lunes, 7 de enero de 2008

Outra vez no chollo...

Ola a tod@s de novo. Por fin estamos no noso posto de traballo, xa quedou todo asinado, xa temos contrato, e xa estamos ao pe do cañón dispostos a dinamizar o contorno do noso destino.
Dende aquí desexamos que tod@s estedes content@s nos vosos lugares de traballo, sexan novos ou non, son postos de traballos, e so por iso pensamos que é unha boa nova.
Obviamente a todos nos gustaría ter comezado antes (algún que outro mes), pero como non dependía de nos, trocamos ata de ano. (Xa profeticei, nun comentario, antes das "vacacións", que nos darían as uvas. Un deses pensamentos que temos e no que desexamos estar trabucados...)
Pero como se soe dicir, o pasado, pasado está, so nos queda mirar para adiante, aprender dos erros que cometemos (e non falo so dos dinamizadores), e tomar esta nova etapa co maior dos folgos para o ben da nosa actividade.
Así que xa sabedes, moito ánimo nesta nova andaina e non dubidedes que nos seguiremos aquí, polemizando, acompañándovos, ironizando... en resumo dicindo o que pensemos e sintamos e, por suposto, dándovos a posibilidade, e agardando, que vos fagades o mesmo.

No hay comentarios:

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo