martes, 14 de julio de 2009

Nova Dinamizadoras

Mañá de novas e de actuacións publicas na defensa do Software Libre e do PEGSI, que no fondo e o que a nós nos ten conta.


El BNG denuncia la ausencia de apoyo al software libre "y en gallego" por parte de la Xunta de Galicia


Ana Luísa Bouza: "A Xunta abandona ao Software Libre"

O BNG denuncia a ausencia de apoio ao software libre por parte da Xunta

Todas estas novas para min son algo insípidas e son mais do mesmo do que léemos ata o de agora.

Pero en Ciberimandades da Fala topamos isto (gracias a un comentario animo):

Pola democracia no software. Pola democracia no idioma

A idea de mandar un correo a secretaria xeral, esta moi ben, con este tipo de medidas conseguíronse moitas cousas, pero a menos que o envío de correos sexa realmente masivo, dubido que se poida facer nada.
Se estivésemos falando de algo con uns orzamentos menores e con unha implicación social menor, pode ser, pero tendo en conta que estes novos gobernantes que temos se adican a recortar todo o que sae por fora dos seus limites, tanto os seus supostos limites económicos como os seus evidentes limites intelectuais, dáme que a sentencia esta mais que dictaminada por moito que non sexa oficial.

Os únicos o meu ver que poden facer algo por o PEGSI son os empresarios e os concellos, se eles non meten man no asunto non se poderá facer nada.

37 comentarios:

Anónimo dijo...

Espero que antes das vacacións de Agosto se aclaren un pouquiño as cousas.

Anónimo dijo...

dubidoo mooooito.

Anónimo dijo...

E non vos parastes a pensar que pode que aos novos dirixentes, se chegan a ter coñecemento deste blogue (o cal no é moi complicado), non lles chiste moito a idea de manter vivo un proxecto co cal os seus principais artífices (nós, claro) se mostran tan críticos ??

Iso por non falar das habituais críticas hacia a xestión do PP, que poden dar unha imaxe partidista de nós, cando en realidade para o desenvolvemento do noso traballo deberíanos dar igual quen estea no Governo (sempre que teñamos traballo, claro).

Actuacións como a de organizarnos e enviar un escrito á Secretaría Xeral, ou facer chegar formalmente as nosas inquedanzas a Coordinación (aínda que é posible que as nosas inquedanzas sexan tamén as súas) penso que son o camiño a seguir.

Sen embargo, todas esas mensaxes que había en entradas anteriores falando de "revolucións", ou de deixar de traballar ata que nos digan "algo" non nos fan a mellor publicidade, a verdade.

É que ese tipo de comentarios fannos quedar coma críos. Como imos deixar de traballar por "falta de información"? Que poidamos estar desmotivados, vale, normal, pero de aí a "non planificar nada ata que se saiba algo", por favor. ¿Seguimos a cobrar? ¿Si? Pois entón haberá que gañarse eses cartos, como fai calquer traballador, por descontento que estea coa patronal.

Quizáis agora máis que nunca, sexa o momento de poñer ao mal tempo boa cara, sen renunciar aos nosos dereitos (que por outra parte non perdimos ningún, penso), pero actuando como persoas adultas e deixando a un lado as "pataletas".

E agora poñédeme a parir.

casper dijo...

Pois vou abrir a lata eu, jeje.
Para comezar dicir que suscribo case todo o que dis, seguimos a cobrar co cal debemos de seguir traballando, ademais os nos@s usuari@s non teñen a culpa, é máis, poden ser no futuro a nosa principal arma.
O de mandar un escrito xa comentei que me parece boa idea.
No que non acabo de estar totalmente dacordo é o que dis do blogue, primeiro penso que non é tan doado atopalo se non se sabe xa del. E hai críticas si, pero non che sabería dicir a quen hai máis se ao actual goberno ou ao anterior. De calquer xeito se se van a poñer a afinar tanto dicir que nós comezamos a traballar co bipartito e peor carta de presentación para este goberno non creo que haxa. De tódolos xeitos paréceme unha reflexión interesante, ¿o resto, que pensades?

Dinamizador X dijo...

Escarállome da risa.

Aínda onte comentaba onte ca Dama do Castro canto ía tardar alguén en dicir algo do estilo, que se a rede non continuaba seria por culpa de este blog.

Please amigos, se a xente da nova dirección xeral se deixa levar polas opinións verquidas aquí por uns "meniños pequenos, que non teñen idea do que e a vida que se deixan levar por pataletas por paridas e por a demagoxia barata" non creo que diga moito o seu favor.

Hai xente con moita mais traxectoria e mais influencia no PEGSI que si ataca o PP e ben a gusto, e a eles non os mencionas amigo, non somos o único Blog do mundo fácil de atopar.

Tampouco di moito o favor do comentario anónimo anterior o feito de que fale das nosas habituais criticas o PP, cando as nosas habituais criticas foron durante 2 anos o goberno anterior, de feito moitos dos artigos que escribimos por aquí seguro que lle prestaba os do PP botarlle un ollo.

Tampouco di moito o teu favor que te tomes o pe da letra os comentarios que a xente deixa sobre que "non van traballar mais", "que non pensan facer nada ata que nos informen". Asegúroche que os cupos mínimos non van deixar de cumprirse, e se non veras.

E para rematar, non te vai poñer a parir ninguén (aínda que so falo por min) no fondo eu comprendo a túa reacción non e mais ca unha defensa natural, todos sabemos que e cando se produce unha traxedia coma esta o mais normal e botarlle a culpa os demais en lugar de buscar os propios erros.

dama do castro dijo...

Non creo que ningún de nós estea realmente en folga de traballo. Creo que é unha maneira un pouco radical de expresarse, que obedece á incertidume e ao tostadiños que estamos tod@s con este tema. Estou segura de que tod@as continuamos a facer o noso traballo o mellor que podemos, sabemos e nos deixan. Pero segura segura eh. Como di Casper, os usuarios non teñen culpa, e nós, nos debemos a eles máis que a ninguén. No cacho do comentario de di "Iso por non falar das habituais críticas hacia a xestión do PP, que poden dar unha imaxe partidista de nós". Esto dá para un debate moi longo, e agora tp teño moito tempo. Pero sempre se nos dixo que os que estabamos aquí tiñamos que crer no proxecto, senón era millor que non estivesemos, e crer neste proxecto supón crer nunha serie de aspectos, coma son o SL ou o fomento do galego. Polo tanto esto supón un conflicto co que dis porque a rede non ten unha ideoloxía neutral. Evidentemente se o proxecto cambia nalguns aspectos eu vou querer seguir traballando nel, porque a esencia da rede, que non debería cambiar, non é outra que achegar as novas tecnoloxías á poboación, é axudar ás persoas, a que non se sintan marxinadas por este mundo cada vez mais tolo da sociedade da información, e a min esto gústame.

Anónimo dijo...

DinamizadorX:

Si, dificilmente será este blogue o culpable da non continuidade da Rede. Hai outros moitos aspectos (políticos, económicos ...) moito máis importantes que serán os que decidan a sorte deste proxecto (e a nosa).

Respecto ao segundo parágrafo, sinto dicirche que erraches na identificación do problema. (Poñéndonos no improbable caso de que o aquí escrito puidera ter algunha relevancia ao final), o problema non é que se vaian deixar levar por eses comentarios, senón que os autores deses comentarios (os meniños caprichosos) son os propios traballadores cos que irían ter que lidiar.

E a min que carajo me importa o que faga Suso Baleato?? Por que vou ter que mencionalo?? Eu falo do que me atinxe a min. El que faga o que queira, que tamén el coñecerá cal é a súa situación bastante mellor ca ti, imaxino.

Supoño que a xente non se vai poñer a cancelar obradoiros, simplemente encontro que ese tipo de reaccións están completamente fóra de lugar. E, por máis que o digas con sorna, é máis que probable que bastantes de nós “non saibamos o que é a vida” (a lo menos no tocante ao tema laboral), ao fin e ao cabo, comparado cunha empresa privada, aquí pouco menos que nos tratan entre algodóns.

E non te preocupes, que tamén eu comprendo a túa reacción, é moi raro que unha persoa saiba aceptar unha crítica sen revolverse contra o crítico.

Dama do castro:

Quero supoñer que é como ti dis.

Respecto ao que comentas da ideoloxía da Rede ... pois mira, antes tiña unha, e a partires de agora, se segue adiante posiblemente terá outra, o que non debería cambiar, como ben dis e defines, é a “esencia”. E eu penso que nesa “esencia” é na que temos que crer, a ideoloxía viranos imposta, e ao mellor a partires de agora nin o SL nin o galego teñen a mesma relevancia, pero a finalidade das nosas accións permanecerá invariante.

¿Ou acaso algún de nós tería deixado de presentar a súa solicitude se o SL non fora un dos piares do proxecto?

Chamádeme cínico ou hipócrita (posiblemente o sexa), pero a adaptación é a clave da supervivencia. (Que non quere dicir que haxa que tragar con todo, oiga).

Anónimo dijo...

Cal é a finalidade da Rede? Loitar por acabar coa fenda dixital, capacitar, ensinar, fomentar o uso das NNTT... con SL ou sin el, pero hai que seguir dándolle formación á xente.
Todos temos as nosas ideas políticas ou non, pero o traballo ten que estar fóra delas.
Seguide co traballo que tedes e o que teña que pasar... pasará. É unha incertidumbre, sin dudalo e máis nestes tempos que corren. Se ao final remata, iredes ao paro satisfeitos de haber dado o callo polos vosos usuarios. E se non remata e cambian os aires, a adaptarse toca!
Este proxecto levantástelo vós.

Dinamizador X dijo...

Teremos que seguir coas pataletas infantís logo, xa que parece que o pide a audiencia.

Compañeiro anónimo que tan ben escribes, por moito que leo e releo os teus comentarios non atopo en ningures a critica esa que nos fas (esa que dis que eu non sei aceptar).
O único que vexo e unha persoa que presume da súa profesionalidade, sabendo adaptarse camaleonicamente as distintas circunstancias (cousa que che vai valer moito na túa vida).
Vexo tamén un dinamizador/ora que o único que fai e tratar os demais coma crios (así nos chamas) e pasando olimpicamente de todas as persoas que aquí dan a súa opinión, que se pica constantemente por todo, so hai que lerche para notar a carraxe coa que escribes.

Compañeir@, sei que o Sr Baleato non e xefe noso, pero e o máximo responsable de Mancomun, e tendo en conta que todos estamos no PEGSI, pode que o que el diga inflúa mais do pensas.

A carallo xa me esquecía a parte infantil.

O que o di o é co cu do revés.
Rebota y explota non se vale devolver. Ala fastidiate ;-P

Anónimo dijo...

JAJAJAJA, aquí hai moit@ "MARACA". Cheira moito a comentario de coordinación, ou no seu defecto a súa influencia, jejeje. Veña a cumprir mínimos que chegan as vacacións e a desconectar.

Anónimo dijo...

Novos fichajes. Non entendo nada de nada

Anónimo dijo...

Ostras!!! Unha persoa nova en coordinación, pois se pensabamos que a non continuidade de Alba era como para sacar conclusións, ¿que podemos pensar agora?

Anónimo dijo...

A ver, tampouco andemos na verza. Creo que xa quedou claro que a marcha de Alba non tivera nada que ver con nós nin co proxecto. Ou polo menos a min me quedara esa impresión!

Anónimo dijo...

Non trato aos demáis coma críos (ou a lo menos non a todos), digo que algúns comentarios son máis propios dun crío que dun adulto. ¿Que esta opinión resulte molesta para algúns? Seguro, pero é o que eu vexo.

¿Pasando olímpicamente das persoas que aquí dan a súa opinión?. Vaia, se precisamente é desas opinións do que estou a falar, pasar non paso. Outra cousa é que non estea de acordo con algunhas delas, ¿acaso estou obrigado a ser partícipe do "sentir xeral" do blog?

Por suposto podo estar trabucado nas miñas apreciacións, pero é o que penso e así o digo.

E creo que xa me estou a repetir, así que pola miña parte déixoo aquí. Cada un que actúe como crea convinte.

Anónimo dijo...

Se entran estas dúas a facer non se sabe moi ben qué (web e obradoiros?¿ canto traballo, non¿?) será que esta próxima algunha marcha. estas son moito máis listas ca nós, rapazes/as, e xa van collendo vuelo...

Anónimo dijo...

Eu o de encargarse dos obradoiros , charlas e iniciativas non o entendo. Se nos temos que organizalos, facer os carteis , dipticos, notas de prensa, difusión, etc... que se supon que vai facer ?

Anónimo dijo...

A cantos dinamizador@s tocamos por cada un/unha de coordinación?. Eu xa perdín a conta pero coa mesma van ser máis organizándonos que traballadores de servizo á poboación

Anónimo dijo...

pero ademáis iso que di o penúltimo comentario faino María. Moi raro todo, non¿

Anónimo dijo...

agora somos uns 50. ¿como facían antes que eramos case 100 e en coordinación debían de ser algúns menos?

Anónimo dijo...

Pola páxina da Rede conto que quedamos uns 49, isto pensando en que ninguén se deu xa de baixa. En canto a coordinación pois xa non sei, entre 7 e 10, polo que deberían tratarnos coma reis xa que tocamos a un puñadiño por cada un.
Tendo en conta que nós planificamos, impartimos, elaboramos material, atendemos aula aberta... coido que agora mesmo non deberían queixarse de traballo e facilitarnos en maior medida a nosa labor e non como pasa habitualmente (ollo, coidando as excepcións entre eles que claramente as hai)

Anónimo dijo...

O mellor que funciona é comunicación o peor infraestruturas.

Anónimo dijo...

Só quedamos 49?. Menuda desfeita

Anónimo dijo...

pois a min paréceme que funciona todo igual

Anónimo dijo...

¿igual de ben ou igual de regular?

Anónimo dijo...

Disfrutade do momento que quedan dúas semanas.

Anónimo dijo...

Ti podes pensar o que queiras polo de Alba, pero eu só dixen algo que pensamos moit@s como se ten lido nos comentarios daquela, dicir que ando na verza por non ter, como dis, a mesma "impresión" ca ti creo que o di todo.

Anónimo dijo...

Eses comentarios aos que te refires, remataron (ou diminuíron) cando, se non lembro mal, a propia Alba explicou a súa situación dunha maneira bastante clara. En moitísimas empresas, traballan temporalente becarios e cando rematan o seu contrato a empresa non vai a pique, e periódicamente se contratan outros novos.
De tódolos xeitos non era miña intención ofender así que desculpa. Evidentemente calquera pode pensar o que queira e chegar ás súas propias conclusións.

Anónimo dijo...

Falando da nova incorporación á Coordinación, cal é a funcion de:"levar todos ós temas relativos á Formación, relacionados cos obradoiros, activiades de difusión ou iniciativas (solicitudes de novos obradoiros no catálogo, envío de guías de obradoiro, ...)" e que dame apuro preguntarllo a propia Iria?

Anónimo dijo...

ningunha

Anónimo dijo...

Nin idea

Anónimo dijo...

Eu cando comecei a ler o correo pensei: Ben, parece que volve a haber formación externa, pero ao seguir lendo... "o meu gozo nun pozo".
Supoño que será para supervisar as guías que facemos nós, vamos que se vai aburrir de carallo.

Anónimo dijo...

non creo que se aburra, non, aí traballan moi poucos e os outros deben facer festa, porque cando lles falas polo pidgin non contestan, os correos respóndenos siglos despois, as dudas desvíanas a quen lles acorde e un longo eccétera. quizais iso, e non este blog, sexa más motivo para que péchese o proxecto. pero claro, por algo son a descoordinación, senpre facendo honor ó nombre

Anónimo dijo...

Venres!!!!!!!!

Anónimo dijo...

http://www.xornal.com/artigo/2009/07/17/sociedad/pasividade-da-xunta-pon-perigo-futuro-mancomun/2009071700231929929.html lede os comentarios, sobre todo un...

Anónimo dijo...

e tamén o comentario de aquí http://www.xornal.com/artigo/2009/07/17/sociedad/pais-galinux-firefox-open-office-galego/2009071700231921616.html

Anónimo dijo...

Manda carallo que teñan que vir de fóra para dicir o que nos está a pasar. A xente de a pé e a nosa voz chegado o momento. Teño claro que non quero marchar pola porta de atrás. Non despois de todo o traballo que levamos feito. A Rede somos nós pero tamén esas 25000 persoas. Témome que de aquí a decembro soamentes queda esperar.

Anónimo dijo...

E digo eu, porque non escribimos unha nota de prensa (xa que tantas escribimos) entre os dinamizador@s e a mandamos a todos os xornais galegos? Nela podiamos explicar o traballo que desenvolvemos, (con soft.libre ou sen el) e a cantidade de usuarios que temos e todo iso.
Calquer cousiña con tal de non quedar quietiños.

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo