jueves, 9 de julio de 2009

Malas novas

Adeus ao PEGSI, o plan da internet do bipartito

A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún


O Goberno aparca o Pegsi e pon en marcha un bloque de medidas urxentes no ámbito TIC


Sacado agora mesmo de A Nosa Terra, Ciberirmandade e Vieiros.

Moi malas novas para todos compañeiros.

PD. Gracias a persoa que buscou "maria do mar pereira mancomun" e visitou de paso o noso blog.
Se non fora por el/ela non me enteraria de isto.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

É moi complicado traballar pensando que temos un pé e medio na puta calle. Eu hoxe creo q vou pasar de todo ata que de coordinación se dignen a decirnos algo.

Rouco dijo...

Que ganas teño de cagarme no combento.

Anónimo dijo...

Abrallada estou. Esperaba algo así pero ter que enterarme pola prensa?? Cando pensan informarnos?

Anónimo dijo...

Eu non movo un puto dedo ata que nos informen. A rascala o resto do mes.

Anónimo dijo...

Se o tema foi aprobado onte e entra en vigor en Xullo, non chegaremos nin sequera a decembro?.Tamén vou pasar de planificar nada ata que informen de algo.

Anónimo dijo...

Xa mandei o curriculum "a Enor", jejeje, empresa montadora de elevadores.

Anónimo dijo...

Cada un de nos debería mandar un correo a Coordinación.

Anónimo dijo...

La noche se está cayendo
y con ella cae el tiempo.
El día no sirvió de nada,
tarde de nubes sin agua.
Hoy el cielo es de cemento,
parece que Dios está muerto.
Golpean la puerta de casa,
mensajeros de desgracia...
¡malas noticias!

Anónimo dijo...

jajajaja. Moi bo

Anónimo dijo...

Alguén falou cos da coordinancia ?

Anónimo dijo...

En primer lugar hai que tranquilizarse e esperar. Eles saben tanto coma nós porque tampouco está todo decidido. Cando o sepan nolo dirán!
O novo Plan non fala da SI en xeral, se non de certas medidas respecto ás TIC.
No Plan Estratéxico global supoñen que falan do que van facer. Pero estas cousas levan tempo e meses.
Así que en vez de falar tanto entre nós o que deberíamos e falar primeiro cós de arriba, que tampouco vannos comer! E despois, dependendo do que nos comuniquen debatilo. Pero non ó revés! Porque o único que se consegue é empezar a tolear!

Dinamizador X dijo...

Comentario de opinión do DinamizadorX, espera a léelo de todo para comezar a pensar insultos.

Porque sempre ten que saír alguén dicindo o que temos ou non temos que facer, nos como individuos temos a capacidade interpretar as novas e as situación como nos pareza e de tomar as decisións que creamos mais adecuadas a cada caso.

Coma sempre o típico "Hai que falar con Coordinación", como se alí tiveran todas as respostas.

Sei que dende coordinación están a facer todo o posible porque estes proxecto siga adiante, parvo seria se dixera o contrario, pero tamén parvo seria se ignorase a miña experiencia coa xestión publica do PP, o que eles sempre fixeron e sempre farán, e primeiro desmantelalo todo e despois xa veremos o que se fai, e se queres exemplos:

- Ensinanza do Galego
- TVG
- Radio Galega
- Lei de Costas
- Lei do Solo
- Lei de Pesca

E un longo etc, e iso agora imaxinate dentro de 4 anos.

Anónimo dijo...

Branco e en botella

varela dijo...

Por eso hai en coordinación tanta xuntanza estes días.... que sorte ten marga que sendo dinamizadora coma nós seguro que está enterada de todo o que acontece....

Anónimo dijo...

Pero que manía con Marga. Que te fixo para que a ataques desta maneira?

Anónimo dijo...

A ver, si non recordo aquí houbo xente moi combativa, si usades un pouco a forza e da "demagoxia" poderiades chegar a ter moita voz, e como non berredes vós ninguén o vai a facer por vós.

- Sodes máis de 50 postos de traballo que se cargarían, de xente nova e ligadas ás novas tecnoloxías, si vos facedes oir e a xente sabe que existides non van a ser quen de deixarvos na calle.

- A coordinación nestes intres non ten peso ningún, nin interlocución cos de arriba, co cal tendes que puentalos ou que se sumen ás vosas reclamacións.

- Primeiro deberíades de enviar un escrito asinado por todos/as á responsable da Secretaría Xeral, que xa existe, nomear un contacto ou dous para que teñan un interlocutor, e si non tendes resposta en unha semana, saír todos, e eso quere decir todos nun acto, ponde a prensa poida ver todos os rapacer e rapazas novas, formadas en novas tecnoloxías e que levan formando a milleiros de persoas, que son os que se van a quedar na rúa.

OU AGORA OU NUNCA AMIGOS/AS

Por certo, non son da coordinación.

Anónimo dijo...

Como ten o morro de decir isto o de un comentario anterior:
"Así que en vez de falar tanto entre nós o que deberíamos e falar primeiro cós de arriba, que tampouco vannos comer!"
Eu pensaba que esto era unha Rede, e que o de falar entre nos era algo bó. E tamen opino que os de arriba tiñan que ser os que deran o primeiro paso non nós, que todo estes ambiente provocano coa falta de informacion a que nos someten.

varela dijo...

a ver, anónimo das 1:49. Falei eu algo malo de marga para poñerse así? metinme con ela? soamente dixen que seguramente saiba máis cousas que nos para iso pode ir as reunións de coordinación, cousa que sendo unha rede nos non temos aceso... a ver se non estamos tanto a defensiva...

E cando poidas me explicas cal é o ataque a Marga do que me acusas!!!

Anónimo dijo...

Eu o q digo é: pero que manía con defender a coodinación, si nos están a mexar seguido enriba e nos seguimos dicindo q chove, ás veces penso q algúns viven nos mundos de Yupi pq vamos...

dama do castro dijo...

Eu creo que nin feijoo sabe o que vai a facer, terá que valorar a asunto, atender ás cifras acadas, aos postos de traballo que se poden perder, a recursos que xa están en marcha con cartos investidos neles coma as aulas propias...
Poderá optar por facer desaparecer todo ou por modificar o asunto.
Nós xa nos podemos dar cun canto nos dentes se rematamos o ano. Se despois isto continúa, mellor que mellor. Á hora de protestar, se fosemos unha centena polo menos. É que non creo que sexamos nin 50 agora mesmo! pero bueno eu únome a calquer acto de chamada de atención que se faga. Carteles temos abondo.

Anónimo dijo...

XA ME CHAMARON OS DE "A ENOR". COMEZO A MONTAR ASCENSORES A PRÓXIMA SEMANA, JEJEJE

casper dijo...

Pois si que son malas novas, aínda que non sei ata que punto definitivas.
Non costaría nada que en coordinación nos dixesen polo menos que non saben nada (que é o que dirán), o ano pasado enterámonos da nosa continuidade bastante máis adiante, coido que por novembro, cunha situación menos difícil e non estabamos tan nerviosos. Hai que ter paciencia, pero tamén tomar medidas como buscar chollo, o de mandar un escrito como comentou o que non é de coordinación pode ser boa idea.
En canto a "Así que en vez de falar tanto entre nós o que deberíamos e falar primeiro cós de arriba, que tampouco vannos comer" hai pouco que comentar, criticar un feito tan democrático e tan útil para nós é ben curioso.
Ao de "Pero que manía con Marga. Que te fixo para que a ataques desta maneira?" eu tamén teño unha pregunta: Pero que manía de saltar a defender e protexer aos/ás de coordinación por todo, incluso so por mencionalos?, por que envexar a Marga por estar máis enterada ca nos é atacala?
Algúns/has parecen que nos len por se falamos de alguén de coordinación e así dar caña, pois nada para que sexades felices vou a atacar eu, Marcos, Bea, Marta, Carme...

Anónimo dijo...

Boas:

Pois o Luns habrá que empezar a pedir explicacións a Coordinación, porque a situación é inaturable.

Anónimo dijo...

E tanto. Xa de por sí, custa traballar cara o público e sempre estar de bó humor. Pero nestas condicións nas que temos a cabeza pensando en mil cousas, e non precisamente boas, peor.

Anónimo dijo...

quen necesite coma auga de maio unhas vacacións que levante a maaannn!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo