viernes, 22 de mayo de 2009

Reflexións

Con respecto ao post anterior, eu case que estou máis en sintonía co que dí Óscar e outros comentarios similares, anque tamén suscribo totalmente o punto 2 do comentario de Alberto, e cando isto remate o que vou lembrar son os cariños dos usuarios e usuarias.
Dame a impresión de que cada vez hai máis fenda entre coordinación e dinamizadores. Non digo que nos deban consultar as cousas pero que menos que facer algunha reunión para explicarnos todo este rollo dos mínimos e animarnos un pouco.
Estou co rollo de sempre, pero a motivación é importante. Lembro unhas verbas de Helena Veiguela aos dinamizador@s que a min persoalmente me axudaron bastante. Eran palabras de ánimo e de confianza en nós e de que iamos desenvolver este traballo moi ben.
Non sei se coñecedes unha teoría sociolóxica moi interesante, sobre todo desde o punto de vista pedagóxico, chamada "a profecía autocumprida". Esta teoría dí que se fas unha predicción sobre algo, anque nese momento o que predís pareza imposible, finalmente así será. E ademáis o motivo de que finalmente se cumpra foi a formulación desa predicción. Ilustro esto co exemplo anterior: un dinamizador/a non se sinte con moita seguridade ou cos coñecementos suficientes para desenvolver o traballo encomendado, pero recibe de alguén a predicción de que será un gran dinamizador/a, (evidentemente este tipo de prediccións están baseadas nunha confianza que podemos chamar cega, porque esa situación aínda non se dá). Esta predicción unha vez escoitada e interiorizada polo dinamizador, produce un cambio no comportamento e na actitude que fai que finalmente esa persoa teña a autoconfianza necesaria para pensar "que carai, pois claro son un gran dinamizador e o vou demostrar". E deste xeito a profecía que nun principio non parecía moi realista, se cumpre.
Falando doutro asunto. Son das persoas que pensa que sempre cavilan máis dúas cabezas que unha. Xa que a maioría de nós estamos sozinhos nas nosas entidades boto moito moito de menos reunirnos e intercambiar ideas e impresión sobre o traballo. Está a web, na que se pode ir cheirando o que fan os compañeir@s e tomar ideas pero... non é o mesmo.
Bueno, boa fin de semana e un bico a tod@s.

15 comentarios:

Dinamizador X dijo...

Que seria de este Blog cheo de tolos e de sectaristas sen os teus (maioritariamente) reflexivos comentarios.
Ti si que sabes quedar ben con todos sen caer en peloteos, da gusto leerche.

Anónimo dijo...

Todas e todos somos grandes dinamizadores/as. Diso non cabe dúbida ningunha.

Outra cousiña:para cando outra viñeta?

Dinamizador X dijo...

O problema que teño coas tiras, e o ordenador da casa escarallado. Asi que ata que o amañe habera que agardar.

casper dijo...

Suscribo o que di o "xefe", da gusto ver tanta cordura nunha entrada, so deberías publicar ti, jeje.

Anónimo dijo...

http://www.xornal.com/artigo/2009/05/25/galicia/psoe-une-bng-exigir-camara-explicaciones-caso-mic/2009052523453425268.html

Para debatir mellor co licork, jijijiji

Dinamizador X dijo...

Con respecto o comentario anterior, supoño que mellor tarde que nunca, polo menos todos os partidos da oposicion estan de acordo en que o concepto de aforro non e algo que o noso flamante presidente teña demasiado claro.

Anónimo dijo...

Alguén ten algunha novidade????????

Anónimo dijo...

novidade sobre que?

Anónimo dijo...

sobre o noso futuro incerto e esas cousas, sobre que vai ser?? sobre a quedada coa coordinación, as supervisoras, e to quisqui da consellería??

Anónimo dijo...

Eu a única novidade que teño é que me chegaron dous diplomas: un do curso de "Xestión...", con nota numérica e todo e outro da bolsa.
Xuntanzas, paréceme a min que xa non as cren tan imprescindibles como ao principio (ou non queren gastar en dietas). A seguinte novidade supoño que será a carta de despido en decembro o máis tardar.

Anónimo dijo...

Siii, por fin se nos da por escrito que fixemos a bolsa, despois de ano e medio, case tarda máis ca o título da carreira.

Anónimo dijo...

Non temos que esquecer que o da rede era un proxecto que tiña unha vixencia do 2007 ao 2010. Supoño que simplemente cumpliran os plazos e xa.
O mesmo está pasando cos centros"Quérote" cuio funcionamento era similar ao noso; os concellos poñían local e a xunta persoal.

Dr. Julius Hibbert dijo...

O ultimo comentario e un claro paso o estado psicoloxico de aceptacion.

dama do castro dijo...

Todos estamos pesimistas, vale, pero Baby It ain't over 'til it's oooover.
así que o mellor é traballar o mellor que saibamos, alleos ás políticas de merda, que sempre existiron e sempre existirán.

Anónimo dijo...

Se como dicides a vixencia era do 2007 ao 2010 hai a posibilidade que nos quede una ano a maiores. Eu persoalmente estou preparado para todo (o peor, jejeje).

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo