lunes, 29 de junio de 2009

DinamizadorX - Tira Comica

Tira 33 - Memoria dos oficios









Pulsa na Imaxe para agrandala

25 comentarios:

Anónimo dijo...

bunísima la tira!. cualquier parecido con la realidad es pura coincidencia. Je, je

victor.sada dijo...

Boísima!!

Aínda me estou a rir... :D

Anónimo dijo...

Deche no cravo, 100%!!!!

Anónimo dijo...

Tremendo. A verdade é que a viñeta conta moita verdade. A min estame costando moito ter xente para a Memoria, porque en verán apenas achegase alguén por aquí. Iso e contando que coa remaquetación Internet e outros programas ou vai lento ou non vai. E o Kdenlive? Agora ven en Inglés e aínda que é facil para nós, para a xente maior vai ser horrible.

Anónimo dijo...

jajajajajaja, moi boa, jajajajajaja. e reflexa a realidade, coma sempre.

Anónimo dijo...

A realidade supera a ficción.

Anónimo dijo...

Pensei que era a única coa maqueta nova, co kdenlive en inglés, con problemas para atopar usuarios, con máis chollo que nunca e con necesidade de que cheguen as vacacións XA baixo risco de tolear.
Sei que "mal de muchos consuelo de tontos", pero síntome mellor agora sabendo que o malestar polas condicións desta iniciativa obragotoria é xeralizado.

carlosub dijo...

BOISIMA A TIRA... tes que adicarte a isto meu/miña---- si se di así

Anónimo dijo...

Únome en solidariedade a ese comentario que dí que está ata arriba porque a min pásame igual, e iso que eu non teño o kdenlive. Ánimo a todas e a todos.

Anónimo dijo...

Os meus usuarios non teñen fotos para Memoria dos Oficios!!!
Que podo facer???

Anónimo dijo...

A ver, algunha foto terán. e senón tes que ilustralo dalgunha maneira. Podeslles pedir que vaian sacar fotos
a algún museo. Por ex,No museo do pobo galego en santiago deixan tirar fotos sen o flash e teñen moito material sobre os oficios. Tamén lles podes pedir que vaian de paseo por ahí e que tomen fotos dos lugares onde estaban os oficios, anque agora estean diferentes, de paisaxes para meter de recheo...
hmmm, depende do oficio. Eu creo que se te ciñes aos 3 minutos mínimos e con unhas cantas fotos, amañás ben.
un saúdoooo

Dinamizador X dijo...

Como indica o comentario anterior, se non teñen fotos, de algunha maneira terás que ilustrar o tema.

Ex: Se o usuario foi mariñeiro no porto da Coruña, pode que non teña fotos de el mesmo traballando ou nin sequera do barco non que estivo enrrolado, pero seguro que pode ir ata o actual porto a sacar catro fotos, ou buscar en google fotos antigas do porto no que se vexa a xente traballando.

Este exemplo vale para case calquera oficio, se o usuario non ten fotos propias, so hai que sacar algunhas actuais ou usar os medios dos que dispoñemos (internet, museos...) para buscar fotos antigas xenéricas do traballo en concreto ou dos lugares de traballo.

Dinamizador X dijo...

Compañeir@, agora unha pregunta para ti.

Antes de consultar a tua duvida en este blog, consultachela con coordinacion?

Anónimo dijo...

Coas fotos de google coidado cos dereitos de autor........

Anónimo dijo...

eu esa mesma dúbida consulteina coa coordinación e teño que dicir que se me resolveu sen problemas, moito mellor do que puidera ter esperado e con amabilidade, por raro que poda parezer...

Anónimo dijo...

pero que dubida foi, a de non ter fotos ou a das fotos de google?. E se foi esta última, ¿que che dixeron? porque eu fágolles buscar as fotos a través da paxina www.creativecommons.org, pero aínda así a veces teño dúbidas porque se buscas no flickr xa pon os dereitos sobre a foto, pero se buscas con google, non pon nada. Ademáis lembremos que unha foto pode ter unha licencia de uso menos restrictiva que o creative commons, pero aínda así, ao mellor non podes facer obras derivadas con elas, e eu entendo que o que fan os usuari@s son obras derivadas.

Anónimo dijo...

son a mesma do comentario anterior. antes trabuqueime. quería dicir:

"lembremos que unha foto pode ter unha licencia de uso menos restrictiva que o copyright (ou todos os dereitos reservados)....."

e o resto xa está ben ;-)

Dinamizador X dijo...

Para evitar problemas de dereitos de imaxe,a mellor maneira de levar a cabo esta iniciativa se non se conta con fotos da época,e ilustralo con fotos actuais e falar do moito ou pouco que cambiou a maneira de traballar dende a época do usuario ata o de agora.

Anónimo dijo...

Bueno, pois nos congratulamos por esa obtención da certificación de AENOR. Pero por favor, que iso non supoña unha excesiva presión sobre os dinamizadores/as.
Porque eu xa estou vendo que ás miñas cifras de xullo... vanlles temblar as pernas, e non por pesadas.

Anónimo dijo...

eu tamén consultei a dúbida e respondéronma ben e sen problema, sen ter que vir poñela no blog. Que a responda a persoa que está para iso, digo eu, que por algo cobra

dama do castro dijo...

Neste blog tamén estamos para botar unha man complementaria se fai falla. Iso non quita que a Rede faga o seu traballo.

casper dijo...

De tódolos xeitos se cha responderon ben poderías dicir que che respostaron, bueno...se queres botarlle unha man a un/ha compañeir@ que o precisa.

Anónimo dijo...

Jajajaja, e xa puxeron o logo da certificacion na web, si señor.

Polo carallo se deron tanta presa cando tiñan que cambiar o logo da nova conselleria.

Anónimo dijo...

non é por non axudar, pero para iso está ela, ou? que traballe. nada, axudoume a buscar unhas fotos pola web e suxeriume mirar nalgún libro e pedir os dereitos, sacarlle fotos ós sitios onde se facían os oficios, se aínda teñen os aparellos e utensilios, pois tamén, comparar co actual para poder tirar de fotos de hoxe en día e algunha foto actual tamén da persoa coas ferramentas, nos sitios... vamos, nada do outro mundo que non dera pensado eu, pero polo menos con educación e adicando o tempo que fixo falta, uns 25min largos, sen pechar a fiestra a correr. aínda que para iso está

casper dijo...

É verdade que hai uns procedementos a seguir e que eses procedementos non falan desta bitácora, aínda así penso que pode ser útil a información co que moitas grazas pola resposta.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo