martes, 19 de mayo de 2009

Pequenas modificacions

Bos dias compañeir@s dinamizadores, espero que tiverades boa fin de semana, e que os que o domingo fochedes a Santiago non esteades constipados pola molladura.

Vou facer referencia a esos detalles que coma sempre pasan case desapercibidos pero que se deben de ter en conta para non esquecer que agora espéranos unha nova etapa.
Xa se levou a cabo a (espero) única modificación na Web da Rede, o cambio do logo da consellería, e a típica cousa que non ten mais importancia que a que un lle queira dar, pero eu penso que e un bo exemplo desta nova etapa, na que penso que os cambios van ser tan lentos e progresivos que non os imos notar, pero tende claro que a larga cando botemos a mirada cara atrás veremos o moito que cambiou todo.

Polo que puiden ver na web da Consellería de Economía e Industria, a rede esta na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, en anteriores comentarios tiñamos dubidas de que consellería se ia ocupar de nos. Dicir que eu penso que será esta a Dirección Xeral a que pertenceremos, posto que e a que se fai cargo da Fundación e a Fundación e quen se fai cargo de nos.

Deixo aquí o enlace. Para quen lle poida interesar.
D. X. Investigación, Desenvolvemento e Innovación

E cambiando algo de tema.
A ver quen gañan este ano o Concurso de Iniciativas, eu xa teño algunha quiniela feita.
Poñede se vos apetece nos comentarios os vosos candidatos preferidos.

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Para min a Mellor iniciativa é..... a de Marga. Ostras, perdón, que Marga non segue os procedementos!! como me traiciona o subconsciente.

Anónimo dijo...

¿¿??

Anónimo dijo...

Pareceme que si seguimos por esa línea de acusacións e dimes e diretes imos bastante mal. Se tes que dicir algo de Marga, o dis e xa está. O que non é correcto pola túa parte e lanzar esa indirecta e ala que os demais comenzemos a cabilar.

Por certo na páxina web de industria, no inicio hay un apartado que di:" D.X de Promoción Industrial e da Sociedade da Información: está pendente de ser agregada á nova estrutura da xunta". Si ben é certo logo onde aparece o banner da fundación en outra dirección xeral. Conclusión: me parece a min que este proxecto está un poquiño a deriva, sin rumbo, a espera que alguén o repesque.
Nin en Coordinación deben saber por onde vai ir a cousa.

Creo que os dinamizadores e dinamizadoras estamos facendo un moi bó traballo poñéndo moito empeño e ganas para que esto tire cara adiante.Pero o non recoñecemento de ese bo traballo e a desinformación van acabando con pouquiña ilusión que ainda nos queda.

Anónimo dijo...

A iniciativa que vai na categoria de software libre pareceme de pena. Que ten que ver iso coa promoción do sofware libre.Por esa regla de tres case todas as iniciativas estamos a usar programas de sofware libre.

Anónimo dijo...

veña, si señor, empecemos a despellejarnos entre nós unha vez máis: pum! pa Marga, pum! pa Cristina. así nos vai...

Anónimo dijo...

Se Cristina fai unha inicitiva de software libre sabendo que nesa categoría ten máis posibilidades de gañar pois ben por ela, tontos os demais se podedes meter a vosa nesa categoría e non o fixéstedes. E que pasa, ¿que agora non se pode falar de Marga? se non ten os nosos procedementos teremos dereito a dar opinións e falar desa inxustiza se así nolo parece ademais, polo visto, xa ten de sobra quen a defenda.
Así nos vai, que temos máis interese en apoiar á xente de coordinación que en facer piña entre nós

Dinamizador X dijo...

Esta e a miña quiniela particular:

Categoria Asociacions:
Chaioso, tradición na RedeDinamizadora: Aida Cid Díaz

Categoria Empresa:
Pílulas formativas: Internet, unha ferramenta ao servizo da empresaDinamizadores/as: Eliana Bouzas Collazo - Alberto Fandiño Mariño - Ana Lorenzo Rivas

Categoria Maiores:
Bergantiños: Pasado e presenteDinamizadora: Soraya Suárez Míguez

Categoria Muller:
Enréd@-t muller: Novas tecnoloxías para un cambio socialDinamizadora: Alejandra Parada Piñeiro

Categoria Persoas con Discapacidade:
Sociedade da Información sen barreirasDinamizadoras: Lidia Ferrero Chabaud e Mónica Gamallo Torres

Categoria Poboacion Xeral:
Letras Galegas 2.0Dinamizadores/as: Víctor González Castro - Lucía Sanz Rebolo

Categoria Software Libre:
PapiroflexiaDinamizadora: Cristina Conde Escaloni

Hai que ter en conta que algunhas destas iniciativas son unicas na sua categoria asi que non hai duvida que van gañar.

E con din nun comentario anterior, se tes algo en contra de algunha iniciativa, pensaralo mellor a hora de prantexar a tua.

jaderak dijo...

Son Alberto, dinamizador de Vilagarcía e aprobeito para dicir que coincido co terceiro e quinto comentario, nalgúns aspectos:

1 - Para lanzar directas ou indirectas DESTE ESTILO, primeiro teríase que dar a cara, é moi fácil lanzalas desde o anonimato.Tamén dicir que caer no costume de desproticar, non axuda a nada, soamente a alimentar a desconfianza, e dudo moito que este sexa o lugar para facelo DESTA FORMA, por moita razón que se poida ter.

2 - Por outro lado no tema da situación na que nos atopamos é certo que a ilusión por facer as cousas fóisenos, posto que imos un pouco á deriba, sen embargo vou dar a miña opinión ao respecto.
A día de hoxe coido que pola miña parte non preciso un recoñecemento polo meu traballo no caso de que sexa bó (como se dicía + arriba), por parte de coordinación. Sei que ese traballo está ben feito polo recoñecemento dos usuarios e usuarias cando ves que van avanzando co paso do tempo, e tamén sei se o estou a facer mal cando vexo que non avanzan ou simplemente non se pasan pola aula, nós debémonos a eles. Por qué digo isto? Porque tamén temos que recoñecer que todos e todas sempre temos un grao de desconfianza bte. grande sobre o que nos poidan dicir desde coordinación. Se alguén quere algún exemplo o poño sen problema ningún.

3 - O que sí me desmotiva é saber que o faga mal ou ben, non se terá en conta para a miña (e me atrevería a dicir "a nósa") continuidade. Poñendo como exemplo o de Alba, entendémonos todos. Existen factores políticos e laborais que van influir moito + que o noso rendemento, á hora de decidir se continuiamos ou non. Iso como ben sabemos e sentimos, desmotiva.

4 - Coincido e moito co tema da desinformación. O correo está parado, non hai novas por ningún lado, que nos indiquen que non se sabe nada ou que se sabe algo. Falta unha "voz de mando" que diga o que está a suceder, e se son sincero non me extrañaría nada que a próxima información que vaiamos a ter sexa dalguén dariba ou mesmo do noso entorno que abandona o barco.

5 - Por último podemos decidir para este mes de xuño se imos a esperar novas ou ben podemos decidir se facemos unha reunión, ou unha chamada indicando o noso malestar ou o noso pouco coñecemento da situación. Igualmente aproveito tamén para recalcar a posibilidade de facer algo do que se falara a finais de decembro: Unha quedada da xente da Rede de Dinamización, un día ou unha fin de semana, porque a día de hoxe a maior parte de nós non nos coñecemos ou de coñecernos fai tempo que non nos vemos: http://www.galiciadinamiza.net/wiki/index.php?title=Quedada_dinamizadores

Isto coido que axudaría a facer + piña e tal como están as cousas faría bóa falta. E o da piña refírome a dinamizadores, dinamizadoras, coordinadores e coordinadoras, porque a fin de contas todos estamos no mesmo barco, por iso penso que sería bó dar ese paso.

Desde Vilagarcía saúdos e ánimos para todos e todas.

Nota: Se alguén s sentíu ofendido coas miñas palabras pido desculpas, posto que esa non é a miña intención, simplemente isto é unha crítica que agardo sexa constructiva suxeita á opinión de cada persoa que a lea. Non é unha verdad inmutable....o digo porque hoxe ando un pouco "tenso".

Embaixador do Planeta Neutral dijo...

Non noto en ningún momento ton de ofensa nas túas palabras, moi correcto e todo un exemplo de comportamento para os habitantes do Planeta Neutral.

Anónimo dijo...

"Para lanzar directas ou indirectas DESTE ESTILO"

Deste? será "dese"...

E despotricar dende o anonimato e igual de fácil que ser "quedaben" e firmalo co DNI, para calquera tamén sería fácil ser moderado, pintar todo de cor rosa, falar ben dos uns e dos outros, compañerismo e fraternidade, e logo xulgar ou recriminar a quen quere amosar a sua opinión (non tan moderada e politicamente correcta, ou quizais máis polémica ou discordante) e considera que é mellor deixalo sen nome.

Xa non é o primeiro que fala deste tema, e realmente penso que a non ser que algun/ha de nós, diga algunha "verdade" (non en sentido literal) e poña o nome, ninguén ten dereito a pedir explicacións os demáis.

Na miña humilde opinión, dende logo, tan criticabel coma calquera outra.

Anónimo dijo...

Estou dacordo co anterior comentario, quedada dinamizador@s-coordinación compatible??? Pensades que poderiamos sentirnos libres para expresarnos con Marta, Bea, Alejandra, Marcos... diante?

Óscar Camariñas dijo...

Unha kdd dinamizadora e exdinamizadora estaría ben . Podíamonos escarallar da risa contando as nosas vicisitudes dinamizadoriles e facendo maldades por algún sitio endiante ... agora ben, eu personalmente non me vexo no meu tempo libre cos xefes en plan coleguita chuchándolle ao licorcafé no garito de turno . Nin me vexo nin me apetece nin ten sentido ningún,tal como están as cousas,todos aí en plan rollito vacilón .
Por certo Alberto, e con tódolos meus respectos desde o cariño que che teño como co-organizador da primeira kdd e compañeiro e amigo desde os comezos desta andaina abertal-fundacioneiracalidaderil xDD .. como que estamos no mesmo barco ? que a piña tiña que ser con coordinación ? eu é que flipo, facer piña cos xefes ... si ho, e os do metal que fagan piña cos empresarios . E cando haxa que recurrir algo no que esteamos máis ou menos dacordo como por exemplo: obxectivos mínimos, vacacións ,minutos de descanso, retribucións de horas extra tal como aparece no convenio,posibilidade de cursos da administración,pago de dietas nas reunións ... é que mecagonastaensandioX aí tamén seremos piña ? non me fodas ... Piña claro que fai falta pero nós .Antes do barco tamén estuvemos en patera nove meses,e despois tres meses esperando no pantalán . NÓS!!

Desculpade pero estou sensible con isto do sector do metal .. jsjsjs

Un saúdo compañeir@s

Anónimo dijo...

Un 10 para o comentario de Óscar, síntome totalmente reflexada nas túas palabras.

Anónimo dijo...

Quedada de todos, incluídos coordinación, eu creo que boa falta faría. Non se trata de ir tomar licor café como di Óscar, pero moitas cousas que temos aí gardadas, bo ben nos faría sacalas, creo eu. E porq dis que diante de Bea, Marcos, Alejandra, Marta... non te sentirías cómod@ falando?? Falando de que?? Da túa vida, obra e milagros? Non creo que a eles lles interese oíla, nin a ti a deles, digo eu. Pero das cousas de traballo si que hai que falar cos compañeiros, e a poder ser con tod@s, e ó fin e ó cabo, compañeir@s somos tod@s e, mal que nos pese, si que estamos no mesmo barco, ou eles/as non son traballador@s coma nós?? Iso de que son xef@s... que se adiquen a mandar todo o rato non os convirte en xef@s

Anónimo dijo...

Estamos no mesmo barco, pero nos viaxamos en segunda e eles en primeira. Traballadores como nos?. Non nos levemos a engaño, teñen funcións de " mando y ordeno" ,jornada continua, de " mínimos " nada de nada, e moitísimas veces nin sequera estan conectados ao jabber e faise case imposible localizalos.

100% de acordo co Comentario de Oscar. A confianza e ese " buen rollito" do que falaba Alberto non existe co equipo de coordinacion.

Anónimo dijo...

Apoio os 15 minutos de descanso diario que nos tocarán para os vindeiros meses.

Estou farta de tomalo cafe da máquina do Centro onde traballo.

Tamén podería traerme o café da casa pero non é o mesmo tomalo no traballo que nun bar charlando cun/ha veciño/a.

Anónimo dijo...

Considerar compañeiro/a a alguén que se adica a valorar, organizar e avaliar o teu traballo xa me parece un pouco surrealista.
Para ir de copas e contarlle a miña vida teño aos meus amigos, para desafogarme coas inxustizas laborais ás que nos teñen sometidos teño aos meus compañeiros de traballo, os que se atopan na mesma situación ca min.
Coordinación non está dentro de ningunha destas dúas categorías, non quero ter máis trato con ela que o imprescindible para poder cobrar a fin de mes tranquilo/a. É tan aberrante que algúns pasemos do peloteo e os vexamos como o que son, "superiores" con capacidade de tomar represalias?.

Anónimo dijo...

coordinar non é sinónimo de mandar. Eu considero que a miña xefa é CArmen, non o resto

Anónimo dijo...

Cando te manden un correo cos mínimos entón cúmpleos se así o consideras e senón non, como a túa xefa só é Carme...

Anónimo dijo...

vale, pero eses mínimos non os deciden eles (supoño!!!!!), decidiraos alguén de arriba, digo eu, eles serán mandad@s coma nós, e se obedeces ó que xe din, obedeces ó que diga a xefa, non el@s

Dinamizador X dijo...

Se facemos unha quedada cos de coordinación eu paso, e enriba para estar falando de traballo, buff que pereza, para falar de esas cousas xa esta o correo electrónico que ademais de ser a canle de cominación mais axeitada, e o único que vale como proba de compromiso (ou de xuízo).
Falas de sacar cousas que temos hai gardadas, se vamos a iso olvidate que non vai vir ninguén de coordinación, a menos que lles mole o sado.

Para quedar, quedamos nós, e se falamos de traballo pois vale pero prefiro ter de testemuñas os Hijos de Rivera ou os 100 Gaiteiros que as de coordinación.

Se queren un informe sobre o que se fale e eses bares, que o pidan que llo redacto, como diría Concha Velasco "Encantado de la vida".

Anónimo dijo...

bueno, alberto so propuña unha idea, que é mais do que fai o 98% da peña, asi que podemos estar de acordo ou non

dama do castro dijo...

Moi guapetón o embaixador do planeta neutral.

Anónimo dijo...

O próximo post pode chamarse "Linchamento", para que andarse con tonterías se fale do que se fale ao final o divertido é desfolar aos demais.

Embaixador do Planeta Neutral dijo...

No Planeta Neutral non somos nin guapos nin feos, aínda que tampouco teño unha opinión nin a favor nin en contra de esa africación.

casper dijo...

Non sei a que ven o de "linchamento", o debate que se está a producir paréceme moi interesante e non creo que ninguén se deba de sentir ofendido polas opinións expresadas con respecto, aínda que diferentes das propias.
Eu doulle outro 10 a Óscar polo seu comentario, eu de facer unha quedada si que me gustaría saber da vida persoal dos meus compañeir@s, e como di alguén por aí a coordinación lle resbalará... normal.
Xa non so por nós que tamén, senón por eles que non creo que quixesen ir, por que se non falamos de cousas alleas ao traballo coido que para eles peor.
Os problemas de traballo deberían de arranxarse no traballo e non nunha fin de semana, para iso ía haber xuntanzas...e non nos compete a nós arranxar eses problemas.
Eu se vou a quedada é, por exemplo, para tomar un licor café con Óscar, e por suposto co dinamizador/a que lle apeteza.

jaderak dijo...

Despois de ler os comentarios e tamén o novo post deixado polo dinamizador x,teño que dicir que inda que miña opinión sexa "moderada", sí estou dacordo en que a fenda dixital existente entre coordinación e @s dinamizador@s é cada día + grande e case que insalvable, sen embargo por esta razón, non podo meter no mesmo caixón a toda xente simplemente porque teña o cartel de coordinador colgado do pescozo.

Oscar, amigo meu, desde ese cariño que sabes que é mútuo pese a distancia (snif!), teño que dicirche que hai cousas nas que non estou dacordo. Da mesma forma que sentínme jodido, e indignado co despido de Pablo no seu momento, tamén sentinme cando menos perplexo, sorprendido e igualmente indignado coa non renovación de Alba, inda que todos e todas sabemos o que sucedeu gracias a ela...,iso sí se atendemos ao teu razoamento, Alba era unha xefa, entón que fai na rúa?. Non podo meter no mesmo saco a xente coma ela ou como a nova rapaza de comunicacón, ou como Marga, compañeira no curso de Pontevedra porque sí, o confeso con estas persoas iría a tomarme un licork e unhas cañas, déronme razóns para elo. Se consideramos a un xefe ou empresario (como ben dicías) como aquela persoa, que toma as decisións cuestionadas, que decide quen segue ou quen non, que da a calada por resposta, etc... eu non podo desde a miña postura englobar a xente como a de arriba nese rol de empresario ou xefe. Persoalmente non me gustaría que se estou nun grupo de 10 persoas e 5 ou 6 non a rascan, son as que toman decisións equivocadas, ou simplemente non intentan facer as cousas ben, ao resto se nos tache tamén de vagos ou falsos.

Para min a xente que toma as decisións de peso nesta rede, como ben sabedes son persoas como Carmen posto que para min é a verdadeira responsable do proxecto (Viguela xa non está) e penso que é a "cabeza de mando" que nomeei no meu comentario anterior e polo tanto a que tería que dar as explicacións ou dar a información do que está a pasar na rede e fóra dela, esa rede composta por coordinación e nós ... o barco do que falaba e que posiblemente "gracias" a unha decisión que non virá precisamente de coordinación, irase ao garete a finais deste ano cando rematemos contrato (penso eu).

E falando da xente que está no metal (xa que sacaches o tema), penso que é demasiado comparar súa situación coa nosa .. porque non nos atopamos negociando a modificación dun convenio colectivo, os empresarios non nos deron plantón nunha reunión que acordamos con eles (de feito de momento non acordamos ningunha), non nos atopamos en folga e o + importante as nosas familias non dependen do noso soldo, haberá casos dentro da rede, non o dubido, pero non creo que a nosa situación sexa nin o da metade da deles. Estaría dacordo se o dis pola incertidume na que nos atopamos, polas formas de como se están a levar as cousas.

Por último, como dicían arriba respecto ao de ser un "quedaben" dicir que se quisera quedar ben, gardábame a miña opinión e daba outra que coincidise coa da maioría. Simplemente dixen o que dixen por dous motivos:
1 - Porque os que me coñecen saben que tendo a moderar e ao bó rollo e non por quedar ben (o recoñezo, o teño feito veces pero este non é o caso), se pensase que TODA a xente de coordinación fosen mal@s xef@s , déspotas, ou malencaradas, non diría unha idea semellante, de feito nin o pensaría.
2 - Quería saber realmente o que pensabades tod@s sobre unha idea así..entre outras.

Saúdos a tod@s

Nota: Recalco e suscribo o da reunión e tamén que non vou volver falar deste tema, dame a sensación de que me estou a enfrontar aos meus propi@s compañeir@s.

Anónimo dijo...

si, si... pero despois pasará coma nas enquisas esas de "con que famoso te irías tomar unha caña?", que leva catro anos consecutivos gañando Zapatero... se esas tres estarán moi ben, pero á hora da verdade, seguro que todo quisqui preferiría ir cos que pinchan e cortan...

Anónimo dijo...

Si cos que pinchan e cortan o churrasco.

Anónimo dijo...

Eu doulle un 10 a Alberto polo seu comentario, porque aínda q en certas cousas non estou nada de acordo (por exemplo a porcentaxe vagos-non vagos da coordinación, que vexo máis alta), a verdade e q hai que telos ben postos para escribir ese comentario (ou, vendo como somos aquí, ser moi inconsciente). De todas formas, eu creo que o fixo con espírito conciliador, o q pasa é q o afán de conciliación, se non ben de ambas partes, de pouco serve, e eu da parte da coordinación cada día vexo actitudes máis ariscas q de pouco ou nada sirven para aplacar os ánimos, q cada día están máis caldeados...

Anónimo dijo...

A min todo isto paréceme un pouco estúpido, se me permitides dicilo. Eu á coordinación, á xefa, á fundación ou a quen sexa, como persoas coas que teño unha relación laboral, o que lles pido é que rindan no traballo, non que conten chistes que te cagas.
Pouco me importa se non me gustan para irme de garitos por aí adiante, se sacan o traballo adiante con eficacia. Evidentemente, prefiro as formas que teñen algunhas de pedir as cousas que as que teñen outras, non fai falta que deamos nomes, á que non? xD
Pero o grave aquí é se, ademais de bordes, non fan ben o seu traballo, non credes? Se non servimos para ir xuntos de cea pois... tampouco é para o que estamos aquí, non?

Anónimo dijo...

Alberto eu non sei o que sucedeu gracias a Alba, pensei que alguén cho preguntaría seica debo de ser o único.

Anónimo dijo...

Eu non me atrevía a preguntalo, pero tamén gostaría de sabelo...

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo