lunes, 2 de marzo de 2009

E agora...¿que?

Onte houbo eleccións ao Parlamento de Galicia e, para a nosa sorpresa e para a de moitos, houbo trocos bastante importantes para Galicia en xeral e para nós en particular.
E de iso vai este artigo, ¿cal será a repercusión dos resultados electorais na Rede de Dinamización?
A ninguén se lle escapa que A Rede é un proxecto político, proxecto que leva a Consellería de Innovación e Industria, xestionada polo momento e non por moito tempo polo BNG.
Isto quere dicir que cando o Partido Popular tome posesión do goberno tomará tamén a Consellería e nela se atopará cunha Rede de Dinamización xa posta en marcha, imos supoñer que ninguén parará todo isto antes por despecho.
Eu personalmente coido que na política ninguén asume un éxito do seu rival, e que o PP conserve a Rede sería asumir que a idea do BNG foi boa, xa vos digo este tipo de recoñecementos coido non existen na política galega actual. Esta sería a parte negra do asunto.
A parte positiva somos unha vez máis, nós, os dinamizadores, os nosos números nos avalan e moitos concellos xa teñen asinados convenios coa Consellería de Innovación e Industria que se prolongan por todo este ano. Ademáis, aínda que o proxecto é político, os dinamizadores somos apolíticos, currantes que facemos o noso traballo e non pedimos o voto para ninguén. Todo isto, pensamos, nos da unha marxe para a esperanza e abriría outra posibilidade; a de que o Partido Popular conte coa Rede ata decembro deste ano.
Iso, por suposto, sería unha grandísima nova xa que nos brindaría a posibilidade de seguir traballando e seguir facendo ver que o noso traballo non so é útil, senón que agora mesmo é necesario. Aos políticos tamén lles gusta moito presumir de números e nós damos uns cantos, por apolíticos que somos danos igual quen os explote, ou polo menos a min.
O que ninguén dubida é que vai haber trocos, Conselleiros, Directores Xerais... e demáis postos políticos, agardemos que non se tomen os nosos como iso, postos políticos.

4 comentarios:

Dinamizador X dijo...

Van rodar cabezas amigo Casper. E eu teño algunhas couisiñas que apuntar sobre este tema.

Anónimo dijo...

eu penso que ese é o tema .En que estrato deixarán de cortar cabezas? É evidente que os cargos politiquísimos van tiralos ao mar: Conselleiro, directora xeral,etz, pero tamén, por descontado, a xente dos chiringuitos, onde a limpeza será moito, pero moito máis interna .
Haberá que estar expectante, se cadra o cambio acábanos favorecendo .
Un saúdo compañeir@s

Anónimo dijo...

Canto tempo nos queda de vida, entón?

Dinamizador X dijo...

Consolate pensando que o tempo de vida que che vai quedar seguro que e o suficiente para que che pille a morte.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo