viernes, 27 de abril de 2007

Retirada do 17 bis

Como podemos ver na edición dixital de hoxe do país o goberno decide retirar o anteproxecto de lei no que lle daba poder as entidades xestoras de dereitos de autor para pechar webs.
Parece que chegou o sentido ó goberno xa que iso de darlle poder a entidades privadas para pechar webs sen previa autorización xudicial non é digno dun estado de dereito.
Un dos motivos desta retirada é a dura crítica do Consello de Estado a este anteproxecto ó que califica entre outras cousas de xurídicamente artificial.
Dende aquí nos aledamos de que non se faga das entidades xestoras de dereitos de autor xuíces da web.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo