jueves, 7 de mayo de 2009

Correo dun Exdinamizador

Bos dias compañeir@s dinamizadores, polo visto a aparicion de tantos exdinamizadores na anterior entrada deste Blog, animou a un dos nosos excompañeiros a mandarme un correo que considero polo menos digno de poñer no Blog.


Hola DinamizadorX, como vexo que hai bastantes ex-dinamizadores que falan de que se pasean por aquí, quero dicir que eu tamén o fago sempre que podo.

A verdade e que non tiña pensado comentar nada, para non seguir metendo cizaña, pero o xoves pasado ocorreu algo que creo que como dinamizadores deberiades saber.

Fai unha semana lera que Richar Stallman estaría en Vigo dando unha conferencia sobre Software Libre e sobre o perigo das patentes, así que me anotei sen pensalo dúas veces, mais tarde lería no teu Blog que ningún dinamizador podería ir por causa do horario, a verdade e que foi unha pena que non puidésedes ir ningún.

Vou o tema, estaba esperando dentro a que comezara todo, paréceme que xa entrara Stallman, e como ía eu solo, dediqueime a mirar a todo o mundo que entraba por se era alguén coñecido, pasou un antigo profesor meu de Sistemas do ciclo e logo un informatico de Citroen que coñezo pola peña do Celta, ata aquí todo normal, a verdade e que non contaba con eles pero alegroume velos, pero a mellor sorpresa foi cando a punto de comezar todo entrou pola porta unha representante da Rede, Bea. Eu quedeime medio parvo, para empezar porque se supón que a esas horas debería estar traballando, pero bueno o mellor pedira o dia ou algo así, quedeime mirando para ela e ela miroume a min e quedouse tamén medio pillada, non sei se me recoñeceu, pero o durante o descanso estaba falando co colega de Citroen e alí si que estou seguro que me recoñeceu, eu a verdade non tiña ganas de ter a típica combersa rara e incomoda a si que pasei do tema, total tiña que irme que tiña cousas que facer.

Falando xa da Conferencia, decirche que foi xenial, pasáronseme as horas voando, a verdade e que foi unha pena que os dinamizadores non puiderades asistir, porque vos ía aclarar moitas cousas sobre o software libre. Penso que o discurso que alí dou Stallman esta bastante ben ensaiado pero o home valese do seu carisma e simpatía para conseguir manter a todo o mundo atento. Falou sobre as 4 libertades do Software, sobre o problema das patentes, sobre os problemas éticos e morais do uso de software privativo, sobre as DRM, sobre o inicio do proxecto GNU, puxo a parir a Thorvalds, a Bush e a Bill Gates. E tivo un interesante comentario sobre os gobernos e o problema de que aposten por software privativo en lugar de libre, refireuse a nova de que o Goberno de España quere dar a cada neno de primaria un ordenador con Windows e Office.

Pero a parte que penso que a nos como Galegos mais nos interesa, foi durante a rolda de preguntas. Un Señor preguntoulle a Stallman que opinaba de Galinux o sistema operativo que promove a Xunta. El contestou que non podía opinar nada bo dun sistema que non respeta o proxecto GNU, porque no seu nome solo fai referencia a Linux. E que non podía recomendalo porque non era un sistema operativo totalmente libre e non entendía como a Xunta de Galicia gastaba cartos en promocionar un sistema non libre tendo o Trisquel que si que e totalmente libre. Despois de dicir isto toda a sala se encheu de aplausos.

A pena foi que non me puiden quedar a ver a segunda parte da conferencia, pero como a gravaron en vídeo conto con que alguén a suba a internet, cando a suban mandareiche o enlace para que todos a disfrutedes.

Un saúdo.


O excompañeiro que nos manda isto e Pablo o que dinamizaba en Tui.

E xa teño o enlace os videos da conferencia de Richard Stallman:

http://www.vigovideo.es/

A parte na que sae o comentario sobre Galinux esta o final do segundo video, e a parte que esta distorsionada por peticion do que fai o comentario, que manda carallo que o home non poida falar libremente por medo a represalias supoño.

E para que conste en acta, o de deixar Galinux e usar Trisquel xa o dixen eu fai bastante.

Pois eso amigos espero que vos gusten os videos da conferencia e gracias a Pablo e os demais exdinamizadores que nos visitades a miudo por colaborar, ainda que sexa so comentando, con este Blog do que tamen formades parte.

28 comentarios:

dama do castro dijo...

Moitas grazas a Pablo por mandarnos esto. Quedo bastante indignada con eso de que foi Bea en represantación da Rede. Sorte que posiblemente podamos ver o video colgado en Internet porque senón que, ¿nos transmitiría ela por telepatía o que alí se dixo? veña oh. Non hai un obradoiro de iniciación a internet (anque sexa sobre Windows) no que non lles fale á xente do software libre, do que significa, que é unha boa alternativa ao monopolio de Windows... E resulta que ven Stallman a Galicia e os dinamizador@s, as únicas persoas penso eu, que están facendo unha laboura continuada a prol do software libre non podemos ir sen perder un día propio!!.
É unha puta pena.

Anónimo dijo...

É unha pena que non nos deixaran ir pero dende que comezamos van tantas penas acumuladas que xa case estamos inmunes.
Que bo é saber algo de Pablo, que tal te vai todo? Cóntanos como estás que é todo un subidón ter novas de exdinamizadores.
Saúdos compañeiro!

Anónimo dijo...

Si que é unha mágoa que non puidésemos ir. Bea non ten o mesmo horario ca nós e por iso tivo o privilexio de poder ir, privilexio que nós non temos.
Alédome de saber de ti Pablo, agardo que todo che vaia ben, saúdos.

Anónimo dijo...

Coido que é bastante representativo do que nos vai pasar e do que somos como dinamizador@s o feito de que cando un anónimo se mete con alguén de coordinación, saiamos tod@s a defendelo incluso faltando o respeto d@s compañeir@s e con insultos que tedes ata que retractar.
Cando marcha Alba, máis do mesmo, mensaxiñas de apoio, de ánimo, saúdos...
Ata aquí todo ben (ou regular pero pasable...)
Iso si aparece un excompañeiro, un que formou parte do noso traballo, que moit@s compartístedes 3 meses con el na fase teórica e os saúdos son contados (3), ¿case ninguén ten interese por que foi del?¿Nin sequera un comentario de ánimo como os houbo a Xosé ou a Alba?..

TEMOS O QUE NOS MERECEMOS

Óscar Camariñas dijo...

Un saúdo Pabliño, moi interesante o de galinux .. xDDD .

Pablo o da Arousa dijo...

Saúdos a todos os Dinamizadores.

A min vaime ben, polo menos estou a traballar que xa e moito, gracias por preguntar.

Dígolle o anónimo indignado, que eu non penso que a peña se interese mais por Alba que por un ex-dinamizador, o que pasa e que os que poderían preguntar como me vai xa o saben, e non fai falta que esta entrada chegue os 50 comentarios para saber que teño xente que se preocupa por min.

Pois eso saúdos a todos e moi especialmente os do curso de Pontevedra.

E cando quededes para unha cea/comida de dinamizadores non esquezades avisar.

Anónimo dijo...

Buenoooooo, a min xa nada me sorprende!

Como di o comentario nº 2 xa estamos inmunes a todo.

O de Bea é incrible, se foi... porque non no lo dixeron ou no seu defecto porque non nos comentou como foi a conferencia?

Anónimo dijo...

E por qué pensas que tes dereito / deberías saber se Bea vai ou non aquí ou alá (tes cargo directivo ou?) e que mira que temos cousas da perra gorda...

De todos modos, é un pouco estrano que se faga unha chamada @s ex-dinamizador@s para contar a súa situación (moit@s pola curiosidade, moit@s por facer pronóstico e de seguro que menos por empatía) e se publique unha entrada onde o quid é a asistencia dunha compañeira a unha charla do Stallman (e que se fose sobre o Stallman aínda, pero que o punto sexa o de Bea manda moito carallo...) e para que despois pase o de sempre... que os que poñen o nome (e incluso a entidade!) para facer "a bóla" cando interesa, falen en anónimo para "despellejar" @s parroquian@s...

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo, se Bea foi no seu tempo libre non ten que dar explicacións a ninguén e se foi en tempo de traballo terá que falalo cos xefes coma todos.
Saúdos a Pablo e a todos e todas os que entrades por aquí.

Anónimo dijo...

Iso home, iso! Nós preocupémonos de Bea, que é o que importa! Non nos preocupemos da nosa situación, preocupémonos dela. Así nos vai... temos o que merecemos, coño

dama do castro dijo...

O asunto de Bea é anecdótico. No seu caso persoal, non me importa se foi en horario libre ou en horario laboral. Se foi no horario libre, me parece perfecto e se a mandaron en representación da Rede en horario laboral tamén me parece ben. Pero, ollo, ¿ata que punto me representa a min?
O que me parece mal é que non tivesen o detalle, nin a vista, de mandarnos a esa charla. Só iso.
Quero pensar que o pensamento da Rede foi algo así como "bueno, o que queira ir que pida o día propio (se lle quedan), e o resto se está realmente interesado xa se buscará a vida localizando os videos da charla por internet, se é que hai alguén xeneroso que a sube)"
Creo que unha maneira intelixente de facer que un traballador/a se implique máis no seu traballo, se motive máis, axude a crear un espírito de grupo que se dedica a unha profesión... en resumidas contas, que lle guste máis o seu traballo, é fomentar que asista a temas coma este do Stallman.
É a miña e persoal impresión. O de Bea é secundario, nin sequera é.

dama do castro dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
dama do castro dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
casper dijo...

Por alusións... que quen fixo á chamada a ex-dinamizador@s fun eu, e alédame ver que hai alguén que sabe mellor ca min cales son os motivos pola que a fixen, en fin...
E nós non temos a culpa de quen decide atender a esa convocatoria e só por poder ver os vídeos da conferencia paréceme que merece a pena o artigo.
O de Bea é anecdótico, no seu tempo libre coma tod@s, que faga o que queira, e como non ten o mesmo horario nin condicións é posible que fose no tempo libre. Iso si precisamente por non ter as mesmas condicións ca min eu nunca a chamaría compañeira.

Dinamizador X dijo...

Mira que o correo de Pablo e longo, e so vos fixades da merda de cacho no que fala de Bea, e no que so di que non lle apetecia falar con ela.

Dáme que vos solo lechedes o artigo e non vichedes o vídeo. Porque o aquel da cuestión e a vergonza que deviría darnos como galegos e como traballadores da Xunta que o maior representante no eido do Software Libre provoque os aplausos de toda unha sala incluídos os aplausos de xente da organización, pode verse claramente como o tío que esta de pé onda a porta tamén aplaude (e non e o conserxe e un tío de Igalia), so por dicir que non lle gusta Galinux.

Para min ese e o aquel da cuestión, como unha sala chea de profesionais da informática faga publica a súa opinión sobre Galinux diante de Stallman.

Polo demais, sudame a cona que vaian ou que veñan ou o que sexa, pero o que non me podo crer que sexades tan sumisos, téñenvos totalmente lavado o cerebro, ata o punto que os seguides de maneira cega, as ovellas non teñen que pedir explicacións o pastor, pero dáme que nos somos persoas e como persoas que somos temos a sorte de pensar, a facultade de expresarnos e a virtude de poder poñer en dúbida as cousas que nos rodean.

E sigo sin explicarme porque non facedes o blog do CoordinadorX, facédeo e poñede en el os dinamizadores a parir, xuntadevos todos e planeade estratexias para seguir manipulando as mentes dos compañeiros, seguide terxiversando as nosas opinións para que pareza que so somos uns ignorantes e para que pareza que toda a polémica e toda a desconfianza ven porque nós somos uns disidentes e uns traidores a consellería.

Por certo non vos esquezades avisar a coordinación de que xa non e Innovación e Industria, os da Fundación e o Cesga xa o mudaron, demostrade que podedes pensar por vos mesmos e non esperedes a que os superiores dean un toque de atención.

casper dijo...

Outra cousiña máis, da gusto ver @ adiviñ@ que es que sabes o que comentan como anónim@s @s que si dan a cara.
Criticar iso desde o anonimato paréceme ata pueril e como non contradictorio.
Para min é moi meritorio identificarse nun blog onde case ninguén o fai, e tal e como anda o patio as veces, ata me parece valente.
Se é certo o que dis, dicir que tampouco me extrañaría, tod@s sabemos como prexulga a Rede en función de se se "despelleja" ou de se se fae "a bóla".

Anónimo dijo...

E a min o teu comentario pareceme ambiguo, posto que case parece que me das a razón no teu último parágrafo. Pueril? Contradictorio? con qué? cómo? Non e este o blogue onde "os dinamizadores descoñecidos falan do proxecto..."? Cal é a valentía do que pon o seu nome? cántos de eses que puxeron o seu nome non o fixeron senon pra lamber a cona? aínda se me dis que poñen o seu nome pra dar unha de cal e outra de area.. pero non, o feito empírico é que tod@s @s usuari@s (correctamente) identificad@s limitáronse a boas intencións e boas palabras (que soaban coma un duro de 4 pesetas), mentres que os comentarios máis "ácidos" son (e serán) anónimos ... a min si que me parece pueril poñer o teu nome a a tua entidade nun blogue cuxa intención se capta pola traxectoria do mesmo, nun blogue onde os comentarios anónimos fan "rebumbio" e chego eu co meu flamante pepito.arzúa para asomar a cabeza por enriba do resto... sinceramente eso SI e pueril,as relacións informais (tamén chamados cotilleos e despellejes) son o máis natural nunha organización (incluso podería dicir que son positivos) pero claro, tamén e natural que se 5 compañeiros estan nunha cafeteria despellejando "o xefe", e éste último entra desapercibido, sempre haberá un sexto que diga cando pasa .. "non digades parvadas, o xefe é caralludo", se ves que aqui todo quisque (empezando polo staff do blogue) é anónima, joder ten a decencia de quedar en anónimo. Non lle dou máis o tema, moit@s supoño que entendedes de que falo e se leedes o blogue veredes que así é.... De todas formas e sobre as respostas o meu comentario, limiteime a facer unha observación, a dar unha opinión, sinceramente a miña intención non era defender a Bea, era a de facer ver que moitas veces "temos o que nos merecemos" (como xa dixeron por ahi)...

Esto case recorda o tema da esixencia de explicacións polo cese do compañeiro de Tui... hai que foderse...

E coma considerei oportuno facer ver isto (aínda que parece que non se entende ou custa captalo) aproveitei o meu primeiro ("comentario-post") para facer ver que ate nun blogue informal e anónimo aínda hai que quere diferenciar clases.. e dos últimos comentarios aída saco outra idea.. "hai xente que lle mexan na cabeza e pensa que chove"

Singing in the Rain dijo...

Compañeir@ toda a xente que colabora en este Blog sabe que o que nos chove e mexo, pero a diferencia entre nos e ti e que a nos non nos gusta que nos mexen, jodemonos e aguantamos pero non nos gusta, e demostrámolo aquí escribindo o que nos peta e nas reunións (cando as tiñamos) falando do que nos parece ben e do que non.

Compañeiro, ti dis que case recorda a esixencia de explicacións pola non renovacion (informate que non foi un cese) de Pablo, a min recordame mais a cando o compañeiro de Sada, redactou e mandou a coordinacion un escrito, que firmaron 4 gatos, para que polo menos se nos mantivese informados da situación na que estaban as negociacions coas entidades, posto que levábamos moito tempo sen traballar. Non e pedir nada descabellado, simplemente un petisco de información.

Por certo a mensaxe de "O blog onde os dinamizadores descoñecidos falan da SI" e como ter un felpudo que poña Benvidos, non todos os que entren na casa teñen que ser precisamente Benvidos. Así que aplícate isto, aquí cada un pon o nome que queira e para que se note pois mira eu son o DinamizadorX, pero ese non o nome que sae na parte de arriba.

Anónimo dijo...

Ao penúltimo comentario, na miña opinión tes razón en bastante do que dis, pero a perdes toda nas formas, polo que despois de lerte só me quedo coa idea que eres un faltón.
E, ao dinamizador X, só dicirche que no teu comentario estás pletórico,correcto, argumentas e só teño eloxios para o teu inxenio. Grazas por manter este lugar de encontro, algún día valorarase o teu esforzo por manternos informac@s.

casper dijo...

Ti dixeches que os que poñen nome e entidade despellejan como anónimos, co que te felicito polas túas artes adiviñas. Eu iso non sei se é certo, so o sabedes os que publican con nome e ti (igual é iso, o dis por experiencia), por iso o último párrafo, porque de ser certo non me extrañaría. Ninguén neste blog "despellejou" sen ser anónimo, nin sequera ti, por iso me parece pueril e contradictorio, se me meto co que fai alguén como anónimo o mínimo é non facer o mesmo.
Que non temos nada contra os anónimos, so faltaría, nin contra que se "despelleje", todas as opinións serán ben recibidas, o que inclúe a túa, moi respetable, e tamén a miña.
En canto a valentía como dis, xa houbo quen neste blog se retractou do que escribiu, precisamente por non poñelo como anónimo debido as críticas que lle chegaron, se lle das bola a uns é case despellejar a outr@s e por iso me parece valente. Por que se expoñen ás nosas (incluídas as túas) críticas.
Non sei se entendo ben o de que mexan por nós e pensamos que chove por que se o dis por defender a quen escribe co seu nome dicirche que defendemos ese feito, ogallá tod@s escribisemos co noso nome, non que estemos dacordo co que poñen. O digo por que parece que non che gustou o que escribiu alguén identificándose, pero para criticar iso non creo que faga falla dicir (por que non se sabe) que ese mesmo di o contrario como anónimo.
Agardo que isto resolva as dúbidas que me plantexas.
Dame a sensación, é posible que me euivoque, que te sentiches atacad@, e non é esa a nosa intención, como dixemos moitas veces, toda opinión será sempre ben recibida nos guste a nós máis ou menos.

Anónimo dijo...

E en qué che recorda o de Sada? cal é a relación co tema? ah.. era pura demagoxia...

Non a min me recorda máis o caso do compañeiro de Tui no senso de que gostanos mexar fora do tiesto. Nin éramos quen para pedir explicacións (o cal aparte de estúpido sería "ilegal")do de Pablo, nin o somos para pedilas agora pola asistencia de Bea.

Que reunións nin que carallo? se algo non vos gosta, ide o sindicato, buscade representación legal. cubride instancias, e pedide todo por escrito... nesas reunións conto cos dedos da man @s dinamizadores/as que falaron "claro" de algo.

E para terminar e respecto o do "felpudo que pon Benvido"... xa non quero entrar ao terreo persoal, pero sinceramente non podo evitar pensar en certas ideoloxias (moi cucas elas) ou correntes de pensamento que postulan o "ou conmigo ou contra min", e dicir, mira que rápido suxires que non tod@s somos benvid@s cando alguen non comparte os vosos dogmas.... que pasa? non che gusta a liberdade de expresión? a pluralidade de opinión? Aínda recordo coma cos teus "cojonazos" puseche aqui un mosaico coa foto de tod@s nos (por suposto sen permiso), para dicir "ti es o dinamizadorX" ou algo así, dando a entender que era un blogue para todos os dinamizadores onde deberian ser todos o DinamizadorX e dicir, dende o anonimato (ese que para moitos é cobardía e para outros canto igualdade), dando a idea de que nos REPRESENTABA a todos... manda moito carallo convosco, solo dicirvos que a min está claro que non me representades, e que se só vos gustan oir opións afines, e lambervos os uns os outros, xa postos podiades poñer o blog con contrasinal e pasarlla os que teñan "carné" (de soci@). "quen se pica allos come" que dicia miña avoa

Anónimo dijo...

Se non te gusta o blog e tampouco te sintes representad@, por que entras nel?. Hai cousas que son de Expediente X

Dinamizador X dijo...

Jajajajajaa, colega Jimenez Losantos o teu lado e un neno de teta.

Anónimo dijo...

Engado para o anterior anónimo sobre as formas:

Está moi de moda iso que dis.. mira nen@ a min non me pagan por ter boas formas, a mensaxe é a que é, o fondo é o que é, dicir: "estou de acordo pero non o estou porque eres un faltón" e coma minimo abraiante... respeto profundamente o teu punto de vista, pero deixame quedarme co fondo, e para ti toda a forma... (se che contan unha mentira con bosas palabras crees nela ou?)

a Casper: A min me dá exactamente igual o que diga calquera do blog, todo o mundo é libre de opinar e falar do que lle pete e como lle pete, dou a miña visión do tema, que non vou repetir, ti me dis que che parece pueril e eu che contesto por qué non mo parece. Nin me ofendo nin me molesta, sento se son asi de vehemente. Penso que as cousas se estan a facer mal, pola nosa parte tamén, e que as ideas de torero-bombero que temos ás veces serven únicamente para facer patente o nivel de oligofrenia que alcanzamos tod@s de vez en cando....

E o que queira seguir lambendo cús co nome posto adiante, e o que (nos meus ollo máis legalmente) quera lamber cus/despellejar en anónimo.. adiante! (tamén diria e o que lama cús e despelleje poñendo nome.. chapo! (ah claro pero desos non hai, que curioso)..
e o que pense que ten dereitos moitos e quera facer pinitos de sindical amateur perfecto.. a min todo isto écheme igual... o 95% das cousas parécenme parvadas de cri@s da ESO... Visto o éxito dos meus comentarios (o que empezou a leria era o primeiro) terei que ou ben postear máis para darlle vida o blogue ou ben non postear nada visto que a diverxencia de opinión non e ben vista na secta...

Dinamizador X dijo...

Que significa oligofrenia?

Anónimo dijo...

Por alusións, non poñas na miña boca o que eu non dixen, puxen "penso que tes razón en bastante do que dis, pero a perdes toda nas formas, polo que despois de lerte só me quedo coa idea que de eres un faltón" e NON puxen "estou de acordo pero non o estou porque eres un faltón", polo que non te permitas o luxo de falar do que non é certo e no "BASTANTE DO QUE DIS" está claro que non o estou en todo.
Sobre o das formas, gústenche ou non perdes credibilidade cando non as empregas e ti nos teus comentarios só estás demostrando que eres un faltón, groseiro, maleducado, incorrecto, descortés ou como lle queiras chamar, senón pon en google "sinónimos de faltón" e igual te ves reflexad@.
Espero ter aclaradas as túas dúbidas e senón é así síntoo pero pola miña parte non vas acadar máis protagonismo.

Anónimo dijo...

Bah ¿protagonismo? sería bastante patético precisar un blogue para mellorar o meu ego, maleducado? non o creo... realista, vehemente sería máis apropiado..faltón? (dise do que ofende os demais) faltón puidera ser, porque aínda que fose exquisitamente educado na forma e no estilo, cada cal e libre de ofenderse polo que lle parece, o feito de ofenderse esta máis na susceptibilidade do oínte que no agudo do falante...(xa sabes, non ofende quen quere, senón quen pode) aínda e con todo isto NON foin a miña intención ofender a ninguén...e menos a ninguen en PARTICULAR, denunciei certas "historias" que considerei oportunas e parece que cravei na fibra de algun/ha.. eu tamén podería ofenderme cando algún/ha fala parvadas no nome de todos (e do conxunto en que por sorte ou desgraza estou incluído) .. o mundo e así.

Sobre o da oligofrenia... parece mentira que non teñas recursos para buscar as acepcións do termo.. o google.. a wikipedia.. un triste Xerais? nada?

Non quero ser malo pero recordame un "chiste" moi vello:

Dí un parroquiano nunha barra dun bar, o paso dunha mosca:
-E vostede que pensa? quen ten máis sentido; eu ou a mosca?

o cal responde o seu intelocutor
-Señor, a súa pregunta o delata

DinamizadorX... logo che paso o mail e facemos un novo personaxe/colaborador : O xusticieiro enmascarado... que así a vez que dou renda solta os meus instintos literarios máis "animais" de seguro que gañas actividade coas pasións encontradas :D

pensao.

Anónimo dijo...

Who is "Under the Hood"? xD Momento freak

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo