expresión, pero esta non che da dereito a dicir o que che apetece cando che apetece sen importar as consecuencias.

Por certo, que conste que as tiras cómicas me parecen moi boas.

Saúdos!!

Anónimo dijo...

Eu o único que sei é que dende que comezamos non todos temos as mesmas condicións.
Cada quen terá as súas peculiaridades, e NON me refiro ás diferenzas que hai entre uns e outos en canto a realidade da nosa zona de traballo, pero son esas cousas as que xeran malestar.
Víctor, para min quixera ter o teu horario laboral, entón si que me consideraría un "privilexiado elitista", pero son un pringado máis e por iso síntome con dereito a opinar e a denunciar o que non me parece xusto.

Dinamizador X dijo...

Espero que esto non sexa o comezo de outra batalla de descalificacions persoais entre anonimos.

Anónimo dijo...

Eu acabo de ler o penúltimo comentario e quedei pasmado.Podes comentar que horario tes ti e que horario ten o outro ? Eu pensaba que todos estabamos igual .

Meiriño dijo...

Por certo quen carallo é o bicho que sae no cadro da directora xeral ?

Patricia dijo...

Eu tamén pensaba que todos tiñamos o mesmo horario. ¿non é así?

Anónimo dijo...

por deus, que preguntas fai algún/a.
se te refires a Super Coco amosa respecto e non lle chames bicho!

Leticia dijo...

En decembro chegoume unha carta a casa cunha modificación do contrato que puña que o novo horario de inverno sería de luns a xoves de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 e os venres de 9:30 a 15:00. Agora xa estou alucinando, as modificacións nunha das xuntanzas explicáronnos que era para homoxeneizar o traballo da Rede e agora resulta que non todos/as temos ese horario?
Alguén que teña un horario distinto podería dicilo e explicar os motivos? Coméntoo para evitar malos entendidos.

victor.sada dijo...

Agora mesmo arrepíntome do meu primeiro comentario. Estábache ben mellor caladiño, porque esta conversa non leva pinta de ter ningún final bo.

Primeiro, quería de novo, desculparme polo tono do meu primeiro comentario. "privilexiados elitistas" non estivo nada acertado, aínda que non ía no sentido que o estades a entender, simplmentente excedinme claramente e quero rectificar, tanto nesas palabras coma no tono xeral do comentario. Desculpas.

Matizado isto, concordo con dinamizadorx e tampouco quero que isto se converta nun intercambio de descalificacións persoais. Eu tentarei que non sexa así e tentarei ter un tono axeitado.

Non entendo este cambio radical no tema da discusión, pasamos a falar do noso traballo a horario e situacións persoais. Vai ter razón Berto na súa afirmación, neste caso adaptado á Rede.

Si, eu teño un horario distinto, en Sada estamos dúas persoas, e desde que se abriu a aula nova (setembro 2008) o noso horario é de 8.30 a 21.00 ininterrumpido, de luns a venres. Cada un de nós fai 7 horas e media seguidas cada día. E si, aínda que ten a súa parte mala gústame o meu horario. Tamén tiven os outros horarios cando estiven en Lugo (mañá e tarde) e cando estiven en San Sadurniño (martes e xoves librabamos pola mañá).

E volvendo ao tema de antes, eu en ningún momento digo que non vos/nos poidades/poidamos queixar, de feito digo que é unha das partes que me gusta deste blog, a parte crítica. Pero tamén digo que moitas veces vos excededes nas críticas que pasan a ser ataques persoais, simplemente esa é a parte que me molesta.

Saúdos!!

abradiad@ dijo...

Caramba Victor, vaia super horario que tes... creo que deberías de estar caladiño... vendo que traballas unha semana de mañán e unha de tarde... e que tes tempo libre para adicarllo as túas cousas... eu non poido nin achegarme a seguridade social para arranxar uns temas persoais...

Estou content@ co meu traballo pero ti deberás de estar xenial.

Anónimo dijo...

primeiro con Xose a agora con Víctor. despois quen? así avisámoslle para que se vaia preparando e tal

Anónimo dijo...

Bicho! Bicho! Bichos tod@s! Contigo no, bicho!

Oscar.Camariñas dijo...

Vaia! está o tema quentiño eh!! Pois eu tampouco quero entrar en descalificacións persoais. O blog encántame,sobre todo o das tiras cómicas, hainas bestiales e sobre todo porque pódeste enterar que o da lei do embudo depende quen e para quen . Aquí o que non chora non mama . Desde logo se a Víctor cámbiano de destino e lle meten un horario distinto a culpa non é del. A el noraboa por conseguilo e aos demais a joderse toca ou a comentalo por aquí. Tamén estaría ben falar de sindicarnos dalgún xeito máis que nada porque estamos máis vendidos ca un pulpo no carballiño .
Veña abur!!

Leticia dijo...

Víctor, agradécese o teu último comentario. Claro está que cando un escribe, polo xeral, é doado que non se consiga reflectir exactamente o que se quere dicir e se cheguen a malinterpretar as palabras.
Penso que a maior parte de nós estamos un pouco desconcertados e susceptibles, polo que á mínima estamos que saltamos. Pronto haberá cambio político, o volume de traballo increntouse considerablemente e hai moito tempo que non temos xuntanzas para poder atoparnos cos compañeiros/as, polo que persoalmente gustariame que os comentarios blog tornasen a ser un lugar de encontro, intercambio, desafogo e humor e deixásemos o demais a un lado.
Violéntame a relevancia que se lle da a algúns temas como o das faltas de ortografía, que non cheguei a entender de todo, pero penso que o dinamizadorX coas tiras cómicas o único que pretende e sacarnos un sorriso de cando en vez e non deberiamos darlle a iso máis importancia da que ten.
Este vai ser o meu último comentario no blog, polo menos mentres non se cambie de rexistro, paso de entrar no xogo de resposta-ataque pero volvo a reiterar que a idea inicial do blog segue a gustarme.

Anónimo dijo...

Que hai que facer para conseguir un cambio de horario e destino? Eu soliciteino hai moito tempo e sigo esperando resposta.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo