viernes, 29 de mayo de 2009

Os mellores chistes da mañá

Nada mais chegar, lin dúas novas en Internet que son dignas do titulo de Mellores Chistes da Mañá, son para partirse.

Medalla de Prata o mellor chiste da mañá para esta nova de A Nosa Terra.

A Xunta volve apostar só por Microsoft

Como podemos comprobar, o noso flamante novo Presidente segue coa súa cruzada a prol do aforro e da libre competencia nos concursos públicos. A situación e tronchante, no concurso pídense portátiles con XP preinstalado como requisito. Pero o que fai que esta nova sexa digna da medalla de prata son os comentarios da xente, botádelle un ollo, non teñen desperdicio.

E o chiste gañador da medalla de Ouro e........... unha nova que podiamos ler en Mancomun:

Microsoft réndese á evidencia das vantaxes do software libre

O titulo en si xa non ten desperdicio, pero o contido non e moito mellor, con frases memorables como "o xigante do software Micro$oft non tivo máis remedio que renderse ás evidencias das vantaxes do software libre para ofrecer unha solución eficaz para a xestión e a recepción de facturas electrónicas", polo menos despois matiza, que solo servira para M$Office.
Non sei eu, pero dáme que o titulo esta un pouco subido na pola, a nova vai de que os de Micro$oft sacaron unha ferramenta Libre para o tratamento de facturas electrónicas, pero tanto como que se renderon as vantaxes do Software Libre, se leemos o tema detidamente non se renderon, o que fixeron foi utilizar distintas ferramentas Libres por serlles mais rendible, aproveitar ferramentas xa creadas para poderen crear a súa aplicación, coa sorte de que esas ferramentas debían estar protexidas pola GPL, e tendo en conta que colaborou (con pasta supoño) o Ministerio de Industria, a M$ non lles quedaron mais pelotas que Liberar o seu código, non sen antes aplicar o seu selo de calidade, facendo que esta aplicación so funcione en M$Office.
A miña humilde conclusión, e que os señores de Micro$oft, lonxe de rendérense ante a superioridade do Software Libre, o que fixeron foi utilizar as vantaxes que este ten, para despois aplicalo o seu Office e melloralo, o cal vai repercutir de maneira favorable economicamente en esta compañía. E o peor de todo e que amparados polo Ministerio de Industria e do de Facenda, volven a tentar engaiolar os usuarios coas súas aplicacións "libres" QUE SO FUNCIONAN NO SEU NON LIBRE OFFICE, e os usuarios de GNU/Linux lonxe de condenar isto o que facemos e publicitalo, dicindo que esta ben que M$ saque cousas libres e esquecémonos de matizar que para que poidamos usalas antes teremos que pagar 150 € en licencias. Por non falar do prestixio que perde o Software Libre dando a impresión de ir sempre un paso por detrás de M$, o final terémoslles que dar as gracias, por liberar o código fonte para que se poida adaptar o SEU programa a OpenOffice.

Pensando ben, os mellores chistes da mañá non me fan gracia ningunha.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

eu teño outro chiste moi bo tamén quentiño da mañá:

"Mayor Oreja defiende que un aborto espeor que los abusos sexuales a menores"
para partirse eh!

Anónimo dijo...

Con xestos coma este
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/software-libre-paso-ser-un-proyecto-un-movimiento-social/idEdicion-2009-05-31/idNoticia-432309/
deste coordinador dun colexio é como se vai creando conciencia, porque se os máis novos empregan trisquel e outro software libre, vai ser complicado que despois os de microsoft lles colen o seu como o único e o válido. Diso nada, dirán eles, eu quero escoller.
Estou de acordo contigo Dinamizadorx pero creo que te pasas criticando tanto a Mancomún, tendo en conta que son das poucas iniciativas a nivel galegoque loitan a prol do software libre.

Anónimo dijo...

Si, xestos como o do coordinador este que nin se molestou en que non saísen os logos de Windows nos ordenadores da foto.

Anónimo dijo...

ai que ver como nos fixamos eh!
polo logo xa lle queda invalidado toda o traballo?

Dinamizador X dijo...

Simpatiquisimo o detalle da foto.

Uiuiuiuiuiui, esto xa invalida o seu traballooooo, uiuiuiuiuiui.

Aqui hai moito integrista, radical, delincuente, terrorista, megalomano, maniaco Linux-dependente e tolo da cabeza (non te des por aludido que falo de min mesmo), pero creo que todo o mundo se dara conta que o da foto co logo de XP e un descoido por parte do fotografo (supoño).

Anónimo dijo...

O traballo non queda invalidado, pero para min, insisto, para min, queda menos crible.
Xa que se nese instituto se usase sempre Trisquel non tiña por que saír ese logo, ese logo sae por que ese ordenador está traballando baixo Windows, o que para min lle resta credibilidade ao resto da nova, sexa culpa do fotógrafo, do coordinador, ou do montador de decorados.

Anónimo dijo...

pois eu digo que sodes uns esaxerad@s.Ao mellor ese ordenador está particionado e ten os dous sistemas operativos. Ou quizais ese colexio tivera licencias pagadas de antes e por no tiralas...

Óscar Camariñas dijo...

E que terá que ver que teña un ordenador arrancado en windows .É normal que teñan os dous sistemas operativos. Eu estudei nun instituto que é referencia en canto a implantación de software libre: O chan do monte de Marín e ,a nós facíanos falta windows para diversas aplicacións que daquela, e aínda hoxe non teñen unha alternativa libre de calidade: Deseñoweb, base de datos(hai anos Oracle non traballaba baixo linux) . O mesmiño no audiovisual, a maioría da peña usa mac ... Os emuladores están moi ben pero non se me ocorrería facer funcionar photoshop co wine .
A min que me digas que na casa, podes ter un ordenador con 100% software libre douche a razón, eu hai anos que o teño ou mesmo nun colexio de primaria, pero nun instituto de FP onde se dan varias disciplinas con cadansúas necesidades de software, pois é lóxico pensar que se prime a calidade do produto para o mellor traballo e competencia dos futuros profesionales . Tampouco creo que fora correcto nun ciclo de informática non tocar o windows, sobretodo en redes e sistemas, xa que no día a día vaste atopar con problemas nos que vas necesitar eses coñecementos .

Hai que fomentar o software libre pero sen obviar a realidade .

Por certo e falando de licenzas . Hai poucas marcas de hardware que vendan pcs sen a licenza de windows(en portatiles sobretodo)(das coñecidas non sei de ningunha que che venda o pc sen licenzas). Non sei nas novas aulas da rede, pero na de Camariñas que é da primeira remesa as licenzas están pagas .

Sen máis,un saudiño compañeir@s
chauuuuuuu

pd.- para cando unha tira ??

Anónimo dijo...

Na nova so se di que ese instituto está no proxecto Trisquel, a saber como (seica vós intuídes que dun xeito admirábel) e que o instituto invitou a vir a Stallman, coma tantos outros intitutos, asociacións,...
Tal e como son os medios hai que crer a metade ou menos do que din e nesta nova non din nada, a que se refire que participen no proxecto, que actividades fai, que mérito o distingue doutros institutos metidos no proxecto, algo que me faga pensar que ese coordinador e o xornalista non son colegas.
O logo ségueme a parecer o máis interesante da nova.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo