viernes, 3 de julio de 2009

Agora somos UNE-EN ISO 9001:2008

Pois como xa saberedes se consultades esta bitácora, ou o correo dinamizador, se nos concedeu a certificación de calidade. Aquela pola que se nos impuxeron uns mínimos e se nos mandaron unhas auditorías, menos mal que polo menos o esforzo non foi en balde.
Así que noraboa a tod@s, sen ningunha dúbida todo isto non sería posíbel sen o noso traballo, aínda que tampouco sabemos de que nos temos que alegrar, por que descoñecemos a implicación deste recoñecemento.
Se o obxectivo é ser a segunda rede que acada este logro en todo o estado, a nós parécenos que non temos nada que celebrar (que o celebren os primeiros se queren), nembargantes se o obxectivo desta certificación é tratar de darlle continuidade á Rede (imaxino que será así) nós encantados, iso si, preferimos celebralo chegado o momento, xa que de rematar a Rede co ano, pensamos que esta ISO non valeu para absolutamente nada.
Bueno si, valeu para que non poidamos facer os obradoiros máis demandados e necesarios para as nosas entidades por que tiñamos que cumprir un mínimo de variedade ao mes. O dito ogallá sirva esta norma de calidade para darlle continuidade ao proxecto que, imaxino, solicitouse para ese fin.
Agora vou soltar unha impresión miña, persoal, pola que supoño pensaredes que son mal pensad@ e ruín e que ven a colación dunha pregunta que fixestes nun comentario da última tira... os nosos dereitos.
¿Por que nos enteramos dos nosos dereitos para o 2009 case no mes de xullo deste ano? @s ben pensad@s diredes que foi xusto o día en que se aprobaron, outr@s pensamos que non che poden conceder unha certificación de calidade se @s teus/túas traballador@s son descoñecedor@s dos seus dereitos, ou o que é o mesmo se non chega a ser por esta ISO non creo que nos enterasemos de nada. Hoxe comprendín o por que daquel correo, e tendo en conta que nunca se nos dixeron os nosos dereitos (so por compañeir@s que leron o convenio) dubido que ande moi desencamiñad@.
Boa fin de semana a tod@s.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

juaaaa!, que boa esta última apreciación, estou dacordo contigo. Ese último correo sona a comunicación obrigada.

Anónimo dijo...

Creedes que teremos algunha reunión informativa antes do mes de Agosto?. Os supervisores xa tiveron a súa con coordinación en maio para ser informados das novas personalmente.

casper dijo...

Persoalmente non creo, xa que temos a planificación de xullo feita e sufriría trocos, aínda que nunca se sabe. A ver se para a volta das vacacións.

Anónimo dijo...

A verdá é que non estaría nada mal ter de novo esas reunións informativas, pero non formadoras que tiñamos hai meses, porque valían de información hacía nós (NON DE FORMACIÓN COMO INTENTABAN "REPITO") sobre temas da rede ou para reecontrarnos con moit@s compañeir@s. ???

Anónimo dijo...

Home, eu a formación tp a vexo mal. É máis, vexoa moi ben. Sempre e cando sexa de interese, porque penso que seguimos tendo algunhas lagoas que outras e non hai dúbida que moita da nosa formación é au-to-di-dac-ta!!!

Anónimo dijo...

Pois por iso, a nosa formación é autodidacta. Creo que a moi pouc@s de nós, por non dicir "ninguén" sacou algo de proveito nas "xornadas" esas de formación ¿non si? Para mín serviron para compartir experiencias entre dinamizador@s e non para adquirir coñecementos. Eu acudín as xornadas con toda a miña ilusión e salín moi decepcionad@.

Anónimo dijo...

Parabéns os dinamizadores por esa certificación de AENOR.
A ultima cousa que teño visto con esa certificación foi un manguito da cisterna dun bater.

Anónimo dijo...

jajajajaj, que socarrón este último..

Anónimo dijo...

Noraboa por esa certificación!! Son deses dinamizadores que aínda (dende xaneiro) está a esperar esa ansiada convocatoria (sendo realistas, xa non creo que saia pero.........) para volver ao traballo con todos vos, por isto sobre todo me alegra esa certificación: para que a Rede continue e con ela todos os dinamizadores, os que aínda estades e os que nos dixeron que máis pronto que tarde estariamos. Un saudo a todos/as e bo traballo compañeiros!!

Apoiamos a Isaac Diaz Pardo