miércoles, 9 de enero de 2008

A metade

Ola a todas e todos ¿como vos vai nesta mañanciña?. Eu teño que dicir que agora mesmo está no choio un 50% de min porque o outro 50% non sei por onde anda. Logo de tanta "vacación" non acabo de adaptarme a este novo horario. Supoño que será normal, ao fin e ao cabo aínda estamos no terceiro día, pero costa coller o ritmo.
O horario.... pos non sei, non está mal, pero vería máis lóxico que o de mañán fose de 10 a 14, porque de 2 a 3 ¿quen leches vai vir á aula?. O de verán, iso xa.... manda ghuevos, ise si que non o vexo ben. Están un pouco obsesionados na coordinadora con que o horario de tarde é o mellor e pode ser que así sexa en todas as estacións do ano, para moitas persoas, pero non creo que sexa así no verán, e na miña entidade xa mo confirmaron pola experiencia que teñen. Ao final non sei como serán de ríxidos cos horarios ante as peticións de cambios. O ano pasado, anque nun principio nos dixeron que para todos ía ser de 16 a 22 horas, logo cada un foino adaptando ás características da entidade sen maior problema, con tal de avisar.
Por outra banda a coordinadora aínda non se puxo en contacto con nós para darnos algunhas directrices. ¿Pensades que haberá que facer algún proxecto coma o ano pasado?
O bo deste ano é a pouca ou moita experiencia que collemos nas prácticas. Todas e todos temos xa ás nosas espaldas un pequeno bagaxe que nos fará máis... "sabios", nesta nova andaina, (ou polo menos iso espero).
Saudiños, meus!!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois eu cheguei cas pilas cargadas de máis , como me poña levo o concello eu solo muahahah .
A min xa me dixeron na entidade que o horario non lles gustaba a ver que propoñen e o receptivos que son na fundación .
Iso sí , o do verán non ten xeito ningún , dille ti aos usuari@s de turno .. ven ás catro ao obradoiro de nonvaiasaplaia e ás seis ao obradoiro de quedassentapiñasnobar . Aquí era millor (penso eu), pola experiencia que tuven , as horas de primeira e/ou media mañán (09:00/12:00) e/ou tarde/noite (19:00/22:00). Vós que pensades ? Eu de pensalo abafo .

dama do castro dijo...

Certo. Na miña entidade tamén me dixeron que para o verán as últimas horas da tarde- primeiras da noite podían ser boas, pero ata polo menos as 7 isto ía estar máis deserto que unha festa da terceira idade sen empanada.

Dinamizador X dijo...

Falase de homoxeneidade nos horarios, e de que todos esteamos traballando o mesmo tempo, pero estou seguro de que se tiveran en conta a opinion das entidades esto teria que modificarse. Ata o de agora o que eu teño visto e que a maioria das entidades non estan de acordo, en maior ou menor medida, co horario que se nos impon dende a cordinacion, por suposto eu non fun entidade por entidade facendo a enquisa, pero as noticias que teño ata o de agora son esas.

Tamen temos que ter en conta un pequenisimo detalle, que o mellor se lles pasou por alto (ainda que o dudo moito) a nosa cordinacion, hai certas entidades que non traballan en horario de tarde, e duvido que a un\unha raparigo\a que leva 3 meses sen traballar ahi lle entreguen alegremente a chave da porta principal.
Con esto quero decir que non me gusta o horario, cousa que non me vai impedir cumprilo posto que en dias coma hoxe permiteme durmir toda a mañanciña.

Anónimo dijo...

¿¿pero é que ninguén afoga co procedemento de organización de arquivo da aula?!!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo