viernes, 19 de junio de 2009

Dereitos de autor

Agora que é momento de memoria dos oficios, tod@s sabemos un pouquiño dos dereitos de autor, lembrade todo o papeleo que lles tivemos que dar a asinar aos/ás participantes, e o coidado que debemos ter coas fotos e cancións que utilizamos na iniciativa.
Pois unha compañeira mandounos unha imaxe que nos deixou perplex@s e que sería digna gañadora de ter participado no concurso de logos do ano pasado.
A imaxe corresponde ao logo do Sistema de Información de los Servicios Públicos de Empleo. A nosa compañeira prefire quedar no anonimato aínda que nos comenta que atopou este logo "por que estaba buscando un futuro mellor na páxina do inem e interesándome por canto nos vai corresponder cobrar de paro cando nos manden." Moitas gracias pola información, e aí vai o logo:


Si, iso pensamos nós e iso pensou ela ¿que fai aí o logo da Rede?, fixándonos ben non son idénticos (está tumbado, por exemplo) aínda que o parecido, pensamos, é algo máis que abraiante.
E invádenos unha pregunta, ¿que ben antes o ovo ou a galiña?, ¿que logo existiu primeiro? Iso xa vos deixamos averigualo a vós, a nós danos igual quen plaxie a quen, ámbolos dous órganos mantéñense con fondos públicos así que de haber responsabilidades, coma sempre, sairán do teu bolsillo.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Estas cousas parécenme increíbles cando empresas de publicidade cobran unha pasta pola creatividade e orixinalidade do seu traballo.

Anónimo dijo...

O parecido é sorprendente e nin as cores variaron e para iso tanta perra co logo para que o tivésemos en todas partes e que os usuarios o identificaran coa Rede. Coa Rede ou co SISPE?

Anónimo dijo...

Sempre é o mesmo, o que sí, se proporcionades a información de canto cobraríamos no paro non estaría mal, por iso da curiosidade...

Anónimo dijo...

O do logo é un espectáculo, nunca mellor copia se fillo.
En canto ao que nos corresponde de paro, en bruto creo que sairían durante os 6 primeiros meses (sen hipoteca nen fillos) sobre 1.076€ e ao resultado (líquido) habería que restarlle sobre 50€ a efectos de cotización.... Non vos fiedes moito porque non é un resultado exacto pero pode servir para facerse unha idea.

casper dijo...

A compañeira non nos informou de canto, non sabemos se o atopou. Polo que teño entendido deberiamos cobrar o 70% do salario base os 6 primeros meses, e o 60% o resto de meses. En caso de ter so cotizado o período dinamizador nos corresponderían 8 meses se rematamos co ano. O caso sería clacular o salario base, xa que tería que ser coma se cobrasemos 12 pagas en vez de 14. É dicir habería que dividir o soldo do ano (non sei se o bruto ou neto) entre 12. Non botei as contas pero bótolle entre 950 e 1000, xa che digo todo isto de impresión, nada seguro 100%.
Paréceme ambiguo iso de sempre é o mesmo... ¿a qué ou quen te refires?

Dinamizador X dijo...

O peor dos logos e terlle que explicar a todo o dios o que son, co novo logo ainda se pode intuir que e unha man, pero co vello olvidate, teriades que verme explicandolloa a 20 vellos, seguro que a algun de vos xa lle pasou iso.

Anónimo dijo...

Cando digo "Sempre é o mesmo" refírome ó primeiro comentario. Gastan cartos en publicidade como se fosen pipas. ¿Por que non fan máis reunións desaas tan chulas que non servían de nada pero que polo menos procurábanos un día de descanso e compartir "face to face" experiencias entre nós? incluso protestabas un pouco ou moito. Teño tres caixas con publicidade do Galinux, da Rede, os pedazo carteis do 17 de Maio.......

casper dijo...

Moi ben, gracias, en canto ao da prestación, andiven facendo cálculos e ten razón o anterior comentario ao meu, cobrariamos 1076 (que é o máximo que se pode cobrar) os 6 primeiros meses e 942 o resto de meses que estemos no paro e aos que teñamos dereito. Sen fillos.
De tódolos xeitos creo que aínda é moi cedo para que andemos pendentes destas contas, aínda que nunca se sabe.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo