martes, 10 de abril de 2007

Pidgin - O NOVO GAIM

Como pode ser isto, o noso amigo, o que tantas rompeduras de tella nos deu, o que fai que pasemos do Mesenller, o que permite que todos os dinamizadores "esteamos conectados entre nos", quedouse xa desfasado, obsoleto, e cambiado por unha version que ven sendo o mesmo can pero con distintas pulgas.

Un tal Pidgin, que a min soname mais a xogo de recreativa dos 80 que a programa de mensaxeria. Foi o que substitueu a este sofware, para min en concreto tan familiar, que conste que eu uso bastante, incluso na casa, pode que non o faga polos motivos que a conselleria di que o temos que usar, pero bueno.
Aqui tendes o enlace na Wikipedia o Pidgin

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo