martes, 16 de junio de 2009

Vaise pechando o círculo

A semana pasada por fin, e de man dun/ha compañeir@, soubemos que estamos adscritos á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Así que xa sabedes a trocar todos os logos...
E non so nós, máis organismos creados polo anterior goberno sufriron trocos na última semana, como pode ser o consorcio galego de igualdade
Coido que non son nin boas nin malas novas, é o que máis cedo ou máis tarde tiña que pasar, aínda que canto antes mellor, xa que comezabamos a ter a sensación de nin existir. A ver agora se estudian quen somos, que facemos, impera o sentido común... demasiado optimismo nesta última frase pero a esperanza e o último que se perde, ou iso din.
Aínda que pequeno, polo menos as últimas novas parecen un pasiño adiante.
Por outro lado, e como está de actualidade polo acosador de Cádiz, quería poñervos un novo termo, ou polo menos novo para min que o descoñecía, o grooming, e que podemos incorporar ás nosas charlas, un termo máis a engadir ao phising, vising...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

eu teño a cabeza coma un puto bombo de cambiar o rollo dos logos. Non sei se na Rede daranse de conta to traballo que temos. Eles traballarán duro pero atender un aula aberta mentras tes que programar, organizar, burocratizar e toda a vaina... telitaaaa!!

Anónimo dijo...

o cheiro de ocultismo de coordinacion chega moi lonxe

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo