lunes, 28 de enero de 2008

Día de paga

Non hai nova que mais nos guste dar que esta hoxe comezaron a pagarnos a primeira mensualidade.
Pois así é, hoxe comezaron a ingresar o soldo do mes de xaneiro, así que estade atentos as vosas contas.
Supoñemos que a dúbida mais xeralizada entre os que non tiñades nin idea é a da cantidade recibida, pois ben que saibades que son 1016'16 € (polo menos na maioría de casos, dependerá das retencións), hai que ter en conta que facenda nos leva un bo cacho, agardemos que nos devolvan unha parte.
O mais salientable desta nova quizais sexa que é día 28, que nin sequera rematou o mes e xa cobramos, facendo un chisco de memoria, ¿lembrades o pasado mes de xaneiro de 2007?
Parece que mudaron as cousas, ¿será por ser un contrato e non unha bolsa?, ¿será que tampouco era tan difícil?, ¿será que nos teñen mais en conta?, ¿será casualidade? ...
Sexa o que sexa benvido é, sempre é agradable comezar unha semana con unha boa nova como esta, e mais despois de tres meses sen este tipo de ledicias.
Disfrutádeo...


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Cago na mar, por fin somos mileuristas. Non era sen tempo.
Eu é a primeira vez que supero a barreira psicolóxica dos 1000, non sei vos. Haberá que celebralo!!

Dinamizador X dijo...

A min o que mais me gusta e que porfin vou poder deixar de vivir debaixo dunha ponte coma se fora un trol calquera.

Anónimo dijo...

uauuu
acabouse o de unha semana arroz ,unha semana pasta .. unha semana sen fumar ... e voooooltaaaaa outra vezz
unha semana arroz , unha semana pasta ....
Isto si que motiva , un saúdo compañeir@s .

Anónimo dijo...

Solo informarvos de que a min ingresaronme o dia 25, ou eso e o que decía o sms do banco.
A verdade case caio da cama por que me esperaba algo parecido o do ano pasado, osea non cobrar ata febreiro ou marzo.
e logo case volvo caer o ver canto nos quitaban.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo