jueves, 19 de abril de 2007

Industria solicita de novo que as entidades de xestion poidan pechar Webs

Leo na Asociación de Internautas (vía ElPaís.com), despois de que "colectivos culturais" (agora chaman así a calquera cousa) asinasen o manifesto "Os contidos son o corazón da Sociedade da Información", o Ministerio de Industria remitiu ao CATSI (Consello Asesor de Telecomunicaciones e para a Sociedade da Información) un documento titulado "Anteproxecto de lei sobre procedemento de notificación de presuntas infracciones de dereitos de propiedade intelectual a través dos prestadores de acceso a Internet", que non é mais que o 17bis corrixido e aumentado, pois vai máis aló que a anterior redacción, retirada fai uns días. E é que o novo borrador do anteproxecto permitiría, segundo ElPais.com, non só que as entidades insten á pechadura de páxinas web senón que, ademais, "fagan o propio cos 'infractores' que usen sistemas P2P de intercambio de arquivos, como Emule ou Bittorrent".

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo